"RC" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2791.
-
GALICIA
Escritor. Estudiou dereito e colaborou en varios xornais arxentinos. Escribiu as pezas teatrais La novia del hereje e Venganza de un alma.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Promotor de teatro afeccionado e técnico cultural. Vinculado ao colectivo Abrente, desde 1984 participou na recuperación da Mostra de Teatro de Ribadavia, ata convertela no Festival Internacional de Teatro, do que é director. Tamén dirixe outros eventos culturais, como a Feira do Teatro de Santiago de Compostela ou o Festival de Danza de Pontevedra.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dirixente anarcosindicalista. Coñecido como Diego Abad de Santillán, dirixiu o semanario Tierra y Libertad e fundou a revista Tiempos Nuevos. En 1938 incorporouse ao Comité Nacional del Frente Popular Antifascista e ao remate do conflito civil exiliouse en Francia e Arxentina, de onde regresou en 1976. Publicou Por qué perdimos la guerra (1940) e Contribución a la historia del movimiento obrero español (1962-1965).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquiveiro e escritor. Licenciado en Xeografía e Historia. Director do Arxiu Històric Municipal e responsable de patrimonio histórico do concello de Sant Andreu de la Barca (Barcelona). Instalado en Barcelona, en 1972 creou IDGA (Irmandade Democrática Galega), na que creou a revista O Mallo. Foi vicepresidente da Asociación de Amigos de la ONU e en 1972 presentou un informe sobre a situación das nacionalidades de España. Foi autor dos ensaios Castelao i Catalunya (1979), Nacionalidades colonizadas de Europa Occidental (1980), Castelao dende Catalunya (1988) e Os trobadores das terras de Chantada (2001). Publicou, entre outros libros de poesía, Do Faro ao Miño (1978), Memoria doutros corpos (1979), Aquarium: 1976-1981 (1982), Tempo precario (1972-1987) (1988), Paixón e rito (1993), Círculo de luz e xisto (1994), Rosto incompleto (1996), a obra teatral A proclama (1996)...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Estudiou dereito en Santiago de Compostela, fundou e dirixiu as publicacións La Pluma, La Semana e La Defensa de Galicia, e colaborou en O Tío Marcos da Portela e El Derecho. Da súa produción destacan Luchar por la patria, Gritos del alma, Volvoretas (1887), Chorimas (1890), Leenda de groria (1891) e Follas de papel (1892).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Artista plástico e fotógrafo. Licenciado en Belas Artes pola Universidad Complutense de Madrid (1988), cursou estudios na Escola de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos Ramón Falcón de Lugo. Profesor de fotografía na Escuela de Arte de Huesca. A súa pintura encádrase no informalismo de grandes superficies monocromas. Participou, entre outras mostras, na Bienal de Fotografía de Tenerife (1997). Recibiu entre outros galardóns, o Primeiro Premio de Gravado no II Certame Galego de Artes Plásticas (1985) e o Primeiro Premio no Certame de Artes Plásticas Díaz Pardo (1989) e, no eido da fotografía, o Primeiro Premio de Fotografía no Certame Fotográfico Internacional sobre o Camiño de Santiago e o Segundo Premio no Canon World Cup USA 94.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Fotógrafa. Licenciouse en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela. Expuxo individualmente na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela (1993) e, colectivamente, en Fotógrafos Galegos, en Viana do Castelo (1991), Novos Valores de Pontevedra (1991 e 1993), no Círculo de Bellas Artes de Madrid (1993) e na II e III Bienal de Artistas Galegas de Vigo (1990 e 1994). Obtivo o segundo premio no certame “Vigo: arquitectura y espacios urbanos” (1989) e o primeiro premio na campaña “Somos diferentes-somos iguais”, organizada pola Xunta de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político. Oficial da Armada partidario do liberalismo, participou no levantamento de Porlier (1815) e no de Ferrol (1820). Exiliado ao final do Trienio Liberal, retornou en 1832 e residiu en Vigo. Participou nos pronunciamentos liberais e progresistas, en 1840 e en 1843, nos que presidiu as Xuntas de Pontevedra. Representou a esta provincia na lexislatura 1836-1837.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e xornalista. Traballou como xefe de relacións exteriores de Unión Fenosa. Foi director da revista Fiestra, redactor xefe da revista Kilovatio e colaborou en Arriba. Tamén exerceu como correspondente do semanario financeiro Empresa 2.000. Escribiu Desde las últimas monteras (Premio Pérez Lugín, 1973), La barca amarilla (1966), Leyendas del kilowatio gallego, Farolas coruñesas e La fundación de los gallegos (Premio Pérez Lugin, 1984).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantante e compositor. Coñecido como Alberto Cortez, en Bélxica gravou os seus primeiros discos e logo estableceuse en España. Interpretou cancións do folclore popular e outras baseadas en textos de grandes poetas, como Antonio Machado, o Marqués de Santillana ou Lope de Vega. Deu recitais por Europa, Latinoamérica e EE UU, e como compositor é autor de éxitos como El abuelo, Castillos en el aire, Mi árbol y yo, En un rincón del alma e Cuando un amigo se va. Da súa discografía destaca Mr. Sucu Sucu (1963), El compositor, el cantante (1969), Distancia (1970), Equipaje (1972), A mis amigos (1975), A partir de mañana (1979), Castillos en el Aire (1980), Sueños y quimeras (1986), Coincidencias (1990), Fe (1998), Cortezías y Cabralidades (1998), En un rincón del alma (2001) e Después del amor (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor. Titulado en Arte Dramática polo Instituto del Teatro de Xixón, iniciou a súa actividade como actor en Asturias, en diversos espectáculos dos grupos Teatro del Norte, Quiquilimón, ou Toaletta. En 1996 instalouse no Carballiño, onde creou a compañía Nove Dous, e participou como actor nos espectáculos Sobre o dano que fai o tabaco (1997), Crimes anónimos (1998) ou Rexurdimento (2000). Ao mesmo tempo, desenvolveu un amplo labor como animador e monitor teatral nos concellos do Carballiño, Boborás, Lalín e Ourense.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado e político. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Afiliado ao Partido Republicano, foi alcalde da súa vila natal. Ao inicio da Guerra Civil trasladouse a Madrid, incorporouse ao Corpo Xurídico Militar e foi adscrito como fiscal a unha das Brigadas Internacionais. Pasou a Francia en 1939, onde foi recluído en campos de concentración ata que conseguiu embarcar cara a Santo Domingo, de onde se trasladou a Bos Aires a finais de 1940. Escribiu Alambradas: mis nueve meses por los campos de concentración (1941).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Cardeal. Coñecido como El Santo Gallego, pertenceu á orde dos dominicanos. Foi bispo de Badajoz (1853) e de Zaragoza (1858). Participou no Concilio Vaticano I e redactou a bula que definiu a infalibilidade do papa. O Papa Pío IX nomeouno cardeal da Orde dos Presbíteros.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arabista. Discípulo de Asín Palacios e de J. Ribera, fundou a revista Al-Andalus en 1933. Especialista en literatura árabe, é autor dunha vasta obra dedicada principalmente á relación da poesía andalusí coas orixes da lírica peninsular. Publicou, entre outros títulos, Las jarchas romances de la serie árabe en su marco (1965), Todo Ben Quzmān (1972) e Foco de antigua luz sobre la Alhambra (1988). En 1992 obtivo o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Coñecido como Rafael Canogar, foi discípulo de D. Vázquez Díaz en Madrid, onde tamén acudiu ao Círculo de Bellas Artes. Despois de desenvolver unha obra de características semellantes ás do seu mestre, interesouse pola obra de Picasso, Miró e outros vangardistas. Realizou a súa primeira mostra individual en 1954 e ao ano seguinte comezou a realizar as primeiras abstraccións que dende 1957 adquiriron un carácter informalista. En 1957 participou na fundación do grupo El Paso. En 1964 abandonou o informalismo e desenvolveu un novo realismo, cunha forte intención crítica ata que en 1975 retornou á abstracción xeometrizante. Participou en numerosas exposicións e recibiu, entre outros galardóns, o Gran Premio Internacional da Bienal de São Paulo (1971) e o Premio Nacional de Artes Plásticas (1982).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filólogo. Secretario Xeral de Política Lingüística. Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, cursou mestrado en Administración Local na mesma universidade. Foi responsábel do Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Estrada (1994-2011) e presidente da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) dende 1996 ata o 2002. En 2011 asume a coordinación técnica da Rede de Dinamización Lingüística e en xaneiro de 2012 foi nomeado Secretario Xeral de Política Lingüística.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Formouse na Escola de Artes e Oficios en Vigo. En 1949 trasladouse a París onde estudiou na École Nationale Supérieure de Beaux-Arts e en 1950 traballou en Londres co escultor Frank Dobson. Cunha obra de matices abstractos e xeometrizantes, as súas esculturas posúen valores expresivos en volumes avultados. Residente en Bos Aires, dedicouse á docencia e realizou diversas exposicións con obras de gran formato. Participou nas bienais internacionais de São Paulo, La Habana e Barcelona.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filólogo. Licenciouse en Filoloxía Románica pola Universidad de Oviedo e doutorouse na Universidad Complutense de Madrid coa tese Ideas Lingüísticas en España durante el siglo XVI (1958, premio nacional de investigación Antonio de Nebrija 1958, publicada co título Contribución a la historia de los conceptos gramaticales (la aportación del Brocense), en Revista de Filología Española, 1960). Desde 1951 foi bolseiro e colaborador do Instituto de Filología e do Comité de Latín Medieval Hispánico, ambos do CSIC. Foi profesor axudante das cátedras de Gramática Xeral e Gramática Histórica da Lingua Castelá (1953-1959), encargado do Seminario de Filoloxía Románica da Universidad Complutense de Madrid e colaborador do Seminario Menéndez Pidal, no que traballou con Ramón Menéndez Pidal e Rafael Lapesa na confección do Glosario del español primitivo (inédito). Ocupou o lectorado de castelán na Universidade de Bonn (1960-1966) onde colaborou cos profesores Harri Meier e E. Coseriu....
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo. O éxito do seu drama El trovador (1836) marcou un fito no desenvolvemento do drama romántico castelán e o tema da ópera de Verdi de 1853. Non obstante non tivo continuidade nas súas obras sucesivas: El rey monje (1837) ou Simón Bocanegra (1843), entre outras. Venganza catalana (1864) e Juan Lorenzo (1865) superaron defectos das anteriores e acadaron novos éxitos.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Pertencente ás Irmandades da Fala, dirixiu publicacións como Azul y blanco e Heraldo de Villalba. A súa poesía foi recollida postumamente en Charetas (1973).
VER O DETALLE DO TERMO