Hermosillo
Hermosillo
Capital do estado de Sonora, México, situada á beira do río Sonora (609.829 h [2000]). Importante centro agrícola e comercial, é o segundo produtor de trigo de México. Fundada en 1700 polos xesuítas, a cidade recibiu en 1828 o nome do xeneral insurxente J. Mª. González Hermosillo.