xusto -ta

xusto -ta

(< lat iustu)

  1. adx

    Que actúa conforme ás leis e a razón ou respectando os dereitos dos demais.

  2. adx

    Que axusta a súa conduta a valores morais de xustiza.

  3. adx

    Que é apropiado ou axustado á realidade.

  4. adx

    Que é lexítimo e non censurable.

  5. adx

    Que non lle sobra nin lle falta nada.

  6. adx

    Que queda curto ou escaso, en cantidade ou en tamaño.

  7. adv

    Forma que expresa precisión de tempo e lugar.

  8. xusto prezo [DER]

    Indemnización que ten que percibir o titular dun ben ou dereito expropiado por algunha dos organismos da Administración Pública, a causa dunha razón de utilidade pública ou interese social. Constitúe en todos os sistemas legais democráticos un alicerce esencial do instituto xurídico da expropiación que, doutro xeito, se chamaría espoliación ou confiscación.