"lla" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2798.

  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Almería, Andalucía. Esténdese cara á esquerda do río de Aguas (1.761 h [1996]). Do seu patrimonio cultural destaca o Molino de la Cueva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de burbullas que forma un líquido ao ferver ou ao caer dun sitio alto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Químico. Estudiou ciencias nas universidades de Salamanca e Madrid. Despois do seu doutoramento, traballou no Instituto Politécnico de Zúric. En 1924 acadou a cátedra de Química Orgánica na facultade de ciencias da Universidad de Granada. Realizou o seu labor investigador sobre os xantoxenatos, a síntese de policetonas, os derivados do pineno, a oxidación de nitrobencilaminas, a condensación de naftilamina con derivados oxálicos, os produtos de reacción do óxido de mesitilo con aminas, e a formación, reactividade e utilidade dos derivados de nitrilo. Publicou os resultados dos seus estudios en Anales de Química.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar austríaco, conde de Campo e duque de Lucera. Mariscal das forzas imperiais durante a Guerra dos Trinta Anos, participou no sitio de Mantua (1630) e na defensa de Bohemia (1631). Sucedeu a A. E. W. von Wallenstein, despois de conspirar contra el, e foi derrotado polo exército sueco en Nordlingen (1645).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Agrónomo e xenetista. Estudiou agronomía na Universität Hohenheim (Stuttgart), onde obtivo en 1914 un título equivalente ao de enxeñeiro agrónomo. En 1917 marchou a EE UU para ampliar os seus estudios en xenética agraria, de mans de Th. Morgan, en química analítica e en patoloxía vexetal. En 1921 converteuse no primeiro director da Misión Biolóxica de Galicia e, instalado na Escola de Veterinaria de Santiago, iniciou os seus primeiros traballos co obxectivo de abordar problemas de aplicación inmediata á agricultura e á economía rexional. Centrouse nas enfermidades do castiñeiro, na mellora da produción de millo mediante hibridación e na busca da variedade de pataca máis axeitada ao medio físico galego. Tamén se dedicou á gandería, primeiro coa realización de estudios sobre gando vacún e porcino. Fundou con Daniel de la Sota o Sindicato de Productores de Semillas e realizou traballos e conferencias nos que falaba de cooperativismo e créditos agrarios. Pertenceu ao Seminario de Estudos Galegos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de bacterias do ferro que se caracteriza, sobre todo, por ter un pedúnculo que provén da secreción da célula, que consiste nunha franxa retorta en espiral impregnada de hidróxido de ferro. Son inmóbiles, oxidan o ferro e fíxano, polo que se utilizan como indicadores da presenza de ferro disolto e reducido no medio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de gamallas ou de pólas dun arbusto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe mítico que habita as pozas do río Tea, que atrapa cunha gancha os nenos que andan preto do río para afogalos. Ten a función de lles meter medo aos rapaces e evitar así que corran riscos na proximidade do río. Do mesmo curso fluvial cóntase que “o río Tea, se non almorza, cea”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • carabullada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Militante do Partido Moderado, durante o Sexenio Liberal fundou, xunto co conde de Toreno, o xornal El Tiempo, desde o que traballou pola restauración monárquica, coa que foi ministro de Facenda (1876-1877) e gobernador do Banco de España (1896-1897). Representou a Galicia como deputado polo distrito de Viveiro en 1864-1865 e foi elixido senador por Lugo en 1876. Foi membro da Real Academia de Ciencias Morales y Políticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. Profesor das universidades de Barcelona (1933-1954) e Madrid (1954-1970?), centrou os seus estudios na análise económica e social da Idade Media. Discípulo de C. Sánchez Albornoz, formou parte do Centro de Estudios Históricos. Das súas obras destacan Historia de España (De los orígenes a la baja edad media) (1952), Historia de las instituciones españolas (De los orígenes al final de la edad media) (1968) e El feudalismo hispánico y otros estudios de historia medieval (1985).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe de Alfoz, no partido de Vilalba. As súa armas traen escudo cortado: primeiro, en campo de ouro, unha cruz flordelisada de goles; medio partido, cosido do mesmo, con banda de goles cargada do “Ave María”, en letras de ouro; segundo, en campo de prata, seis besantes de azul, postos tres, dous e un.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor galego. Da súa produción destaca “A Rosalía Castro: Ecos de Follas Novas”, en Homenaje a Rosalía Castro de Murguía (1899), e “A velliña” (1917).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Cantautor. Formou parte do grupo Voces Ceibes. Da súa discografía destaca Pola unión (1977) e Os nomes das cousas (1978).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empregado do ferrocarril que ten ao seu cargo o manexo das agullas nos cambios de vía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto, deseñador e interiorista. Evitou o esquematismo formal do racionalismo e as arbitrariedades da arquitectura orgánica. Das súas obras destacan a Padiglione d’arte contemporanea (PAC) en Milán (1944-1947), a Mensa Olivetti en Ivrea (1953-1959) e a reforma do Teatro Carlo Felice en Xénova (1981-1990) con Aldo Rossi. Foi membro do CIAM.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Risa ruidosa, prolongada e sonora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colar fino e curto que queda cinguido ao pescozo.

    VER O DETALLE DO TERMO