"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
PERSOEIRO
Rei de Dinamarca (1202-1241), fillo de Valdemar I. Sucedeu ao seu irmán Canuto VI. Como duque de Slesvig (desde 1188) defendeu a fronteira contra a agresión do emperador e conquistou Holstein e Hamburgo (1200-1201). Aliado co Emperador Federico II contra o Emperador Odón IV, en 1214 adquiriu Schwerin, e Federico II renunciou a favor del ás terras dos vendes e a todo o territorio xermánico ao N do Elba e do Ende. Os señores feudais de Alemaña do N aliáronse contra el e derrotárono en Bornhöved en 1227.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Madrid, ao N da capital, na ribeira dereita do Jarama (2.278 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción e efecto de valer ou valerse.
-
Apoio ou protección que recibe unha persoa por parte doutra.
-
Calidade de valor.
-
Axuda prestada ao rei ou ao señor xurisdicional.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, situado ao pé de Sierra Morena, no val do río Bodión (2.298 [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sal ou éster do ácido valeriánico.
-
PERSOEIRO
Poeta, filólogo e gramático latino. Coñecido como a Serea Latina, editou as obras de Lucilo e foi considerado como xefe da escola dos neóteroi. Coñécese o título de varias obras del (Lidia e Diana), todas perdidas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Publicou os seus primeiros poemas na revista La Conque, baixo a influencia de S. Mallarmé. Abandonou a poesía (1892) e publicou Introdution à la méthode de Léonard de Vinci (1895) e Une soirée avec Monsieur Teste (1896), en que analiza o poder da intelixencia. Continuou conciliando a súa vida como funcionario coa investigación e a reflexión persoal para, co tempo, volver ao cultivo da poesía con La jeune parque (1917) e Cimetière marin (1920). Grazas a L’album de vers anciens (1920) e Charmes (1922) conseguiu certo renome e ingresou na Académie Française. Autor de Variété (1924-1944), en 1937 foi nomeado titular da cátedra de Poética no Collège de France.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xesuíta francés. Superior das misións da América do Sur (1754), creou unha empresa comercial para tratar de sanear a economía das misións, mais a súa bancarrota contribuíu ao inicio dunha campaña antixesuítica que culminou coa expulsión da orde de Francia (1764).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
valiña.
-
GALICIA
Historiador. Foi documentalista da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación da Coruña. Profesor de Historia Contemporánea na Universidade de Vigo, das súas obras destacan La masonería y La Coruña. Introdución a la historia de la masonería gallega (1984), Galicia y la masonería en el siglo XIX (1990) e Laicismo, educación y represión en la España del siglo XX: Ourense 1909-1936/39 (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Casaio (Carballeda de Valdeorras). O seu cumio acada os 1.140 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado no límite dos concellos de Láncara, Triacastela e Becerreá. O seu cumio acada os 1.104 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Bibliófilo e escritor. Foi o fundador do primeiro xornal de Galicia, El Catón Compostelano (1880), e promotor-fundador da primeira Biblioteca Pública da Universidade de Santiago de Compostela. Escribiu Instrución para el establecimiento de la Biblioteca Pública de la Universidad de Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Psiquiatra e escritor. Doutor en Medicina, especializouse en neuropsiquiatría. É autor de obras de divulgación como Psiquiatría clínica (1958), Introdución a la Psiquiatría (1960) e Ante la depresión (1987); e de creación literaria, como Concierto para instrumentos desafinados, Locos egregios (1981), Mishima o el placer de morir (1983), Yo, el rey (1985) e Yo, el intruso (1987).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Naturalista italiano. Discípulo de M. Malpighi e continuador da obra de F. Redi, negou a xeración espontánea. En todas as súas investigacións utilizou sempre o método científico e evitou as interpretacións especulativas ou milagrosas. As súas investigacións recóllense na obra Observaciones y diserciones sobre la física, la medicina y la historia natural (1733).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Antropólogo e paleontólogo. Director do Institut de Paléontologie Humaine (1942) e do Musée de l’Homme (1950), de París, das súas obras destacan Traité d’anthropologie (1926), Les races humaines (1944) e La paléontologie et l’origine de l’homme (1950).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e escultor. Establecido en Galicia, a súa escultura caracterízase pola preocupación pola materia e traballa principalmente o ferro. A súa pintura ten un compoñente abstracto pero relacionado coa neofiguración.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Anatomista italiano. Foi discípulo de Malpighi, publicou importantes traballos sobre a anatomía do oído, coma De aure humana tractatus (1704), e sobre os vasos sanguíneos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sección cirúrxica dunha válvula, especialmente da cardíaca.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Zona de partículas de alta enerxía que envolve a Terra a unha grande altitude e forma un gran cinto. Ten forma case toroidal e pódese considerar dividido en diferentes cintos parciais, os máis importantes son o cinto interior e o cinto exterior, que están separados por unha rexión cunha densidade de partículas de alta enerxía marcadamente baixa. Foi descuberto en 1958 por J. A. Van Allen e o seu equipo, a partir dos datos proporcionados polos satélites Explorer e Pioneer.