"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
-
PERSOEIRO
Fotógrafo e diplomático danés. Abriu o seu primeiro estudo fotográfico en Madrid en 1895. Foi un dos retratistas máis destacados da aristocracia da época. Colaborou con diversas publicacións como Blanco y Negro e La Ilustración Española y Americana. Ademais dos retratos e dos grupos familiares, tirou imaxes dos ambientes nocturnos de Madrid. Participou na Exposición Universal de Barcelona en 1889. Publicou, con prólogo de Emilia Pardo Bazán, Los salones de Madrid.
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Illa de Australia, no Océano Pacífico, diante da costa sudoriental do estado de Queensland.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao frasniano.
-
Primeiro estado e idade do Devónico Superior, interxacente entre o Givetiano, na base, e o Famenniano, no teito. O estrato tipo está en Frasnes (Bélxica).
-
-
IGREXAS
Igrexa que estivo situada en Frades (A Estrada). Documéntase a súa existencia nunha doazón que fixo Ordoño II ao mosteiro de San Martiño Pinario (912).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello do Saviñao baixo a advocación de santa Cecilia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada sobre o río Gorgua nas parroquias de Crespos e San Pedro da Torre (Padrenda). Trátase dunha construción do s XIX cun só van de medio punto. Pertenceu ao antigo camiño de Pontebarxas a Bande.
-
PERSOEIRO
Historiador británico. Centrou as súas investigacións no estudo das pervivencias do mundo clásico na Idade Media e na Idade Moderna. Entre as súas obras destacan The history of the Norman conquest of England: its causes and its results (1867-1876) e The Reign of William Rufus and Accession of Henry I (1882).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
fregaduxo.
-
PERSOEIRO
Poeta alemán. Autor do poema satírico e moral Bescheidenheit (1229), onde criticou os costumes da época.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Freixanes.
-
PERSOEIRO
Poeta alemán. Escribiu baladas románticas (Gedichte, 1838) e logo orientouse cara á poesía de carácter político (Mein Glaubensbekenntnis, 1844; Neuere politische und soziale Gedichte, 1849).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico e erudito. Comisario e inspector da Obra Pía dos Santos Lugares de Xerusalén, autentificou o redescubrimento das reliquias do Apóstolo Santiago en 1879. Colaborou en El Libredón e escribiu, xunto con José María Fernández Sánchez, Santiago, Jerusalén, Roma: diario de una peregrinación a estos y otros santos lugares de España, Francia, Egipto, Palestina, Siria e Italia, en el año del jubileo universal de 1875 (1880-1882) e Guía de Santiago y sus alrededores (1885).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e escritor. Estudiou teoloxía na Universidade de Santiago de Compostela. En 1793 foi nomeado secretario perpetuo da Sociedad Económica de Amigos del País. Foi procurador persoeiro (1788 e 1796), deputado do Común (1793 e 1798) e síndico procurador xeral (1814) do concello santiagués, ademais de deputado nas primeiras Cortes de Cádiz por Mondoñedo e secretario do Tribunal da Inquisición de Galicia en 1819. Colaborou en diversos periódicos da Coruña e Santiago e foi o fundador e principal redactor do quincenario Estafeta de Santiago (1813-1814), de carácter realista, onde empregou os pseudónimos de El estafetero e Agustín Verísimo Vilabella y Reytengo. Publicou os folletos: Causas de nuestros males (1810), Derechos del hombre (1811) e varios discursos en defensa da relixión católica, da Inquisición e dos xesuítas. Escribiu El dicionario razonado y manual, impreso en Cádiz, obra que foi cualificada de subversiva pola censura...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Foi arquitecto municipal de Narón (1978-1990) e, dende 1990, é xefe do servizo de asistencia técnica da Deputación da Coruña. Das súas obras cómpre destacar a casa cuartel da Garda Civil nas Pontes de García Rodríguez, o mercado municipal de Caranza (Ferrol) e a restauración da igrexa de San Xurxo da Coruña. Coautor de Proyecto y ciudad histórica (1977) e Piornedo. Estudio básico para a rehabilitación integrada dunha aldea galega (1987), escribiu Arquitectura modernista no Ferrol, 1900-1925 (1978). Ocupou, entre outros cargos, a presidencia da delegación do COAG en Ferrol (1980-1981).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Señor de Pontedeume, fillo de Roi Freire de Andrade. Nomeado en 1371 gobernador da Coruña, trasladouse a Portugal tralo recoñecemento de Enrique II de Trastamara como rei de Castela. En Portugal recibiu o título de mestre da Ordem de Cristo e Pedro I de Portugal encargoulle a educación do seu fillo Xoán. Coa sinatura do Tratado de Santarém entre Fernando I de Portugal e Enrique II, foi entregado ao monarca castelán como garantía do cumprimento do pacto. En Portugal iniciou unha nova rama na liñaxe dos Andrade.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Señor de Pontedeume, fillo de Fernán Pérez de Andrade. Caracterizouse pola tiranía e despotismo no exercicio do poder, o que o enfrontou en 1411 ao cóengo compostelán Xoán López de Vilouzás e aos monxes do mosteiro de Sobrado e que en 1431 provocaron o inicio da Primeira Guerra Irmandiña nos seus territorios. A revolta dos seus vasalos adquiriu tal magnitude que só puido ser controlada grazas á intervención da coroa, coa que tiña boas relacións tras aloxar nas súas terras o infante Enrique de Aragón (1428) e acompañar a Xoán II na guerra contra Aragón (1429). Todas estas accións valéronlle o sobrenome do Mao. Trala súa morte, foi soterrado na capela maior da igrexa do mosteiro do Monfero, ao que beneficiara en numerosas ocasións.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Químico. A súa actividade investigadora céntrase no estudo da estrutura, da biosíntese e da función da hormona timosina. Publicou numerosos artigos en revistas especializadas e os libros El cáncer. Prevención y futuro (1993), Biotecnología y clonación (1997), Biotecnología y sociedad (1998) e La bioquímica al final del milenio. Un siglo de historia (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Normalmente asina como Xe Freyre e é autor da novela Cando o gato mira de esguello (1987) e da guía Mondoñedo (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político. Participou na loita pola independencia de España e derrotou os realistas en Talcahuano (28.5.1813) e en Cumpeo (4.2.1817). En novembro de 1822 sublevouse en Concepción contra o goberno de B. O’Higgins Riquelme e fíxose elixir director e xefe supremo suplente do Estado. Durante o seu goberno promulgouse unha Constitución (1823), decretouse a liberdade de prensa, aboliuse a escravitude e iniciouse a desamortización dos ben eclesiásticos. Durante a Guerra Civil chilena (1829-1830) dirixiu as forzas liberais derrotadas en Lircay (1830), polo que se tivo que refuxiarse en Perú. En 1836 dirixiuse novamente a Chile ao mando dun pequeno exército pero foi derrotado e desterrado a Australia.
VER O DETALLE DO TERMO