González Prieto, Fermín
Pintor e fotógrafo. En 1901 emigrou a La Habana e foi profesor de pintura no Centro Gallego. A comezos da década de 1920 instalouse en Madrid e comezou a traballar co nome de Lander, e en 1930 trasladouse a Viveiro, onde foi profesor de debuxo e secretario do PSOE local. Compaxinou a pintura coa fotografía e publicou o álbum Vivero (1934). Cultivou a paisaxe baseada no debuxo, na paleta de verdes, carmíns e ocres, na composición horizontal e nos efectos da luz. Realizou tamén retratos. Participou na Exposición Nacional de Bellas Artes (1922) co óleo Rosaura e recibiu a Cruz de Alfonso XII. Concorreu á exposición de arte galega celebrada na Coruña e Santiago de Compostela (1923) con Sabel, Xardín tropical e Quinta dos muíños e á mostra de Bos Aires (1929) con Nabais en flor e Piñeiros fraternos. Participou na Bienal Hispanoamericana de La Habana (1954) e ata 1971 non expuxo en Galicia.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Viveiro -
Deceso
Lugar : Madrid