satén
satén
(< fr satin < lat seta‘seda’)
-
[TÉXT]
-
s
m
Tecido de seda, algodón, liño ou fibras químicas, cun urdido moi denso e de material brillante que forma longas bastas de urdido adxacentes.
-
satén da raíña
Satén de seis fíos e seis pasadas de curso, de ligamento irregular.
-
satén de China
Satén de algodón, con ligamento de satén de cinco que se emprega para facer forros.
-
satén de Lyon
Tecido de seda, normalmente negro, tinxida en madeixa, con urdido moi denso e ligamento de sarxa de tres. Pola súa densidade ten un aspecto parecido a un auténtico satén.
-
satén duquesa
Tecido de seda, tinxido en madeixa, branco ou negro, con ligamento de satén de oito. Emprégase para facer vestidos e forros de boa calidade.
-
s
m
-
s
m
Madeira dura de diversas árbores tropicais que se caracteriza pola complicación das súas veas.