"Ada" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2197.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tecido de algodón orixinario de Madapollam (Hindustān), que se une con tafetá e que se branquea. É de mellor calidade ca o percal e emprégase para a roupa interior branca.
-
GALICIA
Escritor e político. Traballou en Londres como redactor de The Times, ingresou na xefatura de Desarme (1921-1927) da Secretaría Xeral da Sociedade de Nacións e foi catedrático de Lingua e Literatura españolas na Oxford University (1928-1931). Durante a Segunda República foi embaixador en Washington (1931) e París (1932). Deputado pola Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA), foi cuarto vicepresidente das Cortes e ministro de Instrución Pública e Belas Artes e de Xustiza (1934). Fóra de España, foi presidente da Sección Cultural do Movimiento Europeo (1948-1964), e creou en Bruxas o Colegio de Europa (1949). Escribiu poesía, narración, novela e o libreto da ópera Numance. Destacou polos seus ensaios Guía del lector del Quijote (1926), Ingleses, franceses y españoles (1928, Premio L’Europe Nouvelle) e España, ensayo de historia contemporánea (1931). Tamén escribiu as biografías Vida del muy magnífico señor don Cristóbal Colón (1940),...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e monxe cartuxo. Foi autor de numerosos tratados piadosos en castelán e latín, e de Del senado y de su príncipe (1617), publicado anonimamente e reeditado postumamente como Gobierno de príncipes y de sus consejos para el bien de la República (1626).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello do Carballiño baixo a advocación de san Tomé.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Madarnás (O Carballiño). Datado probablemente no s XVI, está composto por dous corpos de planta rectangular e conta cunha garita montada sobre ménsulas. Posúe os escudos das familias que alí habitaron, os Ulloa, os Salgado, os Temes e os Mosquera.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nova esposa do pai con respecto aos fillos que este tivo nun matrimonio anterior.
-
MONTES
Monte situado no extremo S da parroquia de Cerreda (Nogueira de Ramuín). O seu cumio acada os 1.178 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Intervalo de tempo que vai desde a media noite ata as primeiras horas da mañá.
-
Primeiras horas da mañá antes de saír o sol.
-
Acción e efecto de madrugar.
-
-
CAPITAIS
Capital da oblast’ homónima, Rusia (123.000 h [1997]). É unha cidade portuaria situada á beira do mar de Okhotsk.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Oblast’ de Rusia (461.400 km2; 246.100 h [estim 1999]). A capital é Magadan.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que trae escudo partido: primeira partición, de goles, cun castelo de prata, aclarado de azul, sumada a torre da homenaxe dun busto de guerreiro armado, cunha espada denuda, folla de prata e gornecida de ouro, e na esquerda embrazando unha rodela; segunda partición, de ouro, cun carballo de sinople, arrincado e coas landras de prata; na punta ou campaña, ondas de azul e prata. Outra variante leva, en campo de azul, unha faixa de goles, cargada de tres flores de lis de ouro.
-
GALICIA
Musicóloga e folclorista. Interesada polas tradicións populares, cancións, instrumentos, traxes e costumes, dedicou a súa atención á obra do músico humanista Francisco de Salinas, á de Dámaso Ledesma e á de Sánchez Fraile. Ocupouse, tamén, do Cancionero popular gallego de Eduardo M. Torner e Xesús Bal e Gay.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de Madrid, situado ao NO da aglomeración urbana de Madrid (50.683 h [2001]). Converteuse nunha cidade residencial.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que ou quen ten mala sorte ou sofre desgracias con frecuencia.
-
Que é causa dunha desgracia, que a constitúe ou que vai acompañado dela.
-
-
-
Golpe que se dá co mallo.
-
Cada unha das pasadas que dan os malladores na eira no labor de mallar.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar en que se garda o gando para pasar a noite e se resgardan os pastores.
-
MONTES
Monte situado na zona N da parroquia de San Vicente de Leira (Vilamartín de Valdeorras). O seu cumio acada os 1.073 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia da Esculqueira (A Mezquita). O seu cumio acada os 950 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Forcadela e Nogaledo (O Barco de Valdeorras). O seu cumio acada os 1.131 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado no extremo O da parroquia de Servoi (Castrelo do Val). O seu cumio acada os 658 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO