"Ea" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3634.
-
PERSOEIRO
Pintor francés. Realizou unha pintura marcada polo surrealismo e pola abstracción lírica. Nos seus cadros introduciu a escritura automática e, dende os anos sesenta, as incisións, os elementos pegados, queimados, estampados, etc, e a monocromía.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político belga. Licenciouse en Dereito e Ciencias Económicas polas universidades de Namur e Leuven. Foi conselleiro de Obras Públicas (1972-1973) e de Sanidade (1973-1974) e xefe de gabinete en diversos ministerios. En 1977 presidiu a sección do Partido Popular Cristián (CVP) en Bruxelas-Hal-Vilvorde. Exerceu os cargos de ministro de Asuntos Sociais e Reformas Institucionais (1981-1988) baixo o goberno do primeiro ministro Wilfried Martens. No 1982 foi elixido senador polo propio Senado e no 1987 elixírono parlamentario flamengo e deputado no Parlamento central. Máis tarde, converteuse en viceprimeiro ministro de Reformas Institucionais e Comunicacións ata que en 1992, nunha situación de crise gobernamental, Martens delegou o seu cargo en Dehaene. Como primeiro ministro emprendeu a reforma da Constitución e articulou Bélxica coma un Estado federal de feito. Reelixírono en 1995 e en 1999, logo dunha derrota electoral, volveu ao cargo de senador.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto francés. As súas construcións caracterizáronse pola exuberancia decorativa baseada no emprego de grilandas e adornos gregos. Entre outras obras destacan o Hôtel Titon e o Hôtel Giox (París, 1776-1780).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrónomo francés. Foi secretario vitalicio da sección de matemáticas da Académie des Sciences. No ano 1781 elaborou as primeiras táboas de efemérides do planeta Urano, ás que lles seguiron as do Sol, Saturno, Xúpiter e outros astros. Participou na medición do arco de meridiano comprendido entre Dunkerque e Barcelona.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor estadounidense. Iniciouse na pintura na Copley Society de Boston. Realizou retratos e vistas de Washington Square. Trasladouse a París en 1953, onde pintou obras abstractas e monocromas que o integraron no Nuagisme. Nas súas últimas obras regresou á figuración.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico francés. Realizou as longametraxes Paris-Deauville (1933), La symphonie pastorale (A sinfonía pastoral, 1946), Maigret tend un piège (Maigret tende unha trampa, 1957), Les amitiés particulières (As amizades particulares, 1964) e Bernadette (1988).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Barbu Stefạnescu.
-
PERSOEIRO
Escultor belga. Discípulo de G. Douffet e A. Henrard, realizou fontes públicas e escultura relixiosa. Entre as súas obras destacan o Monumento a monseñor d’Attamont na catedral de Gante e Cristo morto na catedral de Liexa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión ou sinal parecido ao d co que, nunha proba de imprenta, se indica que debe suprimirse algunha cousa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obtención de aminas primarias, mediante a reacción entre haluros de alquilo con hexametilentetraminas e a posterior hidrólise dos sales cuaternarios que se forman.
-
-
Dicir unha a unha polo seu nome as letras que compoñen unha palabra.
-
Ler palabras pronunciando primeiro as letras de cada sílaba, despois as sílabas da palabra e por último a palabra completa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mercedario galego. Foi asistente xeral da súa orde en Roma, fundador do colexio da Mercede xunto co marqués de Valdivia, vigairo provincial da orde e comendador do mosteiro de Poio. Colaborador en numerosos xornais e revistas, entre outras obras, publicou: Estudio histórico de la acción de los mercedarios en Chile (1919), Apostolado social del clero (1922), La escuela laica ante el tribunal de la razón y de la historia (1922), La cuestión social (1923), Prejuicios contra el catolicismo (1924), El problema del niño en el Ecuador (1925) e El apostolado seglar en los tiempos presentes (1933).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de delinear.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou o que delinea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
delineación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que ten por oficio debuxar planos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Trazar as liñas dunha figura ou dun plano.
-
PERSOEIRO
Político e economista. Traballou na Banque de París como asesor de planificación, asuntos sociais e culturais. No ano 1974 ingresou no Parti Socialiste e foi ministro de Economía e Finanzas (1981-1984). Foi deputado do Parlamento europeo (1979-1984) e presidente do Comité económico e monetario das Comunidades Europeas (1979-1981). Tamén presidiu a Comisión Europea (1984-1994), cargo desde o que impulsou a integración europea mediante a aprobación da Acta Única Europea (1986), o Tratado de Maastricht (1992) e a admisión de novos membros. En 1989 concedéuselle o Premio Príncipe de Asturias á Cooperación Internacional e en 1995 o Premio Carlos V, en recoñecemento á súa tarefa a prol da unificación europea. Publicou Le nouveau concert européen (O novo concerto europeo, 1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Real Club Deportivo de La Coruña, SAD.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Resposta inflamatoria alérxica que se localiza na pel por contacto ou por introdución dunha substancia á que o organismo é sensible.