vampiro -ra

vampiro -ra

(< fr vampire < al Vampir)

  1. s
    1. [MIT]

      Persoa xa morta que, segundo algunhas crenzas populares, sae da tumba polas noites para zugar o sangue aos vivos e que converte as súas vítimas en novos vampiros.

    2. Persoa que explota e abusa dos demais.

  2. s m [ANIMAL]

    Morcego que pertence aos xéneros Desmodus, Diphylla e Diaemus, de anatomía e fisioloxía ligadas ao seu réxime hematófago. Presenta modificacións adaptativas, basicamente na dentadura, que se caracteriza por unha gran redución dos maxilares, dous incisivos superiores robustos e afiados, aptos para cravarse na pel dos animais, ao igual ca os cairos. Os labios, ao aplicalos sobre a ferida feita cos dentes, constitúen unha ventosa coa que zugan o sangue. Son nocturnos, lucífugos e troglobios, e adoitan vivir en colonias pouco numerosas e pouco compactas. Aliméntanse de insectos, froitos, plantas silvestres, pole e só un grupo minúsculo dos vampiros se alimentan do sangue dos vertebrados superiores homotermos, especialmente grandes mamíferos, como os bóvidos, os équidos ou mesmo o home. A saliva ten propiedades anticoagulantes e á parte dos danos que lles poden facer aos animais, son moi perigosos pola gran cantidade de doenzas que propagan, entre elas a rabia. Son de distribución tropical americana.

Palabras veciñas

Vamba | vampiresa | vampirismo | vampiro -ra | Van | Van | Van Allen, cinto de