"car" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3676.

  • PERSOEIRO

    Político. Conde de Peña Ramiro e membro do Partido Conservador, exerceu como deputado por Palma de Mallorca (1866) e Becerreá (1907). Foi tamén senador vitalicio desde 1897 e gobernador civil de Madrid en dúas ocasións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Participou na guerra entre España e Francia (1793-1794), xunto co seu tío Ventura Caro, e na guerra contra Portugal no 1801. Destacou na Guerra da Independencia, na que loitou primeiro en Galicia e logo en Catalunya e València, onde foi gobernador xeral. Na Batalla de Puçol (1811) foi capturado polos franceses e, no momento da súa liberación, foi nomeado tenente xeneral. Chegou a ser capitán xeneral de Castela e Catalunya, unha vez arranxadas as súas diferencias co réxime de Fernando VII por mor da súa inclinación liberal. Pertenceu á Orde dos Hospitalarios de san Xoán de Xerusalén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Terceiro marqués da Romana, participou na guerra entre España e Francia no 1793, durante a que serviu en Gipuzkoa e Catalunya, onde foi capitán xeneral interino. En 1807 dirixiu un exército enviado por Carlos IV a Alemaña e Escandinavia para defender a Napoleón. Xa na Península Ibérica, loitou contra os franceses na Guerra da Independencia. Colaborou en Galicia co xeneral inglés John Moore e posteriormente se incorporou á Junta Central en Sevilla. No 1810 foi nomeado capitán do exército e dirixiuse a loitar a Portugal, onde faleceu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e diplomático. Participou na campaña de Arxel (1775) co duque de Crillon, e na recuperación da illa de Menorca (1781), da que despois foi nomeado gobernador. Foi ascendido e destinado como tenente xeneral á Capitanía Xeneral de Galicia. En 1786 foi o encargado de fixar os límites franco-españois na zona de Navarra. A consecuencia do seu coñecemento da zona, durante a guerra contra a Convención francesa de 1793 entregóuselle o mando do exército localizado en Euskadi e Navarra. Ante o ataque francés propuxo un cambio nas operacións, que foi rexeitado polo goberno de Madrid, feito que provocou a súa dimisión. En 1801 trasladouse a València para sufocar os levantamentos populares. Loitou activamente durante a Guerra da Independencia (1808-1814) e foi ascendido a capitán xeneral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, autor dramático e humanista italiano. Publicou a comedia Gli straccioni (Os farrapentos, 1544), dentro da tradición da comedia clásica, e Rime (Rimas, 1569), de acento petrarquista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor inglés. Formouse na Royal Academy de Londres e foi axudante de Henry Moore (1951-1953). Profesor na Saint Martin School de Londres (1953-1979), defendeu unha posición renovadora que se afirmou na súa obra despois da súa estancia en 1959 nos EE UU. Alí recibiu a influencia de David Smith, Kenneth Noland e doutros artistas. A plena abstracción, próxima á minimal art, que caracteriza a súa obra, parte do encaixe e da manipulación de refugallos. Entre as súas obras cómpre destacar Unha mañá cedo (1962) e Lonxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico alemán. Foi director da BASF entre 1868 e 1889. Descubriu moitos colorantes sintéticos, como o azul de metileno, e o ácido peroxomonosulfúrico (H2SO5), chamado ácido de Caro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (282-283). Coñecido como Persicus Maximus, foi proclamado emperador polo exército despois do asasinato de Probo. Asociou o goberno aos seus fillos Carino e Numeriano. Derrotou na Panonia o pobo xermánico dos cuados, pasou a Asia, venceu os sármatas, conquistou Mesopotamia e Seleucia e chegou a Ctesifonte. Sucedérono os seus fillos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor. Foi fundador e director do diario El tradicionalista (1871-1873) e dirixiu a Academia Colombiana da lingua castelá. En 1892 foi elixido vicepresidente da República, malia que na práctica exerceu como presidente desde 1894 tala renuncia de Núñez. Escribiu, en colaboración con José Cuervo, Gramática de la lengua latina (1867).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Pertencente á chamada escola sevillana, foi autor de estudios eruditos. Escribiu o poema barroco Canción a las ruinas de Itálica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Talmudista. Emigrou de Castela debido á expulsión de 1492 e, despois dunha curta estancia en Lisboa, marchou a Turquía onde estudiou na escola talmúdica de Adrianápolis. Estableceuse en Palestina en 1536 e influíu na creación da escola mística de Safed. A súa obra é esencialmente xurídica: durante máis de vinte anos traballou, seguindo a tradición de Maimónides e de Ishaq al-Fasi, na redacción de Bet Yosef (Casa de Xosé), comentario crítico do Arba’a Turim de Ya’aqob ben Asěr. A súa fama débese ao compendio titulado Šulan Aruk (Mesa da alma, 1565), que constituíu o código rabínico de máis autoridade no xudaísmo, especialmente despois de que os asquenasitas o aceptasen grazas ao engadido posterior de Mošé Isserles.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten moita importancia.

    2. Aplícase ao tempo que se caracteriza polas malas condicións climáticas. Na tradición oral recóllense ditos como: “Entre Santos e Natal, inverno caroal.”

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mentira creada dunha forma arteira.

    2. Gabanza que se lle fai a unha persoa para gañar a súa vontade.

    3. Froito do piñeiro manso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten moito carozo.

    2. Aplícase á persoa grosa, sobre todo polo ancho do seu corpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. caracocha.

    2. Raíz fusiforme dalgunhas hortalizas como a remolacha ou o nabo.

    3. Toro con raíz que queda no terreo despois de cortar unha árbore.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Espiga do millo que non madurou de todo e presenta un tamaño reducido e uns grans ralos e pequenos.

      2. Parte interior da mazaroca á que están unidos os grans.

      1. Anaco de pan que se corta por unha beira da bola.

      2. Anaco de pan duro e con codia.

      3. Anaco de pan de trigo con ovos e azucre que recibían os veciños dalgunhas aldeas, de parte dos noivos, o día do casamento.

    1. Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, e do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘tabaco’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás carofíceas.

    2. Alga da clase das carofíceas.

    3. Clase de algas da división das clorófitas que abrangue algas de organización complexa. Comprende unhas 300 especies propias de augas doces e salobres, englobadas nas ordes das klebsormidiais, das coleocatais, das zignematais e das carais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cotobade baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Piña das coníferas, especialmente a do piñeiro manso.

    2. Inflorescencia pequena e densa de certas apiáceas como a do allo e da cebola.

    3. Raiceira napiforme de certas herbáceas como a da remolacha ou nabo.

    4. Eixe leñoso da mazaroca do millo.

    5. Cotra que recobre unha ferida cando está a curar.

    6. Gasterópodo mariño do xénero Charonia.

    7. Bosta que lles queda pegada aos animais no pelo.

    8. Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘cura’.

    VER O DETALLE DO TERMO