"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Relativo ou pertencente ao furano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto heterocíclico pentagonal osixenado de carácter aromático. É un líquido incoloro, insoluble en auga e soluble en alcohol, éter e outros disolventes orgánicos. Prepárase industrialmente por descarboxilación do ácido 2-furoico, que se obtén por oxidación do furfural. Reacciona por substitución electrófila máis facilmente ca o benceno. O furano pódese reducir cataliticamente e dá tetrahidrofurano (THF). Como o seu carácter aromático é moderado, pódese comportar como un dieno na reacción de Diels-Alder.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mamífero insectívoro da familia dos sorícidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma hemiacetálica cíclica, con anel de cinco membros (anel de furanosa), catro átomos de carbono e un de osíxeno, que poden presentar as hexosas, as pentosas e os seus derivados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos glicósidos en que o monosacárido do que derivan está en forma de furanosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Eclesiástico e avogado, escribiu Poésies diverses (1655), Roman bourgeois (1666), Voyage de Mercure (1671), Fables morales (1671) e Ditionnaire universel (1684). Tamén fixo un dicionario máis completo ca o da Academie Française, feito que lle valeu a expulsión da institución (1685); como vinganza fixo circular os epigramas Factums.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Danza popular de orixe checa, rápida e con cambios de ritmo reiterados (2/4 a 3/4 e viceversa). Smetana e Dvořák introducírona na música culta europea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Cultivou o tema mitolóxico cun estilo refinado. Traballou na decoración do Palazzo Pitti cos frescos Lorenzo il Magnifico nell’Accademia Platonica e l’Allegoria della morte del Magnifico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Membro do PC dende 1918, publicou Čapajev (1923), M’atez (1923-1924) e V semnadcatom godu (1925).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor suízo. Adoptou para o seu nome a grafía Henry Fuseli. Foi un dos precursores da nova sensibilidade estética, baseada na fantasía e nas visións sobrenaturais. Entre as súas obras destacan The Nightmare (1977) e Lady Macbeth seizing the Daggers (1812?). Escribiu Lectures on Painting (1801) e traduciu Reflections on the Painting and Sculpture of the Greeks (1765) de Winckelmann.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, novelista e dramaturgo. Os seus dramas están dominados polo recoñecemento tráxico da imposibilidade de que o home se realice plenamente e, en conxunto, a súa obra caracterízase pola indagación do subconsciente e a crítica irónica da sociedade. Destaca a súa obra IV Henrik király (1931).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tecido con urdido de liño e trama de algodón, con ligamento de sarga e cardado polo revés, que servía para forro, colchóns, coxíns, etc; difundiuse desde o s XIII desde Italia e en substitución dos panos de calidade.

    2. Tecido forte de algodón cunha cara cardada e moi peluda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘pao’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, e tamén do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘pao’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, e tamén do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘malleira’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • San Lourenzo de Fustáns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. Foi un dos primeiros historiadores que estudiou o pasado como unha sucesión lóxica dos feitos. Entre as súas obras destacan La cité antique (1864) e Histoire des institutions de l’ancienne France (1875-1892).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello da Comunidad Foral de Navarra, situado ao SL da cidade de Tudela, á dereita do río Ebro (2295 h [1996]. Destaca a agricultura (cereais, remolacha azucreira e hortalizas), a gandería (ovina e avícola) e as industrias derivadas. Concedido o seu señorío no 1142 aos Hospitalarios de San Juan, converteuse en 1189 na sede da encomenda. Do seu patrimonio cultural destaca a igrexa da Asunción (s XII-XVI).

    VER O DETALLE DO TERMO