"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Xuramento que tivo lugar no frontón Xogo de Pelota de Versailles, o 20 de xuño de 1789, por parte dos deputados do terceiro estado e do clero da Asemblea Francesa. Mounier, deputado polo Delfinado, propuxo que a Asemblea xurara que non se disolvería ata o establecemento e a consolidación da Constitución.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten un carácter pouco sociable.

    2. Que é difícil de manexar, especialmente referido a un animal.

    3. Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘boi’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Maceda, ao seu paso por Xunqueira de Espadanedo. Realizouse en cantaría no s XIX, con rasante horizontal e cinco vans, formados por cinco arcos de medio punto. Sitúase no camiño que vai de Ourense a Ponferrada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Xobre (A Pobra do Caramiñal). Construíuse en cantaría no s XV, pero ampliouse e mellorouse durante os ss XVI e XVII, polo que presenta algunhas características do estilo gótico e renacentista. Ten dúas alturas e planta rectangular que se organiza arredor dun patio central, cadrado. A fachada principal, do s XVI, remata na esquina dereita cunha torre de catro alturas. A porta conforma un arco de medio punto e sobre ela colocouse un escudo. Ademais da familia Xunqueiras, foron os seus propietarios os Ribadeneira e os Gasset. Foi declarado BIC en 1981.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano de goberno do réxime preautonómico galego, dotado de personalidade xurídica plena. O 16 de marzo de 1978 aprobouse o Decreto de Autonomía Transitoria polo que se constituíu a preautonomía galega e se instaurou a Xunta como órgano de goberno. O goberno formalizouse no pazo de Xelmírez o 18 de abril de 1978 baixo a presidencia de Antonio Rosón Pérez, de UCD, que contou ademais con membros dos partidos con representación nas Cortes con grupos sen representación política como os galeguistas históricos ou personalidades da vida cultural que formaron parte das comisións de transferencias. Este primeiro goberno estaba organizado en tres secretarías (Xeral, Emigración e Interior) e oito consellerías (Agricultura, Gandaría e Montes; Cultura; Educación e Ciencia; Enerxía, Industria e Comercio; Ordenación do Territorio; Pesca; Sanidade e Seguridade Social; e Traballo). O 3 de xullo, segundo a proposta de Rosón, a Xunta fixo una convocatoria xeral chamando á colaboración na elaboración do Estatuto...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa editorial constituída en 1986 na Laracha. Dirixida por José Raúl Seoane Prieto, basea o seu traballo en coidadas edicións de consulta sobre a historia e a arte galegas, ademais de edicións facsímiles e traducións ao galego de obras mestras da literatura.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está cerca ou en contacto con outro.

    2. Que se fai dunha soa vez.

    3. Que se realiza en compañía.

    4. Que se fai ao mesmo tempo e de xeito coordinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pedra que sobresae dun piar ou dunha parede para unirse con outras.

    2. Reunión de varias persoas.

    3. Conxunto ou unión de varias cousas unidas formando un todo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Compromiso solemne en que se pon como testemuña a un ser ou persoa sagrada.

    2. Expresión empregada para xurar.

    3. Insulto a un ser sagrado ou querido que ofende.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de xurdir.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Intérprete do dereito civil, no dereito romano.

    2. xurista.

    3. Persoa coñecedora do dereito, aínda que non exerza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador bizantino (685-711), fillo de Constantino IV Pogonato. Vencido nunha revolta provocada pola súa política antiaristocrática, exiliouse pero volveu coa axuda dos búlgaros (705) e comezou unha dura vinganza, que causou unha nova rebelión.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que actúa conforme ás leis e a razón ou respectando os dereitos dos demais.

    2. Que axusta a súa conduta a valores morais de xustiza.

    3. Que é apropiado ou axustado á realidade.

    4. Que é lexítimo e non censurable.

    5. Que non lle sobra nin lle falta nada.

    6. Que queda curto ou escaso, en cantidade ou en tamaño.

    7. Forma que expresa precisión de tempo e lugar.

    8. Indemnización que ten que percibir o titular dun ben ou dereito expropiado por algunha dos organismos da Administración Pública, a causa dunha razón de utilidade pública ou interese social. Constitúe en todos os sistemas legais democráticos un alicerce esencial do instituto xurídico da expropiación que, doutro xeito, se chamaría espoliación ou confiscación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiadora e arquiveira. Foi directora do Arquivo Histórico Universitario de Santiago e do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra. Escribiu Guía del Archivo universitario e A cárcere de Ourense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir. Morreu decapitado xunto co seu irmán xemelgo san Pastor, durante a persecución de Diocleciano. Iconograficamente representouse acompañado do seu irmán, como dous mozos e cunha palma na man, símbolo do martirio. A súa festividade celébrase o 6 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Foi bispo de Lyon e asistiu aos concilios de Valence e Aquilea. Retirouse a Exipto, onde morreu. A súa festividade celébrase o 2 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relixioso. Foi arcebispo de Canterbury e primeiro bispo de Rochester (604). A súa festividade celébrase o 10 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que procede do nome latino de época imperial Iustus, que vén do adxectivo común iustus, derivado de ius ‘dereito’, e que para os cristiáns significaba tamén ‘que está na fe xusta, que se axusta á rectitude cristiá’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo xuto ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo xuto.

    3. Pobo xermánico que habitou inicialmente na desembocadura do Rhin e participou na invasión de Inglaterra no s V. Colonizaron os territorios do actual condado de Kent, a illa de Wight e parte do condado de Hamp.

    4. Lingua xermánica do phylum indoeuropeo que falaba o pobo xuto.

    VER O DETALLE DO TERMO