"ILi" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1725.

  • Que ten pistilo ou pistilos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta e musicólogo. Pertencente á Xeración de 1936 e ligado ao imaxinismo, emigrou a Bos Aires e desde alí colaborou con distintas publicacións galegas e americanas, como Fouce, A Nosa Terra, Nós, Vieiros e Yunque. Na capital arxentina participou activamente nas actividades da Federación de Sociedades Agrarias y Culturales. Interesado pola música, dirixiu o cuarteto vogal Ultreya, labor que compaxinou coas conferencias sobre aspectos musicais dos trobadores e xograres galego-portugueses do s XIII, así como sobre a música popular galega. Nalgunha das súas visitas a Galicia entrou en contacto co galeguismo e afiliouse ao Partido Galeguista. Da súa obra poética, que reflicte sobre todo musicalidade e algúns trazos relacionados co neotrobadorismo, e que trata con emoción e sentimento todo o que ten que ver coa terra galega, destaca o libro de poemas de temática civil Jacobusland (1942), con ilustracións de Castelao, e que constitúe un dos primeiros...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ás máquinas de imprimir en que a folla de papel que se quere imprentar, se preme sobre unha forma plana por un cilindro dotado dun movemento de rotación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Masa plástica, de diversas cores, que se emprega para modelar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de plausible.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor latino, sobriño e fillo adoptivo de Plinio o Vello. Coñecido como Plinio o Mozo, formouse con Quintiliano, exerceu como avogado e ocupou diversos cargos civís e militares. Autor do Panegyricus Traiano ditus, protexeu a algúns literatos da época e os cristiáns, que previamente condenara ao suplicio. Amigo de Tácito, estimou a elocuencia e proclamouse seguidor de Cicerón e Demóstenes, pero a súa oratoria foi artificial, como tamén as súas máis de 350 Epistulae, ordenadas en dez libros, que constitúen a parte máis importante da súa obra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten competencia comunicativa e gramatical en varias linguas.

    2. Que está escrito en varias linguas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Condición de plurilingüe.

    2. Situación lingüística que caracteriza as comunidades en que coexisten distintas linguas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Resina que se extrae da raíz e do rizoma do arbusto Podophyllu

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes, da familia dos poecílidos, co corpo alongado, as aletas desenvolvidas e a boca orientada cara á parte superior. Inclúe especies moi apreciadas en acuariofilia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos poecílidos.

    2. Peixe da familia dos poecílidos.

    3. Familia de peixes óseos, da subclase dos actinopterixios, que presentan o corpo de pequeno tamaño, os ollos grandes de cores diversas e un acentuado dimorfismo sexual. Están distribuídos polas augas doces e salobres do S de EE UU, América Central, o Caribe e o N de Arxentina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á estrutura da rocha ígnea que ten pequenos cristais incluídos en cristais máis grosos doutro mineral, irregularmente distribuídos e sen ningún tipo de orientación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tendencia dun ión a deformarse, perdendo a simetría esférica do ión libre, a causa das atraccións ou repulsións electrostáticas que experimenta a nube electrónica. É importante sobre todo para os anións, e aumenta co volume e a carga.

    2. Capacidade dun medio de polarizar unha radiación electromagnética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • alcohol polivinílico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Materia termoplástica obtida por polimerización do cloruro de vinilideno (CH2=CCl2) ou do dicloroetileno (CHCL=CHCL), que se caracteriza pola súa resistencia á calor e a súa impermeabilidade ao vapor de auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afinidade que ten un tecido por diferentes colorantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anomalía conxénita que consiste na presenza dun ou máis dedos supernumerarios nas mans ou nos pés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á polidactilia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • acetal polivinílico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos pompílidos.

    2. Insecto da familia dos pompílidos.

    3. Familia de insectos, da orde dos himenópteros, que miden entre 5 e 50 mm e son de cor variable con reflexos metálicos. Cazan arañas de gran tamaño, que utilizan como nutriente das larvas.

    VER O DETALLE DO TERMO