"ISM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1586.

    1. Estado dos organismos que viven coma saprófitos.

    2. Forma de nutrición dos organismos que viven como saprófitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Actitude de rebelión contra Deus e de gusto polas cousas prohibidas ou pecaminosas, mantida sobre todo por escritores románticos, que vai desde unha inversión desafiante dos valores da fe e da moral ata o culto de Satanás (misa negra). Idealizado no bandido xeneroso ou no delincuente sublime levados á perfección por G. G. N. Byron e por P. B. Shelley, o satanismo derivou en blasfemia e obscenidade na obra do marqués de Sade e dalgúns libertinos franceses (ss XVII-XVIII). Tamén apareceu na obra de Dostojevski e en André Gide. Existe tamén un paralelo artístico no canibalismo de E. Delacroix, ilustrador do Fausto de Goethe e dos poemas satánicos de Byron.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Intoxicación aguda ou crónica producida polo chumbo ou polos seus compostos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento literario portugués que xurdiu ao redor da sociedade Renascença Portuguesa, de Porto, fundada por Teixeira de Pascoaes, Leonardo Coimbra, Jaime Cortesão e Álvaro Pinto. Representou a exaltación da saudade como o risco definidor da alma portuguesa e un rexurdimento do espírito nacionalista. O seu voceiro foi a revista A Águia (1910-1932).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento xuvenil fundado por Robert Stephenson Smyth Baden-Powell, que propón o desenvolvemento da personalidade de nenos e adolescentes a través da vida en grupo durante o tempo libre. Pretende ser un método de educación integral, baseado na autoformación e autogoberno, sen esquecer a formación física e moral, o desenvolvemento das habilidades manuais e a formación do carácter, todo isto rodeado do respecto e amor pola natureza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno histórico mesianista que xurdiu en Portugal na segunda metade do s XVI, a raíz da crenza popular portuguesa de que o Rei Sebastián I de Portugal non morrera na Batalla de Qsar el Kebir (1578). O pobo portugués, baixo a dominación castelá, fundamentou as súas esperanzas de independencia no retorno do rei que, mitificado, converteuse no futuro liberador de Portugal. Presente na literatura portuguesa e divulgado polo poeta Bandarra, no s XVII, o Pai António Vieira adheriuse a este movemento, desenvolvendo na súa obra a idea do Quinto Imperio. No s XIX, no Frei Luís de Sousa de Almeida Garrett, trátase esta idea, así como no filme O Quinto Império, ontem como hoje (2004), de Manoel Cândido Pinto de Oliveira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento que propugna a secesión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de sectario.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sistema moral que interpreta e ordena a vida de acordo cos principios da razón, sen recorrer á fe en Deus nin á vida perdurable.

    2. Tendencia a ignorar ou negar os principios da fe e da relixión na interpretación do mundo e da existencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de sedentario.

    2. Sistema de vida de moitos grupos humanos que, en oposición aos nómades, fixan a súa residencia nun lugar, se non para sempre, cando menos durante longas tempadas. Iniciouse co descubrimento do cultivo da terra. O paso do nomadismo ao sedentarismo caracteriza o principio dun desenvolvemento cultural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina favorable á segregación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina teolóxica trinitaria que intentaba opoñer ao homoousios de Nicea un arianismo mitigado, centrado na palabra homoousios para indicar que o Fillo era dunha natureza semellante á do Pai, aínda que non houbo nunca unanimidade na formulación desta semellanza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Palabra que pola súa introdución tardía na lingua ou por calquera outra causa non sufriu unha evolución fonética completa e presenta un estadio máis evolucionado ca o cultismo e menos ca un vocábulo popular. Por exemplo, caravilla

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma de vida condicionada por un tipo de economía mixta que comporta un cultivo temporeiro da terra e un pastoreo nómade. É característico de zonas semidesérticas ou pouco favorecidas polas chuvias que permiten unha soa colleita e onde se fai preciso levar o gando a zonas máis húmidas en época de seca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pensamento dos teólogos dos ss V e VI, sobre todo Xoán Casiano, Vicente de Lerins e Fausto de Riez, co apoio dos monxes do sur da Galia, que tentaron mitigar a doutrina da graza de santo Agostiño. Sostén que a diferenza entre escollidos e réprobos non depende da predestinación divina senón da vontade humana. Considerado reminiscencia do pelaxianismo, foi combatido por Próspero de Aquitania, Fulxencio de Ruspe e Cesáreo de Arles, que obtiveron a condena no segundo sínodo de Aurenja (529).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto das doutrinas, institucións e costumes dos pobos semitas.

      1. Palabra ou modo de falar propio das linguas semíticas.

      2. Palabra ou expresión procedente destas linguas que se emprega noutras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Modalidade deportiva que consiste en camiñar por carreiros ou sendeiros polo campo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ellez ou senilidade prematura.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tendencia a difundir noticias ou expoñer feitos dunha maneira espectacular para centrar a atención e causar sensación.

    2. sensualismo.

    VER O DETALLE DO TERMO