"ARE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1669.

  • PRAIAS

    Praia do litoral atlántico situada entre as puntas Dornelo e Queimada, na parroquia de Niñóns (Ponteceso).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Falso tecido de tipo plectenquimático formado por células redondeadas ou poliédricas concrescentes. Está ben desenvolvido nos esclerocios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Castroverde baixo a advocación de santa Mariña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente pola dereita do río Sil, que nace na parroquia de Vila e desemboca na de Pumares, ambas as dúas no concello de Carballeda de Valdeorras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Carballeda de Valdeorras baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENCORO

    Pantano creado coa construción dunha presa sobre o leito do río Sil, no concello de Carballeda de Valdeorras, no límite co concello de Rubiá. Ten unha superficie de 60,84 ha.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da rexión de Magallanes e Antártica Chilena, Chile, situada no estreito de Magallanes (119.496 h [2002]). É o centro dunha comarca gandeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Costa Rica (11.266 km2; 357.483 h [2000]). A súa capital é Puntarenas (42.500 h [1999]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e crítico da arte checa. De tendencia realista, destacou por unha técnica de espesas capas de cor e unha pincelada moi libre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estancia destinada no ximnasio aos baños de suor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e pintor italiano. Discípulo de Mengs, reconstruíu a igrexa de Santa Scolástica en Subiaco (1771). En 1776 foi a Rusia, e protexido por Catarina II, estableceuse en Peterburgo, onde ergueu os edificios da Bolsa, o palacio Jusupov, o teatro do Èrmitaž, o palacio Alexandre de Carskoje-Selo e o palacio inglés de Peterhof.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e profesor. Licenciado en Filosofía e Letras, fundou e coordinou as revistas Anduriña e Seitura, e creou a colección Vieiros de Galicia. Escribiu Antoloxía de contos populares de Galicia (1993), Dicionario conceptual galego (1997) e Cancioneiro popular do Fisterra galego: 2500 cantarelas comentadas e clasificadas por temas (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e político. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela (1944), foi alcalde de Petín (1953-1956). Cofundador de Acción Política Orensana, que se integrou en UCD, presidiu a cooperativa vinícola Nuestra Señora de las Viñas (1972-1975). Foi senador electo por Ourense (1977-1986) e, durante a etapa preautonómica, conselleiro de Sanidade e Traballo e presidente da Xunta Preautonómica de Galicia (1979-1982). Foi deputado no Parlamento galego por UCD (1981-1985). Recibiu a Medalla de Cabaleiro da Orde da Constitución e a Cruz de Venezuela de Fernández Miranda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘paraugas’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e profesor. Membro do grupo poético Cravo Fondo e cofundador do PEN Club de Galicia, colabora en diversas publicacións periódicas, como o Boletín Galego de Literatura, Dorna e Follas Secas con artigos sobre temas literarios e lingüísticos. Na súa obra poética, en que a paisaxe galega é un dos elementos centrais, abundan os trazos intimistas e pesimistas, xunto con algúns elementos eróticos. Publicou os poemarios Xuntos cara ao mañán (1969), Sangue na paisaxe (1980, Premio Manuel Antonio), No aló de nós (1981, Premio Galicia), en colaboración con H. Villar Janeiro; Matria de sombra (1987), Poldros de música (1993, XIII Premio Esquío) e Os dedos dos loureiros (2000); no apartado de literatura infantil, tamén con H. Villar, Contos de nós e da xente (1975) e O libro de María (1984); as novelas Morrer en Vilaquinte (1980, Premio Galicia), en colaboración con H. Villar; Branca...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e profesor. Catedrático de Grego na Universidade de Santiago de Compostela, colaborou nun Dicionario griego-español e en diversas publicacións periódicas, como ABC, La Noche e Ya. Publicou o poemario El Cristo de Asorey (1952), Hablas hispánicas. Temas gallegos y leoneses (1967), España antigua en las fuentes griegas (1970), Haz de cuentos pavorosos (1980) e Nebulosas y otros escritos (1992). É membro correspondente da Real Academia Galega e da Real Academia Española de la Lengua.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Uttar Pradēsh, India, situada na beira esquerda do río Sai (129.904 h [estim 2000]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor checo. Autor de numerosas obras realistas, escribiu Zapadii vlastenci (Patriotas esquecidos, 1894) e Mezi lidmi (Entre o pobo, 1898).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e político. Licenciado en Dereito pola Universidade Complutense, en 1956 converteuse en conselleiro delegado da empresa familiar Ramilo SA. Foi presidente do Sindicato Provincial de la Construción, Vidrio y Cerámica (1966-1970) e da xunta local de Vigo de Acción Social (1969-1970). Alcalde de Vigo (1970-1974), emprendeu o primeiro Plan de Ordenación Urbana da cidade e foi procurador en Cortes en representación dos concellos de Pontevedra (1971-1974). Presidiu a Caixa de Aforros Municipal de Vigo e foi senador por Coalición Popular (1986-1989). Presidente do Consejo Provincial de Empresarios (1974-1976), participou na fundación da Confederación Española de Organizaciones Empresariales (1976), a Confederación de Empresarios de Pontevedra (1977) e a Confederación de Empresarios de Galicia (1981), da que foi presidente (1991-2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cosmógrafo e navegante. En 1618, xunto cos irmáns Nodal, explorou o estreito de Magallanes e o cabo de Hornos do que determinou a latitude. Co seu nome, Diego Ramírez, desígnanse un grupo de illas ao S de Tierra del Fuego, descubertas durante a expedición. Escribiu Reconocimiento de los estrechos de Magallanes y de San Vicente y algunas cosas curiosas de navegación (1621).

    VER O DETALLE DO TERMO