"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Psicóloga estadounidense. Coa obra The Feminine Mystique (1963), na que teorizou sobre o rol feminino tradicional na sociedade occidental, converteuse nunha figura destacada do feminismo. En 1966 foi cofundadora da National Organization for Women (NOW), que presidiu ata 1970, para a loita pola igualdade de dereitos para as mulleres. Posteriormente publicou It Changed My Life: Writings on the Women’s Movement (1976), The Second Stage (1982) e The Fountain of Age (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. Publicou os seus primeiros traballos en Esquire, Art in America, McCall’s, Seventeen e Sport Illustrated. Conseguiu dúas bolsas da Fundación Guggenheim en 1960 e 1962 para retratar os cambios na sociedade americana, que recolleu no seu libro Self-Portrait (1970). Expuxo na George Eastman House de Rochester (1963) e no MOMA de Nova York (1967 e 1972). Ademais, publicou Work from the Same House (1969), American Monument (1976) e Flowers and Trees (1981).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teórico e historiador da arte. Destacou polos estudios sobre pintura neerlandesa dos ss XV, XVI e XVII e pola súa achega metodolóxica. Entre as súas obras destacan Die frühen niederländischen Maler von Van Eyck bis Bruegel (Os pintores primitivos flamengos de Van Eyck a Brueghel, 1921) e Die altniederländische Malerei (A pintura antiga neerlandesa, 1924-1937).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sociólogo. Foi autor de numerosos traballos sobre socioloxía industrial e das ocupacións, como Problèmes humains du machinisme (1947), Où va le travail humain? (1950) e, en colaboración con Pierre Naville, Traité de sociologie du travail (1961).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. En 1990 recibiu o Premio Nobel de Física, xunto con H. W. Kendall e R. E. Taylor, polos experimentos que realizaron entre 1967 e 1973, que significaron a primeira comprobación experimental da existencia real dos quarks.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. Creador da teoría monetarista, que recomenda unha xestión liberal do Estado en economía, dentro da tradición conservadora da Escola de Chicago. Publicou Essays in Positive Economics (1953), A Program for Monetary Stability (1959), Capitalism and Freedom (1962), Tax Limitation. Inflation and the Role of Government (1978), e Monetarist Economic (1991). En 1976 foille outorgado o Premio Nobel de Economía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo coñecido co pseudónimo de Robert Capa. Estudiou ciencias políticas, socioloxía e xornalismo en Berlín. En 1932 comezou a traballar no laboratorio fotográfico da axencia Dephot. En 1933 instalouse en París, fuxindo dos nazis, e coñeceu os que posteriormente cofundaron a axencia Magnum. Dende 1936, como fotógrafo independente, especializouse na elaboración de documentais sobre movementos políticos e guerras; a súa primeira reportaxe realizouna durante a Guerra Civil española no bando republicano, onde obtivo a súa fotografía máis coñecida, Miliciano ferido de morte (1936). Durante a Segunda Guerra Mundial traballou como correspondente para as revistas Life e Collier’s. Nas súas imaxes tentaba transmitir o sufrimento dos pobos durante as guerras, onde se amosaba contrario a estas, ás inxustizas e á represión dos inocentes. En 1947 fundou a axencia Magnum xunto con Cartier-Bresson, David Saymour e George Rodger. Documentou tamén os enfrontamentos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo, coñecido como Cornell Capa. Estudiou en París mentres axudaba o seu irmán, Robert Capa, na preparación das fotografías que obtivera este na Guerra Civil española. Marchou para os EE UU en 1937, onde traballou para a revista Life. Alí substituíu o seu irmán na axencia Magnum despois da súa morte en 1954. Traballou como reporteiro gráfico para diversas revistas ilustradas internacionais. Xunto con B. Karia, editou o libro Robert Capa: 1913-1954 (1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ecuación para a evolución do Universo que pode derivarse da teoría de gravidade de Einstein e do suposto de que o Universo é homoxéneo (vese igual en cada punto) e isotrópico (vese igual en toda dirección). A solución da ecuación de Friedmann explica, entre outras cousas, cómo a distancia entre as galaxias cambia co tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo irlandés. Mestre de profesión, comezou a súa traxectoria literaria como narrador, escribindo relatos ambientados nas terras occidentais de Irlanda, ao tempo que compoñía textos dramáticos para a BBC. Na súa obra sempre están presentes os aspectos máis destacados da realidade social irlandesa, como a emigración ou a perda da identidade e da conciencia nacional, representada na desaparición da lingua gaélica, cuestión que agroma nun dos seus textos máis coñecidos, Translations (Traducións, 1980). En 1996, a compañía Espello Cóncavo estreou o espectáculo Bailando en Verán, creado a partir da versión galega da súa obra Dancing at Lughnasa, realizada por Miguel Pérez Romero, con dirección de Arturo López. En 1980 creou a Field Day Theatre Company.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor suízo. Influenciado pola pintura flamenga, o seu sentido do espazo foi renacentista. Foi autor de obras como Estigmas de san Francisco, A predicación de santo Antonio (1506) e O retorno de Exipto (1512).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación que reciben os insectos da orde dos tricópteros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Málaga, Andalucía, situado ao N de Nerja, ao pé da serra de La Almijara (2.149 h [1996]). A economía está baseada na agricultura (cereais, oliveiras, viñas, patacas e cana de azucre). Tamén posúe industrias derivadas. Do seu patrimonio cultural destacan a necrópole paleopúnica do Cerrillo de las Sombras, o barrio mourisco mudéxar de Barribato e a casa dos Manrique de Lara (s XVI).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo e arqueólogo inglés. En 1850 abriu unha editorial e a partir dese momento dedicouse a fotografar ruínas de catedrais e pontes ferroviarias. Realizou tres viaxes a Exipto e Palestina (1856-1860), onde empregaba o proceso do colodión húmido; alí conseguiu imaxes de diferentes desertos. Ao seu regreso a Inglaterra vendeu unha serie de vistas que se recollían en 76 álbums co título de Egypt and Palestine Photographed and Described by Francis Frith. Outras tantas imaxes apareceron reunidas en 60 álbumes titulados Cairo, Sinai, Jerusalem and the Pyramids of Egypt. Co tempo especializou a súa editorial Frith & Co en tarxetas postais e contratou fotógrafos de todo o mundo para que lle subministraran diferentes vistas. Ademais, publicou o traballo doutros destacados fotógrafos do momento, como Roger Fenton.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Friuli, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Natural ou habitante de Friuli.

    3. Lingua románica occidental falada nas provincias de Udine, Gorizia e Pordenone (rexión de Friuli-Venecia-Xulia), que se engloba dentro do retorrománico (romance alpino ou galoalpino), xunto ao romanche e ao ladino.
      Evolución histórica
      Procede do latín falado na zona de Aquilea, sometido á influencia de diversos substratos, en especial o celta. Na súa conformación participaron tamén os superestratos xermánico e véneto, e os adstratos alemán, eslavo, véneto e, sobre todo, italiano. Os primeiros termos friulanos documéntanse no s XII, e o primeiro texto integramente en friulano é a Lista de inscritos na confraría dos azoutados de Cividale (s XIII). Do XIV son uns fragmentos de gramática e exercicios de versión do friulano ao latín e os primeiros textos poéticos: Piruç myo doç inculurit, anónimo, e Biello dumlo di valor, de Simon di Vitôr; de finais de século é a composición popular E la four dal nuestri chiamp. Os grandes autores...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente a Friedrich Wilheim August Fröbel ou á súa pedagoxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tipógrafo alemán. Impresor en Basilea (1491), introduciu en Alemaña os caracteres tipográficos itálicos e romanos. Publicou diversos libros de Erasmo, de quen era amigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático. Foi profesor na Universidade de Berlín. Investigou nas ramas máis elevadas da álxebra, en conexión coa teoría das funcións e dos grupos. Os numerosos teoremas que levan o seu nome representan un enriquecemento da álxebra clásica e constitúen un dos puntos de partida da álxebra moderna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo de orixe xermánica, composto de Frauji ‘señor’ e land ‘terra, patria’. San Froilán (833-905) é patrón do concello de Lugo. A súa festa celébrase o día 5 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO