Cuddapah
Cuddapah
Cidade do estado de Āndhra Pradesh, na India, situada ao pé das montañas de Cuddapah (121.422 h [1991]). Do seu patrimonio monumental cómpre salientar o Chand Phira Gumbadh (ou mausoleo de Syed Shah Mohammed Hussain) e a mesquita de Masjid-e-Azam, construída baixo o reinado de Aurangzeb (1691).