"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Tumor dun ganglio, especialmente linfático.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente aos ganglios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inflamación dun ou máis ganglios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bloqueo da transmisión do impulso nervioso no nivel da sinapse ganglionar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase a cada un dos axentes farmacolóxicos que actúan interceptando a transmisión do influxo nervioso no nivel da sinapse ganglionar das vías nerviosas vexetativas parasimpáticas e simpáticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inflamación da raíz dun ou máis nervios e do ganglio no que se localizan as cabezas neuronais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Glicolípido no que a fracción glicídica é un oligosacárido complexo. Os gangliósidos son moi numerosos e están presentes na substancia gris do cerebro e tamén nas membranas celulares. A súa función ten relación coa transmisión nerviosa na sinapse.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Necrose dunha parte dun tecido ou dun órgano motivada por un insuficiente rego sanguíneo local.

      2. gangrena gasosa

        Gangrena que se produce nas feridas con grandes estragos, moi contusas, con esmagamento aberto, etc, debido á acción de diversas bacterias anaerobias do xénero Clostridium. Caracterízase por edema, produción de gas e decoloración. OBS: Tamén se denomina flegmón enfisematoso ou gasoso.

      3. gangrena húmida

        Gangrena que ten lugar cando non existe desecación e se produce infección con putrefacción bacteriana.

      4. gangrena seca

        Gangrena que se produce cando os lugares afectados son superficiais e se deshidratan rapidamente por evaporación. Débese a unha obstrución arterial. OBS: Tamén se denomina momificación.

    1. Aquilo que corrompe ou que perturba moral ou socialmente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Padecer gangrena unha parte do corpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á gangrena.

    2. Que padece gangrena.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Membro dunha banda organizada dos EE UU dedicada a negocios ilícitos relacionados coa fabricación, a venda e o transporte de bebidas alcohólicas durante o período da chamada lei seca (1919), a prostitución e o xogo. As pelexas entre bandas rivais causaron un gran número de baixas. Coa abolición da lei seca en 1933, emprendeuse unha forte campaña contra o gangsterismo aínda que non se conseguiu erradicar na súa totalidade.

    2. Persoa que comete actos delitivos, normalmente dentro dunha banda criminal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de actividades e de maneiras de actuar dos gángsters.

    2. Uso organizado da violencia, a intimidación ou outros medios ilícitos coercitivos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Sikkim, India, ao SL do país, á beira do río Tista (24.971 h [1991]). Nel está o mosteiro budista de Rumtek.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arte de arrastre que consiste nunha bolsa de rede alongada, sostida por un arco de ferro, e que se emprega para coller gambas e peixes pequenos.

      1. Embarcación de pesca cun só pau con vela latina e coa proa igual ca a popa, que arrastra o gánguil.

      2. Embarcación moi plana, coa proa e a popa de igual forma, na que se transportan cara a alta mar os materiais extraídos polas dragas. De uso interior en portos, radas ou ríos, ten a parte máis ancha ocupada por un depósito illado do resto do casco, cunha especie de trapa no seu fondo, que pode abrirse desde a cuberta. Nese depósito vértese o lixo ou a lama que extraen as dragas e, unha vez cheo, o gánguil é remolcado lonxe da costa, onde se baleira abrindo a trapela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Heroe troiano, fillo do Rei Tros de Ilión e descendente de Dárdano. Cando era adolescente dedicábase a pastorear os rabaños de seu pai nas montañas que arrodean Troia; pero o mesmo Zeus, levado pola beleza do rapaz, raptouno e levouno ao Olimpo, onde exerceu de copeiro escanciando o néctar na copa do deus máis poderoso. A cambio Zeus ofreceulle a Tros dous cabalos divinos e unha viña dourada, obra de Hefesto, e aseguroulle que o seu fillo obtivera a inmortalidade. Segundo as versións da lenda, quen raptou o mozo foi o propio Zeus -ben na súa propia figura ou metamorfoseado en aguia- ou a súa aguia; foi precisamente esta ave a que se transformaría en constelación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Satélite galileano de Xúpiter, descuberto por Galileo en 1610. O seu diámetro é de 5.256 km, polo que é o satélite máis grande do sistema solar; o seu raio orbital é de 1.070´103 km e ten unha masa 2,2 veces superior á da Lúa. O período de rotación, de 7,15 días, coincide co de revolución arredor de Xúpiter; é, polo tanto, un caso de rotación capturada, como o da Lúa. É moi probable que Ganimedes teña atmosfera. Suponse que a codia superficial está formada sobre todo por xeo, e que as zonas máis escuras que mostran as fotografías transmitidas polas sondas Voyager corresponden ás rexións máis antigas desta codia. Ten unhas rexións poligonais moi densamente poboadas con cráteres que lle dan un aspecto xeral semellante ao que presenta a Lúa, e tamén unhas rexións máis novas que presentan complexas redes de bandas lineais, estreitas e brillantes, de trazo irregular, que medran e se bifurcan en todas as direccións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Queixarse un animal, especialmente o can.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Estudiou dereito e filosofía, ingresou no corpo diplomático e foi cónsul en Riga (1898). Colaborador no xornal El Defensor de Granada, publicou Granada la bella (1896), Idearium español (1897), La conquista del reino Maya por el último conquistador español, Pío Cid (1897) e Los trabajos del infatigable creador Pío Cid (1898). Postumamente, editáronse El escultor de su alma (1904), a correspondencia con Miguel de Unamuno recollida en El porvenir de España (1905), Epistolario (1904), Cartas finlandesas (1905), Hombres del Norte (1905) e España filosófica contemporánea y otros trabajos (1930).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga das palilleiras que corresponde á voz ‘ganancia (da palilleira)’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ás escamas con forma de rombo dos actinopterixios primitivos, constituídas por unha capa basal de óso moi laminado, unha capa de óso vascular esponxoso, unha capa delgada de dentina e unha espesa capa externa de ganoína. Nos teleósteos modernos consérvanse moi simplificadas ou ben se perderon na súa totalidade.

    VER O DETALLE DO TERMO