"Fer" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2007.

  • Enfermidade hereditaria que afecta principalmente ao sexo feminino, que se produce por unha acumulación de cerebrósidos nas células histiocitarias do bazo, o fígado, os ganglios linfáticos e a medula do óso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Ourive. Mestre artesán, formouse na Escola de Artes e Oficios. Ourive acibecheiro de Eloy Gesto, traballa co ouro, prata, acibeche e outras pedras preciosas. Foi fundador en 1988 da Asociación de Orfebrería de Santiago, da que é presidente. Vocal da Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago e da Comisión de Artesanía de Galicia. Recibiu o Premio Internacional de Popularidade e Prestixio (1985) e o Primeiro Premio de Artesanía Tradicional do III Certame Antón Fraguas (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, tradutor e crítico literario. Moi influído por Vicente Aleixandre e Octavio Paz, na súa obra mestúranse a tradición medieval co simbolismo, possimbolismo e as vangardas. Da súa produción destacan Arde el mar (Premio Nacional de Poesía 1966), Els miralls (1970), L’espai desert (Premi Lletre d’Or 1977), Fortuny (Premi Ramon Llull 1983), El vendaval (Premio Nacional de Poesía 1989), Lecturas de Octavio Paz (Premio Anagrama 1980), La llum (1991), Marea solar, marea lunar (2000) e El diamant dins l’aigua (2001). Membro da Real Academia Española (1985) e da Reial Acadèmia de Bones Lletres de Barcelona (1998), recibiu o Premio Nacional de Literatura Catalana (1997), o Premio Nacional de las Letras Españolas (1998), a Creu de Sant Jordi (1988) e o Premio Reina Sofía de Poesía Iberoamericana (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á planta que produce landras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que contén glándulas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que contén glóbulos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e realizador. Realizou estudios de Ciencias Políticas e Ciencias da Información. Director de Estudio 13, foi produtor executivo da película El Pórtico de la Gloria, realizador de De Jaca a Compostela, Las calles de Dublín e Phoenix Park, e produtor de Música en Compostela. Escribiu Londres e Vigo, calles y rincones e Bodegas de Galicia (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Colaborou en Gruporzán e pertenceu o grupo Nouvelle-Figuration, co que defendeu o neosimbolismo como linguaxe artística. A súa obra evolucionou desde uns inicios figurativo-coloristas ata un expresionismo simbólico de densos empastes matéricos. Desde mediados da década de 1990, a súa obra caracterizouse pola representación de símbolos que reflicten unha confrontación dualista da sociedade; entre outras series, destacan Duidades (1995-1996), Tempo detido (1997), Omphalos (1998), Labiritos (1999) e En la red (2000). Desde   2000 incorporou novos materiais e elementos plásticos, como a fotografía e a impresión dixital, en Cachitos de cielo (2000-2002) e Ensaios (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nadador. Participou nos Xogos Olímpicos de Montreal 1976.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Compositor, organista e director de orquestra e coral. Estudiou no Conservatorio de Madrid e, entre outras agrupacións, dirixiu as corais polifónicas El Eco e Follas Novas. Da súa produción destacan as canciónsAlborada Galega”, “Maio longo” e “Tan soio”. Así mesmo, compuxo motetes, pezas para órgano e misas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arcebispo de Sevilla (1884-1885 e 1886-1889) e Toledo (1885), bispo de Córdoba (1875-1883) e patriarca das Indias. Consagrouse como dominicano no convento de Ocaña (1844) e permaneceu en Manila, onde terminou os seus estudios. Regresou a España en 1866. Promovido por León XIII como cardeal da Igrexa de Roma, ocupou a Sé primada de España (1885). Destacou pola súa faceta de filósofo e foi un gran defensor da filosofía tomista. Participou na polémica evolucionista-creacionista elaborando unha hipótese pola que Adán era en parte produto da evolución e en parte obra directa de Deus. Foi autor de Historia de la Filosofía (1878-1879) e Filosofía Elemental (1868). En 1873 foi elixido membro da Real Academia de Ciencias Morales y Políticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor. Comezou a súa carreira teatral en 1980 no grupo A Farandula. Posteriormente, traballou como actor en As alegres casadas (1989) e Un soño de verán (1992) co Centro Dramático Galego; O Melro Branco (1991) con Tranvía; ou Commedia, un xoguete para Goldoni (1993), Raíñas de pedra (1994), O Rei Nu (1995), Escola de Bufóns (1997), Qui Pro Quo (1998) e Policía (2000), con Ollomoltranvía, compañía da que é fundador. Tamén participou en diversas longamentraxes e series de televisión. En 1989 obtivo o Premio Compostela como mellor actor secundario polo seu traballo en Un soño de verán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Coñecido como Evaristo de Sela, licenciouse en Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e foi catedrático de Grego. Publicou Amar (1945) e La reconquista de Vigo en 1809 (1961).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora. Licenciada en Filoloxía Galega. Colaboradora de Dorna, Grial, Revista das Letras, Raigame e Anuario de estudios literarios galegos, da súa produción destacan Capital da dor (1997) e Luís Seoane, vida e obra (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filóloga. Catedrática de Filoloxía Italiana desde 1988, dirixiu o Dicionario italiano-galego (2000) e publicou, entre outras obras, Sufixos nominais no galego actual (1978), Profilo di Sibilla Aleramo. La donna e l’intellettuale nelle opere e nel giudizio dei contemporanei (1982), Antología de la Literatura Italiana (1986), El Apóstrofe en la Escuela Poética Siciliana. Parangón con la lírica gallego-portuguesa (1989), Viaggio da Napoli à S. Giacomo di Galizia fatto dal Sigr. Nicola Albani (1993), edición e versión en castelán dun manuscrito italiano do s XVIII, Vita Nuova. Nueva lectura (2000), Gramática italiana II (2002) e Escolma do italiano contemporáneo (2002). Ademais, traduciu do italiano ao galego (O Príncipe, de N. Machiavelli, 2002) e ao castelán (El Novelino, 1999); e do galego ao italiano (Cousas e Retrincos, de Castelao).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e gravador. Tanto a súa obra gráfica como pictórica caracterizouse polo hiperrealismo fotográfico baseado na perfección técnica acadada polo dominio do debuxo e a captación da luz tratados cunha perspectiva moi persoal. Reflite temas tradicionais analizados desde un punto de vista contemporáneo. Das súas obras destacan as series In Memoriam, iniciada en 1990, CDIR (Caída del Imperio Romano, 1991-1996), DEAYM (De amor y muerte, 1993-1995), 2º Alfabeto (1995-1999), AT (1997-2001) e Babel (2000-2002), e realizou tamén fotografía dixital. Comezou a expoñer en 1967 e desde entón realizou numerosas mostras e participou en exposicións realistas. A súa obra está, entre outras coleccións, na Deputación e Concello da Coruña, no Museo da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, na Calcografía Nacional, na BBC Scotland Art Collection e no Edinburgh City Art Center.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Director xeral do gabinete de comunicación da ONCE. Foi director dos servicios informativos de Radio Miramar, fundador de Radio Minuto, director da revista Nova Cultura, delegado de OTR/Press en Catalunya, director xeral de Ondas Galicia e director de estudios de Onda Cero, de Radio España en Barcelona e de Onda Cero en Catalunya, ademais de director de expansión de Onda Cero. Foi galardoado co Master de Oro da comunicación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e economista. Doutor en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela, é catedrático de Economía Aplicada na Universidade da Coruña. Membro do PSOE desde 1977, foi tenente de alcalde da Coruña de 1980 a 1982, e director xeral de Ordenación Pesqueira e Relacións Pesqueiras Internacionais do ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación entre 1982 e 1985. Parlamentario galego na II e III lexislaturas (1985-1993) polo PSOE e senador pola Comunidade Autónoma de Galicia desde a III á VI lexislaturas (1986-2000), ostentou a presidencia da Xunta de Galicia entre 1987-1990. Foi membro das Asambleas Parlamentarias do Consello de Europa, da Unión Europea Occidental e da Internacional Parlamentaria. É autor de Estrutura Económica de Galicia (1992), Os desafíos económicos de Galicia (1996), Galicia, un camiño aberto á renovación (1997), e entre os seus textos sobre temática pesqueira destacan Estrutura da pesca costeira galega (1977),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista. Director da cadea COPE en Galicia. Exerceu como redactor de Antena 3 Radio, xefe de redacción de La Región e redactor xefe do gabinete de comunicación da Xunta de Galicia. Foi un dos fundadores da Asociación de Periodistas de Galicia. Escribiu Aprende que é a empresa sen perderte na economía (1997) e colaborou no volume colectivo De profesión, periodista. Homenaje a Diego Bernal (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e fotógrafo. En 1901 emigrou a La Habana e foi profesor de pintura no Centro Gallego. A comezos da década de 1920 instalouse en Madrid e comezou a traballar co nome de Lander, e en 1930 trasladouse a Viveiro, onde foi profesor de debuxo e secretario do PSOE local. Compaxinou a pintura coa fotografía e publicou o álbum Vivero (1934). Cultivou a paisaxe baseada no debuxo, na paleta de verdes, carmíns e ocres, na composición horizontal e nos efectos da luz. Realizou tamén retratos. Participou na Exposición Nacional de Bellas Artes (1922) co óleo Rosaura e recibiu a Cruz de Alfonso XII. Concorreu á exposición de arte galega celebrada na Coruña e Santiago de Compostela (1923) con Sabel, Xardín tropical e Quinta dos muíños e á mostra de Bos Aires (1929) con Nabais en flor e Piñeiros fraternos. Participou na Bienal Hispanoamericana de La Habana (1954) e ata 1971 non expuxo en Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO