"rei" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1485.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Pol baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Pereiro de Aguiar baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Baralla baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Baralla. Construída sobre un castro aproveitando unha fortaleza medieval, conserva a ábsida románica, a bóveda de canón e capiteis historiados. Foi declarada BIC en 1996.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Barreiros baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo concello absorbido no s XIX polo concello de Ortigueira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Santa Comba baixo a advocación de san Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Pereiro de Aguiar baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Catedrático de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela, participou na fundación do psiquiátrico de Conxo en Santiago, do que foi o primeiro director. Inventou diversos instrumentos cirúrxicos ou relacionados coa antisepsia. Publicou Memoria sobre las fuentes de conocimiento y método de enseñanza de anatomía patológica y patología general (1871) e Programa razonado de Anatomía Patológica y Patología General (1871).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta, irmán de Xosé Sánchez Pereiro. Coñecido como Lois Pereiro, formouse no ambiente universitario de Madrid e participou, con Antón Patiño, Xosé M. Pereiro e Manuel Rivas, na creación da revista Loia, onde escribiu diversos poemas que posteriormente foron recollidos en Poemas para unha loia (1996). Formou parte do grupo de poetas da década de 1980 que publicaron o libro colectivo De amor e desamor (1984). Na revista Luzes de Galiza viron a luz os oito primeiros capítulos da súa novela inconclusa Náufragos do paradiso. Da súa obra, con temas recorrentes como a morte, o desamor, o odio ou o caos, destaca Poemas 1981/1991 (1992), con composicións caracterizadas pola súa estética próxima ao expresionismo alemán con trazos de existencialismo. Tamén salientan Poesía última de amor e enfermidade (1992-1995) (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista, irmán de Lois Sánchez Pereiro. Redactor de Faro de Vigo e correspondente de El País, foi director de Ondas Galicia-Coruña e delegado de TVE na Coruña. Ademais colaborou con Radio 3 e Radio 4 de RNE e en La Opinión de A Coruña. Autor dos guións de Composteláns, para TVG, e Canal 13, o que vostede se merece, para TVE, participou no volume colectivo Historia da música e a canción galegas (1980), preparou a edición do libro de seu irmán Poemas para unha loia (1997) e escribiu Si home si (2001), en que recompila parte dos seus artigos escritos en La Opinión de A Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filóloga. Doutora en Filoloxía Galego-portuguesa (2001), é profesora titular desta especialidade na Universidade da Coruña desde 2003, membro do consello de redacción da Revista Galega de Filoloxía e da Comisión Técnica do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia, e directora   do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña (2004). Publicou O teatro de Xan da Cova (La Galiciana e María Pita) (2002), Lendo nas marxes. Lingua e compromiso nos paratextos (1863-1936) (2002), Os (pre)textos galegos (1863-1936) (2002) e, en colaboración, A lingua literaria galega no século XIX (2005). Tamén editou, xunto con Manuel Ferreiro, A Virxe do Cristal. Lenda de Curros Enríquez axeitada para ópera (2002), de Ramón Cabanillas. Recibiu, en colaboración, o XVIII Premio Ánxel Fole polo traballo “Nicomedes Pastor Díaz. Unha existencia exemplar”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Pereiro de Aguiar baixo a advocación de santa Marta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada no Pereiro de Aguiar. De orixe románica, ten elementos góticos dos ss XIII e XIV e fachada barroca do s XVIII. Ten planta de nave única rectangular con capela maior rectangular, ambas as dúas decoradas con pinturas, e sancristía pegada. A porta principal é dunha soa arquivolta de arco apuntado enmarcado cunha orla decorada con zigzags, apoiada sobre columnas acobadeladas. Sobre a porta ábrese unha ventá e sobre esta unha espadana de tres corpos decrecentes. No muro sur ábrese unha porta con dúas arquivoltas apoiadas en columnas acobadeladas con capiteis vexetais. Ao seu redor celébrase a romaría dos Gozos, os dous domingos seguintes ao de Pascua.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Pobra do Brollón baixo a advocación de Santalla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arciprestado da diocese de Lugo que abrangue os concellos da Pobra do Brollón e Bóveda. Está composto por 19 parroquias matrices e 5 anexas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pedro Joseph García Balboa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da ribeira dereita da ría de Betanzos situada na parroquia de Castro (Miño).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo alemán. Especializouse en filoloxía románica, xermánica e socioloxía, o que influíu nas súas respostas sobre a lingua e a cultura galegas. Publicou Alfonso Rodríguez Castelao. Eine Untersuchung des erzälerischen Werkes unter dem Aspekt von Literatur und Politik (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cliente habitual dunha taberna, bar ou comercio.

    2. Persoa que sente unha grande afección por un determinado equipo.

    VER O DETALLE DO TERMO