satélite
(< lat satellĭte ‘membro dunha escolta’)
-
-
s
m
[ASTRON]
Corpo celeste que xira ao redor doutro, especialmente dun planeta, e que xeralmente é moito máis pequeno ca este. Os planetas máis grandes son tamén os que teñen máis satélites: Xúpiter ten 16, Saturno 18 e Urano 15. Algúns dos planetas de menor tamaño non teñen satélites, como o caso de Venus e Mercurio, ou ben son acompañados de astros que non poden ser considerados como verdadeiros satélites, como é o caso da Terra coa Lúa, que se pode considerar un sistema de dous planetas, ou o de Marte, con Fobos e Deimos de moi pequeno tamaño. Os satélites poden ser clasificados en dous grandes grupos: os regulares e os irregulares. Ao primeiro tipo pertencen os satélites que se moven ao redor do seu planeta en sentido directo -de O a L- seguindo órbitas case circulares, que están pouco inclinadas respecto ao ecuador do planeta. Ademais, comprobouse que a súa rotación ten lugar en sentido directo e que o período de rotación coincide co período de translación do satélite na súa órbita (fenómeno coñecido como rotación cativa). Ao segundo tipo pertencen os satélites que se trasladan ao redor do seu planeta seguindo órbitas que son elipses moi excéntricas, xeralmente moi inclinadas sobre o ecuador do planeta. Ademais, o movemento destes satélites sobre a súa órbita adoita ser de L a O. A causa da distancia que separa a Terra de todos os satélites (excepto a Lúa), en moi poucos casos foi posible a observación telescópica da súa superficie. No caso dos satélites de Marte, as fotografías feitas primeiramente polos vehículos Mariner e despois polos Viking demostraron que as súas superficies estaban cubertas de cráteres como a superficie da Lúa. Pénsase que os satélites regulares se orixinaron ao redor dos planetas a partir da nebulosa primitiva, dunha maneira semellante a como o fixeron os planetas ao redor do Sol. En cambio, crese que os irregulares apareceron máis tarde, unha vez que o sistema planeta-satélites normais estaba xa establecido, e foron o resultado da captura do planeta principal de certos asteroides que se aproximaron en masa.
-
satélite artificial
[COSMON]
Aparato que describe unha órbita ao redor dun planeta ou dun satélite. O lanzamento, que consiste en levar o aparato ata unha certa altitude, xeralmente fóra da atmosfera terrestre, conséguese grazas a un foguete lanzador ou ben unha lanzadeira espacial que fornece ao satélite da velocidade axeitada para que percorra unha órbita estable. Realmente, a órbita en que a coloca non é xeralmente a órbita final senón unha órbita de transferencia, a partir da que o sistema é impelido cara á órbita definitiva. Xeralmente é desde o apoxeo da órbita de transferencia que o satélite pasa á órbita final ao accionar o motor de apoxeo. Pódese poñer un satélite en diversos tipos de órbitas: nunha órbita baixa (8 1.000 km de altitude) que se emprega para a observación da Terra; nunha órbita polar que ten unha inclinación de 90°; nunha órbita case-polar que ten unha inclinación que é case unha órbita polar; ou nunha órbita xeosincrónica que é aquela en que o satélite ten un período de rotación ao redor da Terra igual ao período de rotación da Terra ao redor do seu eixe. No caso concreto de que esta órbita sexa circular, estea no plano ecuatorial e sexa percorrida en sentido directo, o satélite permanece fixo sobre un punto determinado da superficie terrestre e fálase de órbita xeoestacionaria, que a empregan especialmente os satélites de telecomunicacións. A órbita heliosincrónica é aquela en que a precesión do plano orbital é tal que este mantén unha posición fixa respecto ao Sol. Esta órbita é a que máis se emprega para facer observacións da Terra para comparalas ao longo do tempo. Polo que respecta á súa finalidade ou misión, os satélites artificiais poden clasificarse en satélites de telecomunicacións, de radionavegación, de observación da Terra, científicos e militares. En todos os casos, distínguese entre os satélites preoperativos, que son os prototipos con que se proban novos dispositivos ou técnicas, e os satélites operativos, que xa fan uso dos mellores desenvolvementos grazas aos anteriores. Os satélites de telecomunicacións empréganse como estacións intermedias que comunican sen obstáculos puntos do planeta moi afastados. Fálase neste caso de satélites de televisión directa. Os satélites de radionavegación e radiolocalización empréganse para localizar con precisión a posición de naves ou de aeronaves. Os satélites de observación da Terra son basicamente de dous tipos: os satélites meteorolóxicos, que toman imaxes da atmosfera co fin de estudar a evolución e de facer previsións a curto prazo; e os satélites de observación dos recursos naturais, que toman fotografías da superficie en determinadas canles espectrais, facilitan a confección de mapas temáticos. Polo que respecta aos satélites científicos, hai satélites astronómicos e satélites de investigación. Os satélites de telecomunicacións foron os primeiros en desenvolverse. Entre os de órbita baixa destacan os Echo e os Telstar. Os primeiros satélites xeoestacionarios foron o Syncom e o Early Bird, o INTELSTAT; despois apareceron os dous satélites Symphonie francoalemáns, os Molnija e Raguda soviéticos, os de organización Intersputnik, os Anik 2 e 3, e o RCA-Satcom cadanenses, entre moitos outros. Destacan o programa francés Télécom-1, OTS e ECS e Olympus da Axencia Espacial Europea. Polo que respecta aos satélites de televisión directa destaca o programa francoalemán TDF-1/TV-SAT. Os satélites de radionavegación son do tipo Transit. En canto aos satélites de radiolocalización, destaca o sistema integrado Argos-Sarsat--Kospas. A Axencia Espacial Europea desenvolveu o programa MARECS, que xestiona a organización internacional INMARSAT. Entre os satélites de observación da Terra, hai os meteorolóxicos, do que destaca o sistema de satélites de WWW (World Weather Watch), e os satélites de observación dos recursos naturais, do que destacan os Landsat estadounidenses, o SPOT francés e os ERS europeos. Tendo en conta os satélites científicos, hainos que se empregan en astronomía e outros en investigación fundamental. A organización INTELSTAT situou un gran número de satélites de comunicacións en órbita xeoestacionaria.
-
s
m
[ASTRON]
-
-
adx
Que acompaña ou depende doutra persoa ou cousa.
-
adx e s
m
Aplícase á persoa que depende doutra.
-
adx e s
m
Aplícase ao país ou estado que depende política ou economicamente doutro.
-
adx e s
m
Aplícase á poboación que está próxima a outra, máis importante, da que depende.
-
adx e s
m
[ANAT]
Aplícase ao órgano que segue un traxecto xunto con outro, como as veas ou os nervios que seguen o traxecto dunha arteria.
-
adx e s
m
[PAT]
Aplícase ás lesións secundarias próximas a unha lesión primitiva.
-
adx
-
s
m
[BIOL]
Elemento morfolóxico presente en certos cromosomas, que está separado do resto por un delicado filamento cromatínico.
-
palabra satélite
[LING]
Cada un dos vocábulos que rodean a unha palabra no campo asociativo, por sinonimia ou proximidade significativa, nunha liña metafórica, afectiva ou burlesca. Por exemplo, arredor da palabra cabeza xiran as palabras satélite testa ou cachola.