voto

voto

(< lat votu)

  1. [DER/POLÍT]
    1. s m

      Acción en virtude da cal unha persoa exerce o dereito de sufraxio.

    2. s m

      Manifestación expresa da vontade de cada un dos membros dunha asemblea ou dun grupo de persoas para aprobar ou rexeitar unha proposición ou medida ou elixir unha persoa para un cargo.

    3. s m

      Corpo material co que se vota.

    4. voto acumulativo

      Sistema de elección polo que o elector pode emitir diversos votos a favor dun mesmo candidato.

    5. voto consultivo

      Ditame que dan algunhas corporacións ou persoas autorizadas a aqueles que teñen que decidir un asunto.

    1. s m [HIST/RELIX]

      Promesa feita á divindade por un individuo ou por un grupo de cumprir unha determinada acción. Compromiso perante Deus, e en xeral, por motivos relixiosos, obriga o individuo a facer algo que non é de simple prescrición relixiosa, normalmente, abstinencia alimentaria ou sexual. O ascetismo primitivo puña o acento na virxindade ou na separación do mundo, e o monaquismo facíao na obediencia. A Idade Media sistematizou os tres votos típicos, denominados consellos evanxélicos: pobreza, castidade e obediencia. Outras formas posteriores de vida relixiosa engadiron outros, específicos da súa vocación peculiar. A emisión dos votos definitivos ou perpetuos, denominados tamén solemnes nalgúns casos, vai precedida do noviciado e dun período variable de votos temporais ou, despois do Concilio Vaticano II, dunha promesa de efectos xurídicos semellantes, pero teoloxicamente non considerada voto. A dispensa dos votos perpetuos correspóndelle á Santa Sé e a dos temporais ao superior xeral.

    2. s m

      Promesa feita a Deus ou a algúns santos, case sempre con motivo dalgunha peste ou calamidade, que obriga a unha comunidade a celebrar unha festa relixiosa, facer unha procesión, oficiar algunha misa ou outra práctica piadosa.

    3. voto de castidade [RELIX]

      Promesa de carácter relixioso pola que se garda abstinencia de toda relación sexual.

    4. voto de obediencia [RELIX]

      Promesa de carácter relixioso pola que a propia vontade se somete ao xuízo dun superior.

    5. voto de pobreza [RELIX]

      Promesa de carácter relixioso pola que os eclesiasticos renuncian a toda propiedade.

Palabras veciñas

votar | votiaco -ca | votivo -va | voto | Voto | Voto de Santiago | Vouet, Simon