"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Vítor Manuel II de Italia.
-
PERSOEIRO
Rei de Italia (1900-1946) e de Albania (1939-1943) e emperador de Etiopia (1935-1941), fillo e sucesor de Humberto I. Acabou, con éxito, a guerra en Libia (1911-1912) e interveu na Primeira Guerra Mundial, pero a partir de 1922 tolerou que o fascismo se asentase en Italia. Baixo a influencia de Mussolini, consentiu a guerra de Etiopia (1935), a axuda ás tropas franquistas na Guerra Civil en España (1936-1939), a anexión de Albania (1939) e a entrada de Italia na Segunda Guerra Mundial ao lado de Alemaña. En 1943 autorizou o golpe de estado que derrocou a Mussolini e pediu o armisticio aos aliados. En 1944 nomeou lugartenente do reino o seu fillo Humberto II, en quen abdicou en 1946. Exiliouse a Exipto.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador romano de Occidente (384-388). Ocupou o trono ao mesmo tempo ca o seu pai, o usurpador Máximo. Encargado de defender a Galia, o galo Arbogasto, xeneral de Teodosio, venceuno e matouno.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar romano. Foi martirizado por orde do Emperador Maximiano, por negarse a facer sacrificios en honor a Xúpiter. Condenado a morrer moído, as moas do muíño fenderon, e finalmente foi decapitado. Represéntase con clámide militar romana ou con armadura de cabaleiro medieval e unha roda dentada ou un muíño de vento en miniatura. A súa festividade celébrase o 22 de xaneiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción de vencer nunha loita ou nunha competición.
-
Representación plástica da vitoria ou da deusa Vitoria. A iconografía romana reelaborou os tipos gregos de níkē para ilustrar as vitorias dos emperadores en relevos históricos, moedas ou na glíptica.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Coche descuberto de catro asentos e provisto dunha capota plegable que pode cubrir a metade.
-
CAPITAIS
Capital do estado de Espírito Santo, Brasil (309.507 h [estim 2004]). Centro comercial e porto da costa atlántica, na illa homónima, dentro da baía tamén homónima, ten industria metalúrxica, téxtil, do calzado e alimentaria.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Divindade romana personificación da vitoria, análoga á grega Níkē.
-
CIDADES
Cidade do estado de Bahia, Brasil, situada na serra de Periperi (281.684 h [estim 2004]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome con que é coñecida unha níkē rodia de mármore realizada a finais do s III a C ou comezos do s II a C, para conmemorar a vitoria naval de Demetrio I de Macedona en Salamina (306 a C). Descubriuse en Samotracia en 1863 e outros fragmentos atopáronse en 1954. Destaca o vigor e o movemento do torso e das ás, amplificado pola curva da proa que lle fai de pedestal
-
PERSOEIRO
Raíña de Gran Bretaña e de Irlanda (1837-1901) e emperatriz de India (1876-1901), filla do príncipe Eduardo de Inglaterra, duque de Kent, e sucesora de Guillerme IV. En 1840 casou con Alberte de Saxonia--Coburgo-Gotha. Durante o seu reinado adoptouse o librecambismo, fundouse o Labour Party (1900), levouse a termo a segunda reforma electoral (Disraeli, 1867) e tivo lugar a grande empresa colonial. Sucedeuna o seu fillo Eduardo VII.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de España, neta de Vitoria I de Inglaterra. Convertida ao catolicismo, o 31 de maio de 1906 casou co Rei Afonso XIII, día no que foron obxecto dun atentado anarquista. En 1931, coa proclamación da Segunda República Española, exiliouse a Francia e posteriormente a Italia. Separada do seu home, viviu en Reino Unido e, durante a Segunda Guerra Mundial, retirouse a Lausanne. Os seus restos foron trasladados ao Real Monasterio de San Lorenzo de El Escorial en 1985.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo. Foi profesor en San Gregorio de Valladolid e en Salamanca. Escribiu Relectiones theologicae (1557). Considerouse o pai do dereito internacional pola súa visión da comunidade humana universal e a necesidade de leis internacionais baseadas no dereito natural.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Virxe e mártir romana. Morreu turrada por un boi despois de que lle cortaran a lingua. Represéntase vestida con túnica e palio e leva como atributos unha tarasca e unha lanza ou un puñal no peito. A súa festividade celébrase o 27 de agosto.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital de Áraba e de Euskadi (216.852 h [2001]). Situada entre as Montañas Vascas, os Prepireneos meridionais e o Sistema Ibérico, entre o val do Ebro e a vertente cantábrica, érguese nun cumio que domina o val do Zadorra. Mercado agrario, industrializouse a comezos do s XX. É a sede do goberno autonómico. Fundada por Sancho VI de Navarra (1181), os seus poboadores recibiron o foro de Logroño. Afonso VIII de Castela incorporouna ao seu reino (1200). Axudou a Enrique de Trastámara contra Pedro I de Castela, pero foi cedida por este ao seu aliado Carlos II de Navarra polo Tratado de Libourn (1366), que a retivo ata 1372. Durante o s XIV o comercio desenvolveuse e aumentou a poboación, e Xoán II declarouna cidade (1431). A raíz das loitas civís do s XV, a expulsión dos xudeus (1492) e as Comunidades de Castela (1520), sufriu un declive económico que persistiu ata o s XVIII. En 1813 foi escenario da Batalla de Vitoria no transcurso da Guerra da Independencia. En 1936 triunfou a rebelión militar...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á época da historia británica correspondente ao reinado de Vitoria I (1837-1901) e, incluso, ao período seguinte que finaliza a finais da Primeira Guerra Mundial (1914).
-
-
Relativo ou pertencente a Vitoria ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Vitoria.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo que procede do xentilicio de Vítor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Moeda romana de prata que se comezou a cuñar ao redor de 228 a C e que se destinaba ao comercio exterior. Cara a 104 a C equivalía a medio denario.
-
-
Relativo ou pertencente aos vitorinos e á súa escola teolóxica.
-
Cóengo regular do mosterio de Saint Vic22tor de París, fundado por Guillem de Champeaux, mestre de Abelardo (1113). Da súa escola teolóxica, influída por Bernaldo de Claraval, destacan Hugo e Ricardo de Saint Vic22tor.
-