Dehaene, Jean Luc

Dehaene, Jean Luc

Político belga. Licenciouse en Dereito e Ciencias Económicas polas universidades de Namur e Leuven. Foi conselleiro de Obras Públicas (1972-1973) e de Sanidade (1973-1974) e xefe de gabinete en diversos ministerios. En 1977 presidiu a sección do Partido Popular Cristián (CVP) en Bruxelas-Hal-Vilvorde. Exerceu os cargos de ministro de Asuntos Sociais e Reformas Institucionais (1981-1988) baixo o goberno do primeiro ministro Wilfried Martens. No 1982 foi elixido senador polo propio Senado e no 1987 elixírono parlamentario flamengo e deputado no Parlamento central. Máis tarde, converteuse en viceprimeiro ministro de Reformas Institucionais e Comunicacións ata que en 1992, nunha situación de crise gobernamental, Martens delegou o seu cargo en Dehaene. Como primeiro ministro emprendeu a reforma da Constitución e articulou Bélxica coma un Estado federal de feito. Reelixírono en 1995 e en 1999, logo dunha derrota electoral, volveu ao cargo de senador.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Montpellier