"RM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2589.

  • Antiga cidade de Exipto, actualmente Al-Ašmūnayn, situada a uns 20 km ao NL de Tall Al-Amārna. Foi un importante centro relixioso e político, sobre todo durante as dinastías IX e X.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Sonora, México, situada á beira do río Sonora (609.829 h [2000]). Importante centro agrícola e comercial, é o segundo produtor de trigo de México. Fundada en 1700 polos xesuítas, a cidade recibiu en 1828 o nome do xeneral insurxente J. Mª. González Hermosillo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante gráfica do antropónimo feminino Ermosinda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista romano. Atribúeselle unha obra en seis volumes titulada Iuris epitomae.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante gráfica do antropónimo masculino Ermoxio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Pol baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Licenciado en Filosofía e Letras, foi membro do Comité Nacional Galego do PSdeG-PSOE, portavoz da executiva da agrupacion socialista en Vigo e deputado no Congreso (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Fórmula para calcular a área dun triángulo a partir, unicamente, dos seus lados a, b, c.

    FORMULA

    onde p = 1/2 (a+b+c) é o semiperímetro do triángulo. A extensión ao caso do cuadrilátero é a fórmula de Brahmagupta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e director de orquestra. Estudiou na Julliard School de Nova York e foi director da orquestra da CBS (1938-52). Compuxo música para radio, televisión e cine. Deste último campo destacan a súa colaboración en filmes de Orson Welles e Alfred Hitchcock, como Citizen Kane (1940), The man who knew too much (1958), Vertigo (1958) e Psycho (1959). Tamén escribiu a ópera Wuthering Heights (1940-1952) e a cantata Moby Dick (1936-1938) sobre o texto de Melville.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos hesperornitiformes.

    2. Ave da orde dos hesperornitiformes.

    3. Orde de aves acuáticas, da superorde dos odontognatos, de gran tamaño, incapaces de voar, coas ás reducidas, pescozo longo e delgado e patas adaptadas á natación. Son aves primitivas extinguidas que habitaron en Kansas e Montana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico suízo. Fundador da termoquímica, traballou fundamentalmente na química dos gases e enunciou a lei que leva o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista alemán. De familia pietista, enfrontouse á rixidez relixiosa e fuxiu da casa. Viaxou a India (1911) e nacionalizouse suízo (1924). Das súas obras destacan   Unterm Rad (Baixo a roda, 1906), Demian (1919), Siddharta (1922) e Der Steppenwolf (O lobo das praderías, 1927). En 1946 obtivo o Premio Nobel de Literatura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • TERRITORIOS

    Territorio do Sacro Imperio Romano-Xermánico situado no Alto Rin. En 1816 converteuse no Gran Ducado de Hessen e do Rin, que existiu ata 1918, cando foi proclamada a República.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos heterodontiformes.

    2. Peixe da orde dos heterodontiformes.

    3. Orde de peixes da clase dos selacios, que presentan o corpo subcilíndrico, a cabeza alta e voluminosa e a boca subterminal. Comprende unhas poucas especies indopacíficas de características primitivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos hexanquiformes.

    2. Peixe da orde dos hexanquiformes.

    3. Orde de peixes da clase dos condritios, de corpo fusiforme, unha soa aleta dorsal e a boca en posición inferior. Algunhas especies son comúns do Mediterráneo. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás augas termais.

    2. Acuífero que emana auga quente.

    3. Métodos terapéuticos fundamentados nas augas termais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de fenómenos relacionados coa circulación de fluídos quentes e ricos en auga que constitúen un importante axente de metamorfismo xeolóxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico inglés. Traballou no campo da cinética das reaccións químicas. Son relevantes os seus estudios da cinética química dalgúns enzimas bacterianos. En 1956 compartiu con Sem’onov o Premio Nobel de Química polas súas achegas á cinética química.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deformación dun corpo en que a relación entre os eixes de simetría pasa a ser de 3:1 ou máis.

    VER O DETALLE DO TERMO