"AP" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2743.

  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Portomarín. Pertenceu á encomenda de San Xoán de Portomarín. Da primitiva igrexa románica de finais do s XII só se conserva a porta principal con dúas arquivoltas de medio punto peraltadas, a maior apoiada sobre un par de columnas acobadadas e rodeada dunha chambrana de billetes en axadrezado. Os capiteis substituíronse nunha reforma posterior e non se conserva o tímpano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e guitarrista francés. Virtuoso da guitarra do s XIX, caracterizouse por unha perfección formal cunha interpretación pura e enérxica. Da súa produción musical destacan os seus estudios op 38.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Coxear moi pouco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pianista, pedagogo e compositor. Discípulo de J. S. Schoeteri e M. Clementi, exerceu a docencia e foi editor musical. Da súa produción destacan diversas sonatas e concertos para piano, e o tratado musical Studio per el pianoforte (Estudio para o pianoforte, 1804 e 1810).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. ida de libertinaxe ou comportamento licencioso.

    2. Persoa de vida licenciosa ou inmoral.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen se inclina ou se dá á crápula.

    2. Propio dun crápula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método para o tratamento de enfermidades, baseado na utilización de augas mineromedicinais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á crenoterapia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción terapéutica que consiste en aplicar frío sobre as partes do corpo, xa sexa de forma local ou xeral, para aproveitar as súas propiedades antihemorráxicas, antiinflamatorias e analxésicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás crisocapsais.

    2. Alga da antiga orde das crisocapsais.

    3. Antiga orde de algas da clase das crisofíceas de estrutura palmeloide. Actualmente, inclúense dentro da orde das cromulinais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratamento de certas enfermidades mediante a utilización de sales de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Motociclista. Debutou na competición en 1985. En 1987 disputou as súas primeiras carreiras no Campionato do Mundo, na categoría de 80 cc. Un ano despois proclamouse subcampión mundial de 80 cc. Na tempada seguinte (1989) conseguiu o título mundial na cilindrada superior (125 cc). Despois de pasar pola categoría de 250 cc sen rexistrar grandes triunfos, en 1992 accedeu á cilindrada dos 500 cc. Nesta cilindrada conseguiu en 1998 o terceiro posto na clasificación final do Mundial e en 1999 o título oficial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudio do momento máis adecuado para a administración dun fármaco conforme cun ritmo biolóxico circadiano (aproximadamente de 24 h) para conseguir unha potenciación máxima do efecto terapéutico e unha toxicidade mínima.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Āndhra Pradesh, na India, situada ao pé das montañas de Cuddapah (121.422 h [1991]). Do seu patrimonio monumental cómpre salientar o Chand Phira Gumbadh (ou mausoleo de Syed Shah Mohammed Hussain) e a mesquita de Masjid-e-Azam, construída baixo o reinado de Aurangzeb (1691).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Estudou medicina e comezou a pintar en 1941. Foi un dos fundadores de Dau al Set (1948). A súa obra tivo un forte parentesco co surrealismo (Maascro, 1949) e explotou a forza expresiva da cor. Cara ao 1955 practicou o informalismo, para o que empregou os grosores de materia que o levaron a servirse da grattage. En 1962 introduciu a colaxe de obxectos transformados polo artista ata chegar á pop art en 1963 en diferentes obras, como Nines oblidades (Nenos esquecidos). Cara aos anos oitenta desprendeuse dos aspectos agresivos e a súa pintura tomou un ton máis lírico, cun predominio da figura feminina como suxeito temático. Realizou montaxes e decorados para as obras de Brecht e Arrabal (1965), así como o vestiario dalgúns ballets. No ano 1984 expuxo unha serie de obxectos de cerámica en colaboración con Carles Sala. Traballou en París, en Lyon e realizou exposicións...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Locución que indica que o intérprete dunha peza musical ten que repetir un determinado fragmento, desde o principio ata a palabra fine.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bardo galés. Pertencente a unha familia cunha longa tradición de servizo á coroa inglesa, converteuse no “gran amante” da poesía tradicional galesa debido á cantidade de poemas de amor que escribiu. Con 150 composicións conservadas, na súa lírica conflúen a complexidade técnica e a riqueza léxica elaborada polos “bardos da nobreza” e a tradición dos bardos populares; inda que foi tamén un innovador da forma e o contido. A súa obra -marcada polo humor, a fantasía, a paixón e a fonda emoción- inclúe elexías, sátiras, panexíricos, poemas metafísicos e de inspiración relixiosa, e descricións da beleza e da natureza, xunto a divertidos e picantes relatos de aventuras e desventuras amorosas. Influenciado pola fin’amors provenzal, tamén é autor de composicións nas que o tema principal é a procura do amor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador do Xapón (897-930), fillo de Uda I, a quen sucedeu aos doce anos de idade. O código de Eugi-shiki redactouse durante o seu reinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador do Xapón (1318-1339), fillo de Uda II. Coñecido como Go-Daigo, iniciou a restauración Kemmu (1333-1336), ata que algúns xefes militares se revelaron. Un deles, Ashikaga Takauji, tomou Kyōto no ano 1336 e nomeou emperador ao príncipe Toyohito, que tomou o nome de Kōmyō. Este feito iniciou un cisma dinástico que durou cincuenta anos.

    VER O DETALLE DO TERMO