Van Allen, cinto de

Van Allen, cinto de
[ASTRON]

Zona de partículas de alta enerxía que envolve a Terra a unha grande altitude e forma un gran cinto. Ten forma case toroidal e pódese considerar dividido en diferentes cintos parciais, os máis importantes son o cinto interior e o cinto exterior, que están separados por unha rexión cunha densidade de partículas de alta enerxía marcadamente baixa. Foi descuberto en 1958 por J. A. Van Allen e o seu equipo, a partir dos datos proporcionados polos satélites Explorer e Pioneer.

Palabras veciñas

vampiro -ra | Van | Van | Van Allen, cinto de | Van Allen, James Alfred | Van Buren, Martin | Van de Graaff, xerador de