"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

    1. Dise do tecido que ten forma ou tacto de toalla.

    2. Cuberto ou revestido de toalla.

    3. Que ten entendemento curto, aparvado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de atoar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tapar ou pechar algún conduto polo que vai un fluído.

    2. Cubrir con terra ou outra materia semellante.

    3. Atascarse algún conduto con calquera tipo de material.

    4. Quedar cuberto por terra ou por calquera materia semellante.

    5. Quedar nalgún lugar sen poder saír de alí.

    6. Pararse no que se está a facer ou a dicir a causa dalgún obstáculo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Barrio de Madrid situado na parte SL da cidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo de muller procedente do nome desta Virxe madrileña. Este nome, procedente do árabe taucha ou atoucha ‘esparto’, fai referencia ao campo de espartos onde se edificou o seu santuario. Segundo a tradición, a imaxe da Virxe chegou a Madrid dende Antioquía, por iso hai quen ve no termo atocha unha corrupción do nome da cidade oriental. A súa festa celébrase o 10 de xullo ou o 15 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de obras. Foi o encargado da construción da igrexa de San Xiao de Ferrol, un dos edificios relixiosos máis salientables do Neoclasicismo en Galicia, seguindo as trazas do arquitecto Sánchez Bort (1765-1775).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Comerciante. Arrendou en 1851, en compañía de Victoriano Braña e de Augusto José de Vila, a fábrica de vidrio La Minerva (A Coruña). En 1857 formaba parte do núcleo fundador do Banco da Coruña, que preside en 1859.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Illa dos mares tropicais, de forma máis ou menos circular, constituída por arrecifes coralinos que forman un cinto ao redor dunha lagoa central de auga salgada, chamada lagoon.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de atolar ou atolarse.

    2. Que ou quen non ten siso, que ten pouco xuízo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. olver tolo, dicir ou facer loucuras ata que alguén queda atordado.

    2. olverse tolo, actuar sen cordura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer tolas, amorear terróns e maleza para queimalos e empregar a borralla como abono.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tapar cun toldo.

    2. Enturbar algunha cousa, especialmente un líquido.

    3. Provocar que o ceo se volva máis escuro.

    4. Cubrir de bafo.

    5. Facer que algunha cousa sexa menos brillante.

    6. Perder un líquido a súa transparencia ao mesturalo con outro líquido ou ao bater as partículas que ten suspendidas.

    7. Cubrirse o ceo de nubes.

    8. Cubrirse unha superficie de bafo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que procede irreflexivamente nos seus actos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pór chá a superficie dun terreo desfacendo os terróns.

    2. Desatascar un conduto ou unha concavidade obstruído polo trollo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antonio Tomé Taboada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Valencia dun átomo ou radical.

    2. Número de átomos presentes na molécula dun composto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao átomo.

    2. Relativo ou pertencente ao núcleo do átomo.

    3. Número abstracto que dá a masa dun átomo do elemento que se considera respecto a 1/12 da masa dun átomo de carbono, de número de masa 12. Cómpre remarcar que a masa dun átomo significa o valor medio das masas dos átomos isótopos que se atopan na mestura natural que forma o elemento considerado; por iso, nas táboas dos pesos atómicos indícanse entre parénteses os valores correspondentes aos pesos atómicos de elementos raros ou artificiais, cos que non se pode definir unha mestura isotópica natural.

    4. Número de cargas positivas elementais, ou protóns, transportado polos núcleos de todos os isótopos dun elemento dado. Inicialmente, o número atómico era simplemente o número de orde atribuído aos elementos ao colocalos por masas atómicas crecentes. En 1913, Johannes H. van den Broek descubriu que o número de cargas elementais do núcleo atómico era igual ao número atómico. Niels Bohr adoptou este descubrimento para desenvolver a súa teoría cuántica. Actualmente, Z é unha cantidade nuclear coñecida para todos os núcleos.

    5. reactor nuclear.

    6. Unidade de medida da masa dun núclido, igual a 1/12 da masa dun átomo de carbono de número de masa 12 [1m u = m a

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Doutrina filosófica iniciada por Leucipo, desenvolvida por Demócrito e recuperada polos epicúreos, que defende que os principios da realidade son os átomos e o baleiro. Reacción á concepción estática do ser de Parménides, o atomismo pretendía conciliar a teoría coa percepción sensible.

      2. atomismo lóxico

        Teoría de Bertrand Russell e de Ludwig Wittgenstein (na súa primeira época) que defende que a estrutura do mundo está composta duns elementos absolutamente primeiros, coñecidos de xeito inmediato (by acquaintance), e que son o residuo último da análise lóxica.

    1. Nome que reciben todas as teorías que conciben a psique como unha composición de elementos psíquicos simplemente xustapostos ( asociacionismo).

    VER O DETALLE DO TERMO