Gancha de Vella
Gancha de Vella
[ETN]
Personaxe mítico que habita as pozas do río Tea, que atrapa cunha gancha os nenos que andan preto do río para afogalos. Ten a función de lles meter medo aos rapaces e evitar así que corran riscos na proximidade do río. Do mesmo curso fluvial cóntase que “o río Tea, se non almorza, cea”.