Magadan

Magadan
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe que trae escudo partido: primeira partición, de goles, cun castelo de prata, aclarado de azul, sumada a torre da homenaxe dun busto de guerreiro armado, cunha espada denuda, folla de prata e gornecida de ouro, e na esquerda embrazando unha rodela; segunda partición, de ouro, cun carballo de sinople, arrincado e coas landras de prata; na punta ou campaña, ondas de azul e prata. Outra variante leva, en campo de azul, unha faixa de goles, cargada de tres flores de lis de ouro.

Palabras veciñas

maga | Magadan | Magadan | Magadan | Magadán Chao, Pilar | Magadha | Magalhães