satanismo
satanismo
(
s
m
[RELIX/LIT/ART]
Actitude de rebelión contra Deus e de gusto polas cousas prohibidas ou pecaminosas, mantida sobre todo por escritores románticos, que vai desde unha inversión desafiante dos valores da fe e da moral ata o culto de Satanás (misa negra). Idealizado no bandido xeneroso ou no delincuente sublime levados á perfección por G. G. N. Byron e por P. B. Shelley, o satanismo derivou en blasfemia e obscenidade na obra do marqués de Sade e dalgúns libertinos franceses (ss XVII-XVIII). Tamén apareceu na obra de Dostojevski e en André Gide. Existe tamén un paralelo artístico no canibalismo de E. Delacroix, ilustrador do Fausto de Goethe e dos poemas satánicos de Byron.