"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • SEMANARIOS

    Semanario de tendencia republicana editado na Coruña a partir de 1905. Cesou a súa edición ao redor de 1913. Tiña unha tiraxe de 800 exemplares e difundía información económica e comercial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Santiago de Compostela a partir de 1872. Subtitulouse “Diario de noticias y anuncios”. Malia que nun principio se declaraba independente, co tempo converteuse en republicana. Contaba con obradoiros tipográficos propios e incluía, ademais de información xeral, crónica local e espectáculos. En 1873 pasou a denominarse Diario de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico, pintor e coleccionista de arte francés. Coñecido como Van Ryssel, foi un dos mecenas do impresionismo. Patrocinou, entre outros, a Manet, Degas, Renoir, Pisarro, Cézanne e Van Gogh, que o retratou. O seu fillo legou a súa colección de arte ao Musée du Louvre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Editor e xornalista. Editor adxunto do Diario 2 de Canal Sur. Colaborador dos semanarios Signo, El Euorpeo, Actualidad Económica e Triunfo, do Diario SP, de El Ideal Gallego (1972-1982), de La Voz de Galicia (1982-1987), de A Nosa Terra e da Axencia Galega de Noticias (AGN), foi director da revista Mancomún (1980-1981) e do Diario de Galicia (1988). Participou na edición do libro Galicia: realidad económica y conflito social (1978), e escribiu, xunto con Manuel Rivas, Informe dunha frustración (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo alemán. Centrou os seus estudios nos métodos das ciencias humanas e buscou harmonizar a verdade e a historia. Das súas obras destacan Wahrheit und Methode (Verdade e método, 1960), Dialogue and Dialectic (1980) e Plato’s dialectical ethics: phenomenological interpretations relating to the Philebus (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ferramenta agrícola empregada para segar, que está formada por unha folla longa e curva, rematada en punta, e un mango tamén longo co que se vai manexando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Golpe ou corte que se dá cunha gadaña ou cun gadaño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Segar coa gadaña ou co gadaño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que sega coa gadaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ferramenta agrícola semellante á gadaña, pero coa folla máis pequena e ancha, empregada habitualmente para cortar o toxo e a maleza.

    2. Apeiro de labranza de folla curva, grosa e forte que se emprega para rozar.

    3. Ferramenta de mango longo e dous gallos de ferro, empregada para arrincar o esterco.

    4. Aparello de marisqueo empregado na rastreadura de ameixas desde unha embarcación. Está formado por unha especie de rastro con dentes de ferro terminados en curva, duns 80 cm de lonxitude, amarrados entre si sobre unha platina, da que parte un mango de madeira longo; á súa vez, os dentes están recubertos por unha rede ou tea metálica moi fina para reter os mariscos que se desenterran ao arrastralo polo fondo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antonio Esteve Ródenas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Cádiz ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Cádiz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tommaso de Vio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Presidente da Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Vilagarcía, ingresou no Partido Demócrata Popular en 1984. Foi elixido deputado por Pontevedra no Congreso nas lexislaturas Constituínte (1977-1979) e I (1979-1982), pola UCD; e deputado do Parlamento galego na II lexislatura (1985-1989) por Coalición Popular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariño. Sublevou a península do Morrazo contra as tropas napoleónicas, participou na Batalla de San Xurxo de Sacos contra os franceses instalados en Pontevedra e no segundo combate de Pontesampaio dirixiu un grupo de lanchas. Xunto co seu irmán Antonio, axudou no cerco de Vigo cunha escuadrilla de lanchas de Cangas, ás que equiparan con armamento, e participou ademais con Cachamuíña na derruba da porta de Gamboa durante a reconquista de Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Romance popular que narra a derradeira viaxe de peregrinaxe de Guillerme X, duque de Aquitania (1127-1137) e fillo do primeiro trobador coñecido, a Compostela. A primiera versión escrita apareceu en Galicia, de M. Murguía, e a segunda en Literatura Gallega, de E. Carré Aldao. A amizade persoal que Gaifeiros (725-768) tiña co arcebispo Xelmírez levouno en 1121 a escribirlle unha carta pedíndolle protección para Afonso VII de Castela contra Urraca, pois a inimizade co rei de Aragón impedíalle o paso polos seus territorios para se dirixir a Compostela. Despois de facer testamento en 1137 a prol da súa filla Leonor, Guillerme X fixo a súa última peregrinación pero, antes de chegar, caeu enfermo e morreu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONDADOS

    Condado de Irlanda, en Connacht (6.149 km2; 188.854 h [1996]). A capital é An-Gaillimh (57.363 h [1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (283-296). Prohibiu que se ordenase bispo a quen non exercera outros ministerios inferiores. A súa festa celébrase o 22 de abril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Foi un dos fundadores da revista Arte e estivo vinculado ao movemento simbolista. Publicou Chave verbal (1916), Da poesia na educação dos gregos (1917), O santo (1927) e Sulamite (1928).

    VER O DETALLE DO TERMO