"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
GALICIA
Escritor e mestre. Publicou as pezas teatrais A parroquia (1976), que resultou finalista no Premio Abrente de Ribadavia; A fraga encantada (1987), Sala de espera (1992), A sombra da memoria (1999) e Asubío, Fina e Petra, xente moi lareta (2005). Das súas obras poéticas destacan Gándaras (1971), Terra e pan (1975), Ofidios de diario (1984, Premio Eduardo Pondal e finalista das I Xustas Literarias Galegas), Na vertical da noite (Premio Cidade de Ourense 1989), No corazón mancado (Premio Esquío 1989), Rotación violeta (1996) e Banzados (Premio Uxío Novoneyra 2000). No apartado antropolóxico salientan Os vellos oficios (1996), A tribo sabe (1999) e Tal era vivir (2004), e en narrativa escribiu Lume de biqueira (1999), Quen faga voar (2001, Premio Carvalho Calero 2000), A memoria do boi (2001, Premio Torrente Ballester 2000 e Premio de la Crítica...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e xurista. Licenciado en Dereito e secretario da administración local, foi conselleiro na Xunta Preautonómica (1980-1981) e participou, en representación da UCD na Comisión dos 16. Foi deputado no Parlamento de Galicia por UCD (1981-1985), Coalición Popular (1985-1989) e PP (1985-1997). Foi conselleiro de Educación e Cultura (1983-1986) e de Relacións Institucionais e Portavoz do Goberno, Cultura e Asuntos Parlamentarios (1990-1997). Foi senador por designación da Comunidade Autónoma (1997-2000) e por Pontevedra desde 2000.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador. Colaborou en diversas publicacións como Cuadernos de Estudios Gallegos sobre temas de historia, da comarca de Ferrol e da historia da Igrexa en Galicia. Destacan “Crónicas nedenses”e “Esbozo de una biografía de Rosalía”, ademais dos artigos sobre Sargadelos e a súa cerámica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Hellín, Albacete 19.1.1870 - Santiago de Compostela 13.12.1952) Pintor. Creador da escola compostelá de pintura, formouse na Escuela de Artes e Oficios de Murcia e nas escolas superiores de belas artes de València e Madrid. Ingresou no exército e en 1899 trasladárono a Santiago de Compostela, onde comezou a destacar como pintor de escenas militares. Foi profesor na Real Sociedad de Amigos del País (1919-1938), na Escola de Artes e Oficios (1927-1936) e no Instituto Diego Xelmírez. No seu estudo formáronse dúas xeracións de pintores. Foi un dos organizadores da Sociedade Galega de Amigos da Arte. Cultivou unha pintura naturalista e realista que reproducía fielmente a natureza cunha base ecléctica e academicista. Pintou retratos, nos que tratou de reproducir a fisionomía e a psicoloxía do retratado. Destacan Don Salvador Parga Torreiro (1901), Don José Varela de Limia y Menéndez, Cardenal Lago González, García Barbón (1908), Don Antonio López Ferreiro (1929) e os seus diversos autorretratos....
-
PERSOEIRO
Gravador e prateiro. Realizou estampas de cores de temática relixiosa, das que destacan La Virgen de la Silla ou La Virgen de la Rosa. Gravou tamén obras de pintores coñecidos como El niño de Vallecas de Velázquez ou Pastorcita de Zurbarán.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xosé Manuel Vázquez Martínez.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Método de exploración cardiolóxica que permite coñecer a corrente de acción do corazón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rexistro fotográfico, nos planos frontal, horizontal e saxital, das proxeccións da asa do vector espacial da corrente do corazón.
-
-
Que transporta ou conduce.
-
Axente que transporta un patóxeno dun organismo a outro.
-
-
Elemento dun espazo vectorial que se define tomando a orixe e o extremo. A recta que une os dous puntos determina a dirección do vector, e o sentido é o que vai desde a orixe ao extremo. A lonxitude do vector denomínase módulo.
-
vector propio
autovector.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente a un vector.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro que puido estar situado na Veiga (Celanova). Está documentado no s XII.
-
GALICIA
Historiador. Profesor de historia contemporánea na Universidade da Coruña, especializouse en temas de historia social de Galicia. Das súas obras destacan A sociedade galega da Restauración na obra de Pardo Bazán (1875-1900) (1987), Agitacións campesinas na Galiza do século XIX (1995), Galiza na II República (2000) e O agrarismo galego (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Industrial. Instalado en Vigo, destacou como empresario do sector conserveiro e como armador de buques. Benfeitor da cidade, foi o artífice con N. Taboada Leal do lazareto de San Simón, creou as primeiras escolas modernas, a primeira casa de baños e o primeiro teatro da cidade, inaugurado en 1832 na praza da Princesa e que funcionou ata 1880.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de Madrid, situado ao L da capital, entre os núcleos de Torrejón de Ardoz e Arganda (8.202 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura e na gandaría.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo Testamento.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Motocicleta con motor de pouca cilindrada ou bicicleta provista dun motor auxiliar.
-
PERSOEIRO
Relixioso e poeta. Bispo de Poitiers (597), escribiu 11 libros de Carmina ou Miscellanea, que, ademais de biografías de santos, conteñen tamén himnos, elexías, consolacións e epitalamios. Foi o primeiro poeta medieval da Galia. Iconograficamente representouse vestido de bispo, co palio sacro. A súa festividade celébrase o 14 de decembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á caza.
-
-
Acción e efecto de vencer ou de ser vencido.
-
Cumprimento do prazo fixado para algo.
-
Acción de vencer ou ceder algo polo peso doutra cousa.
-
-
REXIÓNS
Rexión do NL de Italia (18.391 km2; 4.490.586 h [2001]). A capital é Venecia. Esténdese entre a fronteira austríaca, o Mar Adriático de N a S, e entre Friúl-Venecia Xulia, no L, Trentino-Alto Adige e Lombardía, no O, e Emilia-Romaña no S. Morfoloxicamente, distínguese un sector montañoso, que constitúe a zona meridional do sector oriental alpino, ao N, e a chaira, ao S. A zona montañosa, ou conca superior do Piave, corresponde aproximadamente coas Dolomitas orientais. A chaira véneta é o resultado da enchente dun gran golfo por unha gran masa de materiais de aluvión cuaternarios. O clima é variado, e vai do alpino, na alta conca do Piave, ao mediterráneo, ao S. A rede hidrográfica está formada polo Piave, o Brenta e o Adige, ríos alpinos, á parte do Po, río marxinal que sinala o límite meridional da rexión. A agricultura é a actividade tradicional. Poboado polos vénetos, durante o Imperio Romano foi unha das 17 provincias da diocese de Italia. A causa das invasións...
VER O DETALLE DO TERMO