"Fer" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2007.

  • PERSOEIRO

    Poeta pertencente á escola galego-castelá. Activo aproximadamente entre 1365 e 1400 na corte de Xoán I, perdeu o favor real logo de casar cunha mourisca e renegar do cristianismo para converterse en mahometano. No Cancionero de Baena, recóllense trece poemas da súa autoría; cinco son composicións amorosas -nas que retoma a tradición provenzal máis clásica- e o resto relixiosas, tanto de loanza a Deus como gozos á Virxe María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e xornalista. Colaborador das publicacións Galicia Humorística, O Tío Marcos da Portela e El Censor, fundou El Escobón y Las Riberas del Mendo. Da súa produción destaca Orballeiras (1887), poemario en galego e castelán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1952-1956), foi avogado do Estado desde 1961 e xefe da avogacía do Estado na Coruña desde 1978. De 1971 a 1974 foi tenente alcalde do concello coruñes e, entre 1974-1975, representante de Galicia na Junta Democrática de España. Líder de Esquerda Democrática Galega durante a transición, foi deputado pola Coruña no Congreso na II lexislatura (1982-1986) e no Parlamento galego na I (1981-1985), pola UCD.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro e profesor. En 1875 rematou a carreira de enxeñeiro de camiños, canais e portos e foi destinado a Gijón como director-xefe das obras do porto. En 1889 trasladouse, provisionalmente, a Pontevedra e, en 1890, foi destinado a Vigo como enxeñeiro civil do porto, onde recibiu (1892) a visita de Francisco Giner de los Ríos. Foi accionista e continuador das tarefas que desenvolvía súa nai, Concepción Arenal, na Institución Libre de Enseñanza, ademais de participar nas excursións instrutivas (1879-1880). Foi un dos impulsores da realización da primeira colonia escolar do Museo Pedagógico Nacional (1887). En 1890 consta como profesor de mecánica aplicada na Escola de Artes e Oficios de Vigo. Como director deste centro (1895-1901), proxectou o seu espírito institucionista e contribuíu á formación da clase obreira e elaborou un novo regulamento da escola. Os seus presupostos educativos (máis intuitivos e en contacto coa realidade) quedaron reflectidos no BILE (1892). Xunto con Fernando...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Restaurador no Museo do Pobo Galego, foi profesor en diversas escolas taller. Realizou, entre outros, os monumentos á Tuna compostelá, ao Emigrante en Silleda, a Don Bosco en Santiago, a Juanito Acuña na Coruña, a Quixeira en Arzúa, a Camilo José Cela en Bandeira, e outras esculturas públicas en Francia, Alemaña, Italia, Suíza, Arxentina, República Dominicana, Venezuela e Nova York.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e xornalista. Licenciouse en Filosofía e Letras e en Ciencias da Información na Universidad Complutense de Madrid. Colaborador en distintas publicacións (El País, Faro de Vigo), traballou así mesmo en diversos medios audiovisuais. Da súa produción, entre outras obras, destacan Proceso de adivinaciones (1981), Ciertas personas (1989), Háblame de ti (1993), Cambio de tiempo (1994), Autobiografía del hijo (1995), La mirada del otro (Premio Planeta, 1995), No estabas en el cielo (1996), Escrito por Luzbel (1998), Sobre el amor y sus contrarios (2000) e Presencias de ceniza (2001). Entre outros galardóns, recibiu o Premio Benito Pérez Armas (1973), o Premio Pérez Galdós (1979) e o Premio Europa (1986).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor. Constructor e director de teatro de monicreques, foi fundador das compañías Viravolta e Títeres Seisdedos de Lalín, nas que desenvolveu o seu traballo en espectáculos como As ventureiras fazañas de Don Florete de Rocamonte (1982), Contos para ratos mortos (1983), Un conto sin nome (1984), Jasón (1985), Kabaret (1986), Historias con demo (1988), As aventuras do doctor Sabañón (1989), Bosque Piramidón (1990), Historia negra (1991), As olivas (1992), Candil Marabilloso (1993), Guillermo Tell (1996), Barriga Verde (1997) e Hip-Hip Hurra! (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Estudiou Maxisterio e traballou como inspector de primeiro ensino. Foi deputado polo distritos de Xinzo (1865-1866 e 1872-1873), Bande (1871-1872) e Verín (1879-1881) e pola provincia de Ourense (1876-1877), e senador por esta provincia nas lexislaturas 1884-1888 e 1891-1893.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Cineasta. Doutor en Ciencias da Información pola Universidad Complutense de Madrid e Catedrático de Comunicación Audiovisual e Publicidade na mesma universidade. A súa relación co cine comezou no sector da exhibición, xa que os seus pais tiñan un cine na súa vila natal, e levou a cabo unha serie de proxectos creativos como Ribadavia unha historia de pedra (1980) ou Laxeiro en Madrid (1980). Como investigador, colaborou na prensa diaria e en revistas especializadas en temas audiovisuais. Dirixiu a edición española da Historia Universal del Cine e escribiu Historia del cine en Galicia (1896-1984) (1985), Historia ilustrada del cine español (1985), El cine español: una propuesta didáctica (1992), El cine español contemporáneo (1992), Dicionario filmográfico de Galicia (1993), Ávila y el cine. Historia, documentos y filmografía (1995). Ademais, é coautor da primeira Enciclopedia del Cine español editada...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Estudiou dereito e colaborou en varios xornais arxentinos. Escribiu as pezas teatrais La novia del hereje e Venganza de un alma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Promotor de teatro afeccionado e técnico cultural. Vinculado ao colectivo Abrente, desde 1984 participou na recuperación da Mostra de Teatro de Ribadavia, ata convertela no Festival Internacional de Teatro, do que é director. Tamén dirixe outros eventos culturais, como a Feira do Teatro de Santiago de Compostela ou o Festival de Danza de Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dirixente anarcosindicalista. Coñecido como Diego Abad de Santillán, dirixiu o semanario Tierra y Libertad e fundou a revista Tiempos Nuevos. En 1938 incorporouse ao Comité Nacional del Frente Popular Antifascista e ao remate do conflito civil exiliouse en Francia e Arxentina, de onde regresou en 1976. Publicou Por qué perdimos la guerra (1940) e Contribución a la historia del movimiento obrero español (1962-1965).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquiveiro e escritor. Licenciado en Xeografía e Historia. Director do Arxiu Històric Municipal e responsable de patrimonio histórico do concello de Sant Andreu de la Barca (Barcelona). Instalado en Barcelona, en 1972 creou IDGA (Irmandade Democrática Galega), na que creou a revista O Mallo. Foi vicepresidente da Asociación de Amigos de la ONU e en 1972 presentou un informe sobre a situación das nacionalidades de España. Foi autor dos ensaios Castelao i Catalunya (1979), Nacionalidades colonizadas de Europa Occidental (1980), Castelao dende Catalunya (1988) e Os trobadores das terras de Chantada (2001). Publicou, entre outros libros de poesía, Do Faro ao Miño (1978), Memoria doutros corpos (1979), Aquarium: 1976-1981 (1982), Tempo precario (1972-1987) (1988), Paixón e rito (1993), Círculo de luz e xisto (1994), Rosto incompleto (1996), a obra teatral A proclama (1996)...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Estudiou dereito en Santiago de Compostela, fundou e dirixiu as publicacións La Pluma, La Semana e La Defensa de Galicia, e colaborou en O Tío Marcos da Portela e El Derecho. Da súa produción destacan Luchar por la patria, Gritos del alma, Volvoretas (1887), Chorimas (1890), Leenda de groria (1891) e Follas de papel (1892).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Artista plástico e fotógrafo. Licenciado en Belas Artes pola Universidad Complutense de Madrid (1988), cursou estudios na Escola de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos Ramón Falcón de Lugo. Profesor de fotografía na Escuela de Arte de Huesca. A súa pintura encádrase no informalismo de grandes superficies monocromas. Participou, entre outras mostras, na Bienal de Fotografía de Tenerife (1997). Recibiu entre outros galardóns, o Primeiro Premio de Gravado no II Certame Galego de Artes Plásticas (1985) e o Primeiro Premio no Certame de Artes Plásticas Díaz Pardo (1989) e, no eido da fotografía, o Primeiro Premio de Fotografía no Certame Fotográfico Internacional sobre o Camiño de Santiago e o Segundo Premio no Canon World Cup USA 94.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Da súa produción destaca Latidos (1973), Crónicas de un mayordomo (1977) e Pontevedra mágica (Premio Daniel de la Sota 1977). Entre outros galardóns, recibiu o Premio anual de Periodismo da Deputación de Pontevedra (1974, 1976 e 1977), dúas medallas de ouro nos Xogos Florais de Guimarães (1976 e 1977) e o Premio Valentín de Lillo (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e debuxante. Participou nos anos setenta no grupo SISGA. Colabororou, entre outras publicacións, en Tintimán, Valium 10, Das capital e Animal+. O álbum Papagayo Spray (1993), publicado por Frente Comixario recolle varios dos seus traballos, entre outros, Orgullo e Prexuicio en Manhattan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e político. Dirixente agrarista, participou na constitución da Federación Agraria de Negreira e colaborou na redacción de La Zarpa, diario dos agraristas galegos. Publicou Páginas de mi vida (1925), Nubes y sombras (1927) e Hojas del corazón (1928).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Dirixe Boente Arquitectura y GestiónUrbanística S. L. Foi arquitecto municipal en diversos concellos e presidente da delegación en Lugo do Colegio Oficial de Arquitectos de León, Asturias y Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e político. En 1845 trasladouse a Madrid onde fundou o xornal La Organización del Trabajo, defensor do fourierismo, e colaborou na sociedade secreta Los Hijos del Pueblo. Exiliado en Londres (1851-1854), entrou en contacto co socialismo internacional. Ao seu regreso publicou o xornal Las Barricadas e un opúsculo no que defendía a República federal, que lle custou un novo desterro, esta vez en Lisboa e Londres. Regresou co Sexenio e foi elixido deputado por Cádiz (1869) e por Sevilla (1872), e nomeado intendente xeral de Filipinas ao proclamarse a República. Coa Restauración exiliouse ata finais de 1879. Entre as súas obras cómpre citar La república democrática federal universal (1856) e Historia de las clases trabajadoras (1870). Baixo o pseudónimo de Alfonso Torres de Castilla publicou a obra en seis volumes Historia de las persecuciones políticas y religiosas (1863-1866).

    VER O DETALLE DO TERMO