Friedmann, Andrej

Friedmann, Andrej

Fotógrafo coñecido co pseudónimo de Robert Capa. Estudiou ciencias políticas, socioloxía e xornalismo en Berlín. En 1932 comezou a traballar no laboratorio fotográfico da axencia Dephot. En 1933 instalouse en París, fuxindo dos nazis, e coñeceu os que posteriormente cofundaron a axencia Magnum. Dende 1936, como fotógrafo independente, especializouse na elaboración de documentais sobre movementos políticos e guerras; a súa primeira reportaxe realizouna durante a Guerra Civil española no bando republicano, onde obtivo a súa fotografía máis coñecida, Miliciano ferido de morte (1936). Durante a Segunda Guerra Mundial traballou como correspondente para as revistas Life e Collier’s. Nas súas imaxes tentaba transmitir o sufrimento dos pobos durante as guerras, onde se amosaba contrario a estas, ás inxustizas e á represión dos inocentes. En 1947 fundou a axencia Magnum xunto con Cartier-Bresson, David Saymour e George Rodger. Documentou tamén os enfrontamentos en Palestina e Camboxa. Publicou Death in the Making; Slightly Out of Focus e, postumamente, Images of War (1964). A súa obra expúxose nos principais museos do mundo. Trala súa morte, estableceuse unha fundación co seu nome, que posteriormente deu pé á creación do Centro Internacional de Fotografía.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Budapest

  • Deceso

    Lugar : Phai Binh, Vietnam