Caro, Yosef
Caro, Yosef
Talmudista. Emigrou de Castela debido á expulsión de 1492 e, despois dunha curta estancia en Lisboa, marchou a Turquía onde estudiou na escola talmúdica de Adrianápolis. Estableceuse en Palestina en 1536 e influíu na creación da escola mística de Safed. A súa obra é esencialmente xurídica: durante máis de vinte anos traballou, seguindo a tradición de Maimónides e de Ishaq al-Fasi, na redacción de Bet Yosef (Casa de Xosé), comentario crítico do Arba’a Turim de Ya’aqob ben Asěr. A súa fama débese ao compendio titulado Šul ḥ an Aruk (Mesa da alma, 1565), que constituíu o código rabínico de máis autoridade no xudaísmo, especialmente despois de que os asquenasitas o aceptasen grazas ao engadido posterior de Mošé Isserles.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Toledo -
Deceso
Lugar : Safed, Galilea