"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico (1792-1806), de Austria (Francisco I; 1804-1835) e rei de Bohemia e Hungría (Francisco II; 1792-1835), fillo e sucesor de Leopoldo II e de María Luísa de Borbón. Educado en Viena, tomou parte nas diversas coalicións europeas e nos conflitos bélicos provocados pola Revolución Francesa e as Guerras Napoleónicas, polo que se viu obrigado a ceder territorios nas paces de Campoformio (1797), Lunéville (1801), Bratislava (1805) e Viena (1809). Trala sinatura do Tratado de Presburgo (1805), abdicou da coroa imperial (1806) e converteuse no derradeiro emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, aínda que preservou o título de Emperador de Austria ao casar a súa filla María Luísa con Napoleón. Tralas vitorias sobre as tropas francesas en Leipzig (1813) e en Waterloo (1815) e a celebración do Congreso de Viena (1815), recobrou boa parte dos territorios austríacos e converteuse no presidente da nova Confederación Xermánica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei das Dúas Sicilias (1859-1860), fillo de Fernando II. Non puido impedir que Garibaldi ocupase Sicilia e Nápoles en 1860. Capitulou e refuxiose en Roma ata que se exiliou.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Bretaña (1458-1488). Sucesor do seu tío Artur III de Richemont, enfrontouse a Luís XI de Francia, ao querer este reducir a independencia do seu ducado (1464). Durante a rexencia de Ana de Francia, interveu na Guerre Folle (1845), pero foi derrotado polas forzas da rexente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Francia (1559-1560), fillo de Enrique II e de Catarina de Medici. En 1558 casou con María I de Escocia e delegou o goberno de Francia nos duques de Guisa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Francisco I de Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Modena e de Reggio (1662-1694), fillo do duque Afonso IV. De nome Francesco II d’Este, durante o seu reinado os seus territorios estiveron baixo a autoridade da súa nai, Laura Martinozzi. Foi o restaurador da Universitá de Modena e do reordenamento da Biblioteca Estense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Milán (1521-1525? e 1529-1535), fillo de Ludovico o Mouro. Exiliouse en Alemaña trala ocupación do ducado por parte das tropas de Francisco I de Francia e en 1521 foi restablecido no trono milanés polo Emperador Carlos V e o Papa León X. Acusado de traizón polo marqués de Pescara, perdeu Milán ante Carlos V (1525) e non o recuperou ata 1529. Ao morrer sen descendencia lexítima, o ducado foi incorporado aos dominios da coroa hispánica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Modena e de Reggio (1737-1780), fillo do duque Renato I. De nome Francesco III d’Este, dirixiu os exércitos españois en Italia durante a Guerra de Sucesión austríaca, pero tralas derrotas españolas en Camposanto (1742) e Piacenza (1745), aliouse con Austria e obtivo o cargo de gobernador de Lombardia. Mecenas das artes e das letras, protexeu a S. Muratori e a G. Tiraboschi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Módena e Reggio (1814-1846) e arquiduque de Austria-Este, fillo do arquiduque Fernando e de María Beatriz, duquesa de Modena. De nome Francisco de Lorena-Habsburgo, ocupou o trono en Módena e tentou, sen éxito, proclamarse rei de Italia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colectivo de teatro afeccionado fundado por Eduardo Gutiérrez en 1975 e que desenvolveu unha considerable actividade no campo da dinamización teatral, con espectáculos como O tío Miseria (1975), Beiramar (1984), sobre o texto de Armando Cotarelo ou Falsa morte e certa morte de Estoraque o Indiano (1985), segundo a peza homónima de Eduardo Blanco Amor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Francisco Miguel Fernández Moratinos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Honduras (7.946 km2; 878.000 h [estim 1991]). A capital é Tegucigalpa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Modena e de Reggio (1846-1859), fillo de Francisco IV. De nome Francisco de Lorena-Habsburgo, en 1848 foi obrigado a abandonar os ducados, pero foi restituído polos austríacos pouco tempo despois. Expulsado en 1859, os seus estados foron anexionados polo Piemonte e retirouse a Viena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Misioneiro xesuíta. Marchou a París para estudar na Sorbonne (1525), onde obtivo o grao de licenciado (1528) e coñeceu a santo Ignacio de Loiola. Converteuse nun dos seus primeiros seguidores. Ordenado sacerdote en Venecia (1537), participou na fundación da Compañía de Xesús e colaborou na redacción das súas Constitucións. Dedicouse ás obras de caridade en varias cidades de Italia e foi enviado a Oriente (1541). Trala súa chegada a Goa (1542), dedicouse á evanxelización do S da India, Ceilán e Malaca. En agosto de 1549 trasladouse a Kagoshima, no Xapón, onde continuou o seu labor e, despois de volver á India (1551), emprendeu viaxe cara a China. Foi canonizado por Gregorio XV (1622). Na iconografía viste co hábito dos xesuítas, e leva ás veces a esclavina dos peregrinos e o bordón na man; como atributos, unha cruz nunha man ou un cangrexo. A súa festividade celébrase o 3 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de Austria (1848-1916) e rei de Hungría desde 1867, fillo do arquiduque Francisco Carlos e de Sofía de Baviera, sucedeu ao seu tío Fernando I. Aspirou a fundir nun estado multinacional todos os pobos do imperio e a gobernar cun réxime autoritario centralizado en Viena. En política exterior, en 1859 os italianos derrotárono en Magenta e Solferino e, posteriormente, perdeu Lombardia. A cuestión dos ducados de Schleswig-Holstein e a disputa pola hexemonía da Confederación Xermánica conduciron á Guerra Austro-Prusiana, na que foi derrotado en Sadova (1866). Estas derrotas facilitaron os movementos nacionalistas húngaros. Tralo Ausgleich (1867), Hungría constituíuse en estado autonómo, vinculado a Austria só na súa persoa e foi coroado rei de Hungría xunto coa súa muller, Isabel de Baviera. En 1908 anexionouse Bosnia-Hercegovina, feito que provocou as tensións que levaron, en 1914, ao asasinato do seu sobriño e sucesor, o arquiduque Francisco Fernando, en Saraxevo, e ao inicio da Primeira...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ARQUIPELAGOS

    Arquipélago de Rusia, no Océano Ártico, que pertence administrativamente ao oblast de Arkhangel’sk. Os glaciares cobren o 87% da superficie. As illas máis importantes son Terra de Alexandra e illa de Xurxo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Entallador. De orixe non galega, foi veciño de Santiago de Compostela. Realizou, entre outras obras, o cofre da custodia de San Pedro de Xallas (Negreira), a custodia da capela do rei de Francia na catedral compostelá (1556) e un retablo para Santo Andrés de Xeve (Pontevedra, 1560).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo procedente do latín serodio franciscus, adxectivo étnico que constitúe unha adaptación do xermánico *frankisk ‘franco, propio dos francos’; trala fusión étnica entre os francos conquistadores e a poboación orixinaria galorrománica, franciscus pasou a significar ‘francés’. Como outros adxectivos étnicos, pasou a usarse co tempo como nome persoal ou como sobrenome. Presenta a variante Franco e os hipocorísticos Farruco, Fuco, Paco, Pacucho, Pancho, Panchulo, Pipo, Cholo, Chuco, Pachico, Chicolo, Quico, Xico, Cisco, Curro, Cheche, Chicho, Chesco, Chisco, Fran, Francucho/Paca, Paquiña, Pacucha, Quica, Fuca. Este nome espallouse, especialmente, a raíz da sona acadada por san Francisco de Asís (1182-1226); tamén na tradición cristiá son moitos os santos que teñen este mesmo nome, como san Francisco de Asís (celebrado o 4 de outubro), san Francisco de Paula (o 2 de abril), san Francisco Xavier (o 3 de decembro), san Francisco de Borja (o...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Orixinario de Francia. OBS: Emprégase especialmente para referirse ás rutas do Camiño de Peregrinación a Santiago que penetran na Península Ibérica atravesando a cordilleira dos Pireneos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Françoise Marie Alexandre Gobinet de Villecholes.

    VER O DETALLE DO TERMO