"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
volver.
-
-
Acción de vomitar.
-
Cousa que se vomita.
-
-
-
Cada un dos accesos á cávea que nos teatros e anfiteatros romanos daban paso ás bancadas desde os corredores ou galerías interiores.
-
Porta de saída das bancadas dun estadio ou dunha construción semellante.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Primeira serie de vehículos espaciais tripulados da URSS, cos que tiveron lugar os primeiros voos orbitais. O Vostok 1 (1961) foi tripulado polo primeiro cosmonauta, Juri Aleksejevič Gagarin, e o Vostok 6 (1963) por Valentina Terečkova.
-
LAGOS
Lago subglacial situado a 4.000 m baixo a superficie da Antártida. Ten 250 km de longo e 50 km de ancho, cunha superficie de 14.000 km2 e un volume de 5.400 km3 de auga doce. Descuberto en 1996, comezou a ser perforado en 1999 para a súa prospección científica.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Acción en virtude da cal unha persoa exerce o dereito de sufraxio.
-
Manifestación expresa da vontade de cada un dos membros dunha asemblea ou dun grupo de persoas para aprobar ou rexeitar unha proposición ou medida ou elixir unha persoa para un cargo.
-
Corpo material co que se vota.
-
voto acumulativo
Sistema de elección polo que o elector pode emitir diversos votos a favor dun mesmo candidato.
-
voto consultivo
Ditame que dan algunhas corporacións ou persoas autorizadas a aqueles que teñen que decidir un asunto.
-
-
-
Promesa feita á divindade por un individuo ou por un grupo de cumprir unha determinada acción. Compromiso perante Deus, e en xeral, por motivos relixiosos, obriga o individuo a facer algo que non é de simple prescrición relixiosa, normalmente, abstinencia alimentaria ou sexual. O ascetismo primitivo puña o acento na virxindade ou na separación do mundo, e o monaquismo facíao na obediencia. A Idade Media sistematizou os tres votos típicos, denominados consellos evanxélicos: pobreza, castidade e obediencia. Outras formas posteriores de vida relixiosa engadiron outros, específicos da súa vocación peculiar. A emisión dos votos definitivos ou perpetuos, denominados tamén solemnes nalgúns casos, vai precedida do noviciado e dun período variable de votos temporais ou, despois do Concilio Vaticano II, dunha promesa de efectos xurídicos semellantes, pero teoloxicamente non considerada voto. A dispensa dos votos perpetuos correspóndelle á Santa Sé e a dos temporais ao superior xeral.
-
Promesa feita a Deus ou a algúns santos, case sempre con motivo dalgunha peste ou calamidade, que obriga a unha comunidade a celebrar unha festa relixiosa, facer unha procesión, oficiar algunha misa ou outra práctica piadosa.
-
voto de castidade
Promesa de carácter relixioso pola que se garda abstinencia de toda relación sexual.
-
...
-
-
-
MUNICIPIOS
Municipio de Cantabria, situado na ría de Santoña (2.260 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Voto de Santiago.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Manuscrito descuberto por Wilfrid M. Voynich en 1912 no colexio xesuíta de Villa Mondragone, preto de Roma. Parece que se escribiu entre os ss XV e XVI, nunha lingua e nuns caracteres que ata o momento non foron descifrados. Puido ser un tratado de alquimia, no que se representan plantas e constelacións descoñecidas.
-
PERSOEIRO
Xurista e humanista checo. En O práviech, o súdiech i o dskách země české knihy devatery (Nove libros sobre as leis, sobre os tribunais e sobre os rexistros do reino de Bohemia, 1495-1499), reflectiu a organización xurídica checa, con connotacións antixermánicas e democráticas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa fundada en Vigo en 1919 baixo a dirección de Enrique Lorenzo. Naceu como fabricante e reparador de caldeiras de vapor para embarcións pesqueiras e para a industria conserveira. En 1931 comezou a fabricación de locomotoras para RENFE e na década de 1940 os primeiros traballos de construción naval. O primeiro buque realizado con casco de aceiro botouse en 1948. En 1986 pasou a mans de Fernando Santodomingo. En 1993 foi o primeiro estaleiro privado en obter o certificado de calidade ISO 9001 emitido por Det Norske Veritas. O sector das caldeiras, que se ampliou a todo tipo de caldeiras e combustibles tanto para a industria naval e terrestre como para calefaccións domésticas, está centralizado na filial Vulcano-Sadeca SA.
-
-
-
s m
Volume ou tamaño de algo.
-
vulto redondo
Escultura que pode contemplarse desde calquera punto de vista ao seu redor. OBS: Tamén se denomina escultura exenta.
-
s m
-
Aquilo ao que sobresae nunha cousa.
-
Obxecto que forma parte dunha carga que se vai transportar.
-
Inchazón no corpo ou nun órgano que sae cara a fóra.
-
Obxecto ou masa que non se percibe con claridade pola distancia ou a mala visibilidade.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Extirpación da vulva.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Evesham, Worcestershire 8.11.1905 - Edimburgo 26.9.1975) Xenetista inglés. Descubriu un método para desenvolver artificialmente embrións de aves e mamíferos (1930) e despois estudou a natureza química do ADN.
-
MONTES
Cume da Cordilleira da Costa, en Canadá, na provincia de Columbia Británica. Acada os 4.042 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Penzig, Viena 13.7.1841 - Viena 11.4.1918) Arquitecto. Iniciou a súa obra dentro da tradición do renacemento toscano. Fixo a reestruturación urbanística de Viena (1890). Afirmou a necesidade dunha renovación da cultura arquitectónica. A súa doutrina concretouse en Moderne Architektur (1895). Formou parte da Wiener Sezession e centrouse no uso de novos materiais, ata obter a expresividade a través dos mesmos principios construtivos (Postsparkassenamt de Viena, 1904-1906).
-
REXIÓNS
Rexión de Nova Zelanda (29.992 km2; 357.726 h [2001]). lang=EN-GB mso-ansi-language:EN-GB >A capital é Hamilton.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Stoke-on-Trent 14.3.1925 - Oxford 24.5.1994) Escritor inglés. Representante dos Angry Young Men, cultivou a poesía, Letters to Five Artists (1965) e a novela, Comedies (1990). Destacou como ensaísta con obras como The Living World of Shakespeare (1964) ou Professing Poetry (1977).
-
PERSOEIRO
Químico alemán. Investigou os compostos aromáticos, os azo e diazo, os que conteñen carbono asimétrico e os terpenos e a súa importancia en vitaminas e hormonas. Recibiu o Premio Nobel de Química (1910) polas achegas á Química Orgánica no campo dos compostos alicíclicos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico irlandés. Investigou, xunto con J. D. Cockroft, as partículas aceleradas. Recibiron o Premio Nobel de Física (1951) polos seus traballos sobre a transmutación de núcleos atómicos mediante partículas atómicas aceleradas artificialmente.
VER O DETALLE DO TERMO