"RG" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2188.

  • Relativo ou pertencente ao margrave ou ao margraviato.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Título de margrave.

    2. Territorio gobernado por un margrave.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Canteira da que se extrae marga.

    2. Lugar onde se deposita a marga para empregarse como fertilizante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Foi director dos grupos corais La Artística de Vigo, Froles Mareliñas e Cadro Lírico de Vigo, e autor de numerosas composicións para banda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista. Naturalista nos seus inicios, con Pascal Géfosse (1887), máis tarde separouse deste movemento para cultivar unha literatura realista máis atenuada en Jours d’épreuves (1889). Colaborou co seu irmán Victor Margueritte (1896-1908) e escribiu Une époque e narracións infantís.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Microbióloga estadounidense. Propuxo a división dos seres vivos en cinco reinos (moneras, protistas, animais, plantas e fungos), de acordo coas concepcións de Robert H. Whittaker. Colaborou con James Lovelock no desenvolvemento dos aspectos microbiolóxicos da teoría de Gaia e, en particular, no papel das bacterias nas etapas iniciais da evolución do planeta e na regulación dos ciclos bioxeoquímicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • María Cristina de Austria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duquesa titular de Borgoña, duquesa de Brabante e Limburg, e condesa de Borgoña e Flandres (1447-1482), filla de Carlos I de Borgoña o Temerario. Casada co Emperador Maximiliano I, foi a nai de Filipe I o Fermoso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de España (1689-1700). Foi a segunda muller de Carlos II, sobre o que exerceu unha forte influencia. Cando foi evidente que o rei morrería sen sucesión, decantouse alternativamente en favor de Filipe de Anjou ou de Carlos de Austria, ata que finalmente se decantou por este.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e estadista estadounidense. Foi xefe do Estado Maior Central durante a Segunda Guerra Mundial (1939-1945). Como secretario de Estado (1947-1949) foi responsable do plan de axuda económica a Europa, coñecido como Plan Marshall. Posteriormente foi secretario de Defensa (1950-1951). Recibiu o Premio Nobel da Paz en 1953.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. O seu estilo didáctico foi o modelo que seguiu La Fontaine para elaborar a súa obra. Da súa produción destacan o libro de historia en verso Les vigiles de Charles VII (1492) e a recompilación de aventuras amorosas Arrêts d’amour.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso, liturxista e historiador francés. Destacou principalmente no campo da ciencia litúrxica, co fomento da renovación da pastoral sacramental baseada nun coñecemento moi sólido da evolución histórica da liturxia. A súa obra máis coñecida, en colaboración con outros autores, é L’Église en prière. Introdution à la liturgie (1961).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Jorge Martínez Salvadores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Directora teatral. Entre 1980 e 1997 coordinou o Taller de Teatro Clámide, co que realizou un importante labor de animación e divulgación teatral en Vilagarcía de Arousa e a súa comarca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador e escritor. Considerado como un dos máis destacados historiadores e ideólogos do galeguismo do s XIX en Galicia, a súa obra tivo unha gran transcendencia na formación dos intelectuais e políticos galegos do s XX. Estudiou o bacharelato en Santiago de Compostela, onde frecuentou o Liceo de la Juventud, e en Ourense. En 1851, seguindo os desexos do seu pai, comezou os estudios de medicina e farmacia, que posteriormente abandonou, e trasladouse a Madrid. Na capital comezou a súa colaboración con diversas publicacións periódicas, como La Iberia e Las Novedades. Nesa época iniciaba tamén a súa faceta como escritor e publicaba, entre outras obras, os contos Luisa (1852) e Un can-can de Mussard (1853); as novelas Desde el cielo (1854), El regalo de boda (1855) e Don Diego Gelmírez (1859); os libros de viaxes Viaje pintoresco por la ría de Vigo (1855) e El castillo de Bayona de Galicia (1856), e unha ducia de poemas entre os que destaca “A nena das soidades”, o primeiro que escribiu...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Motociclista. Coñecido como Jorge Martínez Aspar, foi campión de España de 50 cc en 1981. Ao ano seguinte participou por vez primeira no Mundial, do que foi campión de 80 cc (1986, 1987 e 1988) e de 125 cc (1988). Abandonou o motociclismo en 1997 e posteriormente formou un equipo de competición propio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, escultor, arquitecto e teórico italiano. No campo da pintura destacan a Incoronazione (1472) e a Natività (1475) e no da escultura os catro anxos de bronce do altar maior da catedral de Siena (1489-1497). Traballou no Palazzo Ducale de Urbino e dirixiu as obras da igrexa de Santa Maria delle Grazie al Calcinaio, preto de Cortona (1485). Escribiu Trattato di architettura civile e militare.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político húngaro. Foi conselleiro do rei de Hungría Jan Zápolya, que o nomeou bispo de Nagyvárad e titor e ministro do seu fillo Xoán Sexismundo (1540). Designado cardeal, tentou desenvolver unha política de compromiso cos turcos, o que provocou o seu asasinato.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor. Da súa filmografía destacan Cronaca di una morte anunciata (1986), Boom Boom (1990, Premi de Cinematografia de la Generalitat de Catalunya ao mellor actor), La viuda del capitán Estrada (1991), El perqué de tot plegat (1995), Resultado final (1998), Extraños (1999) ou Face of Terror (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor francés. Comezou a pintar en 1942 e deseguido opúxose á abstracción xeométrica en favor da abstracción lírica ou expresiva. Cultivou unha arte caligráfica brillante e estética, na busca dunha cor agradable e espontánea, que recorda certas obras de Dalí. Deseñou a fábrica de transformadores en Fontenay-le-Comte (1967-1969).

    VER O DETALLE DO TERMO