xustiza
(
-
s
f
Respecto e recoñecemento dos dereitos dunha persoa.
-
s
f
Calidade de xusto.
-
s
f
[RELIX]
irtude cardinal pola que se pensa e obra segundo o dereito e a verdade.
-
s
f
[DER]
Principio moral que avalía as accións dos homes e mulleres de acordo con determinados valores máis ou menos constantes ou variables no tempo. Aínda que nas antigas civilizacións gregas e romanas a xustiza tivo unha raíz sagrada ou relixiosa, a expansión económica e imperialista de Roma e o contacto con outras civilizacións e relixións deu un concepto máis leigo ou moral, que se mantivo máis ou menos constante ata a época da Ilustración, como reitor das relacións entre os individuos (xustiza conmutativa). O pensamento cristián sobranceou unha visión da xustiza máis activa (xustiza distributiva), como unha ferramenta de integración social e racional coa vontade de tratar a cada quen segundo as súas calidades ou circunstancias. Ambas as dúas vertentes da xustiza, a conmutativa e a distributiva, rexeron a filosofía do dereito no seu camiño de axeitar a creación normativa das sociedades (as leis ou o dereito) aos valores de xustiza da moral social. Se o dereito e a xustiza naceron na antiga Roma como dúas vertentes da integración social, os procesos de separación do sagrado e do humano, do civil e do relixioso, do moral e do xurídico, presentes desde o Renacemento, deron nunha máis clara distinción entre o xusto e o xurídico. De aí a resistencia dos pensadores católicos do s XVI español contra a lei inxusta e a súa pescuda da realización da xustiza na creación xurídica, máis centralizada e abondosa e reservada desde a Idade Moderna primeiro aos soberanos e despois aos corpos representativos. Abrollou, deste xeito, o concepto de xustiza legal. A necesidade dunha corrección estatal ás grandes desigualdades xurdidas da Revolución Industrial fixo nacer en Europa a chamada xustiza social, que tentaba, moitas veces desde os escritos do catolicismo social, unha terceira vía entre as ideoloxías socialistas e as vellas ideas non intervencionistas da xustiza liberal. Este concepto, con máis ou menos fortuna, supuxo unha vía de diálogo entre as distintas concepcións socialistas, cristiás ou liberais e a posibilidade de acordos sociais ou políticos máis ou menos estables.
A administración de xustiza en Galicia
Co fin de evitar as vinganzas privadas como sistema único para castigar as ofensas, a partir da Idade Moderna o monopolio da xustiza pasou a mans dos monarcas, aínda que seguiu existindo unha xustiza señorial e tamén o dereito do súbdito a recorrer aos xuíces reais. Deste xeito en Galicia, que desde o s XVI tiña por Tribunal Superior á Real Audiencia da Coruña, coexistían xuíces reais con xuíces señoriais ou eclesiásticos. Pero o feito de que os xuíces da Real Audiencia da Coruña entendesen mellor os preitos entre labregos e fidalgos, entre outras cousas, pola súa preparación, fixo que os recursos se incrementaran especialmente durante o s XVIII. Desde a Constitución de Cádiz (1812) a monarquía española enxergou un poder xudicial composto de xuíces profesionais, organizados de xeito centralista e xerarquizado. No pensamento galego moderno e contemporáneo, desde as concepcións liberais do provincialismo, as organicistas de Brañas ou Risco ata a praxe de Solidaridad Gallega ou de Acción Gallega de Basilio Álvarez, a constante entre os pensadores galegos foi acadar para o país e sobranceiramente para a súa clase social máis numerosa, os labregos unha xustiza que o estado centralista lles negaba, na meirande parte das veces por leis inxustas ou desaxeitadas cara á realidade galega. Xa que logo, o pensamento común do provincialismo, do rexionalismo, do agrarismo e mesmo do nacionalismo fixo confluír o concepto de xustiza social para os galegos co concepto de xustiza distributiva para Galicia para, nun proceso posterior, entender que esta xustiza só sería posible coa conquista da autonomía política galega. A partir da aprobación da Constitución de 1978, o poder xudicial organizouse independente do poder executivo e do lexislativo, asumindo só as funcións de xulgar e facer executar o xulgado, sendo os seus titulares xuíces e maxistrados independentes e estables na súa función. No entanto, o proceso de devolución ás comunidades autónomas de poderes lexislativos, executivos e administrativos non se correspondeu coa real autonomización do poder xudicial. Deste xeito, a administración de xustiza en Galicia pasou a depender principalmente do poder xudicial estatal, malia que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con sede na Coruña, asumiu algunhas funcións descentralizadas de goberno interno, constituíndose nalgunhas materias de dereito civil ou administrativo como a derradeira instancia xudicial, acollendo a algúns dos maxistrados propostos polo Parlamento de Galicia. -
s
f
[DER]
Aplicación dun castigo ou sanción.
-
s
f
[DER]
Poder para aplicar o dereito.
-
s
f
[DER]
Conxunto de organismos, leis e persoas dun país, encargados da función xudicial.
-
xustiza administrativa
[DER/ADM]
Orde xurisdicional que coñece dos litixios entre os cidadáns e a Administración Pública, con motivo da súa actuación cando está suxeita ao dereito administrativo. En España estruturouse nos xulgados e nas Salas do Contencioso-administrativo dos Tribunais Superiores de Xustiza, da Audiencia Nacional e do Tribunal Supremo. A Sala do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia é o máximo órgano xudicial no que atinxe aos xuízos nos que só se discute sobre da posible infracción de normas do dereito administrativo galego.
-
xustiza constitucional
[DER]
Sistema de control xudicial que resolve os conflitos entre os poderes do Estado e entre estes e os entes territoriais politicamente autónomos (provincias, estados federados ou comunidades autónomas). Nos sistemas democráticos diferénciase entre o sistema difuso, propio de Reino Unido, Gales e EE UU, en que son variados os órganos xudiciais que poden coñecer de cuestións constitucionais, pero adoita existir un órgano supremo que resolve, polo menos, algúns dos mesmos sen recurso ulterior; e o sistema concentrado, inspirado polo xurista Hans Kelsen e propio de España, no que o monopolio da resolución dos litixios constitucionais lle corresponden a un único órgano xudicial (Tribunal Constitucional ou Tribunal de Garantías Constitucionais).
-
xustiza gratuíta
[DER]
Dereito de obter servizos de asesoramento xurídico e a defensa nun xuízo de balde. Poden ser titulares do mesmo determinados cidadáns da Unión Europea e tamén estranxeiros, cando acrediten relativa falla de medios económicos persoais ou da unidade familiar. O recoñecemento deste dereito en Galicia, correspóndelle a órganos colexiados da Xunta de Galicia en que participan os colexios de avogados e procuradores e o Ministerio Fiscal.
-
xustiza maior de Galicia
[DER/HIST]
Cargo establecido en Galicia polos Reis Católicos en 1480, logo do seu triunfo sobre Xoana de Castela a Beltranexa. O seu primeiro representante, Fernando de Acuña, ocupou o cargo entre 1480 e 1486, e constituíu a Audiencia xunto co licenciado e corrixidor García López de Chinchilla. Os seus amplos poderes gobernativos e xudiciais, tanto no civil como no criminal, permitíronlle emprender a pacificación do Reino de Galicia.
-
xustiza militar
[DER/BÉL]
Orde xurisdicional que coñece dos procedementos incoados das resultas de delitos e, en xeral, infraccións propias do ordenamento específico militar. Por esixencia do principio de unidade xurisdicional, o seu ámbito é moi restritivo nos réximes democráticos e só coñece desta clase de asuntos, propios do réxime disciplinario interno. Nas ditaduras e réximes autoritarios adoita estender o seu coñecemento a delitos de tipo político e relacionados coa orde pública, restrinxindo moitas veces o dereito de defensa dos acusados.
-
xustiza penal
[DER]
Orde xurisdicional que coñece dos procedementos incoados a consecuencia dos crimes ou delitos. En Galicia, os delitos cometidos por maxistrados, xuíces, deputados do Parlamento Galego, conselleiros, vicepresidentes e presidente da Xunta de Galicia só poden ser investigados e xulgados pola Sala do Civil e do Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Frases feitas
-
En xustiza. Segundo o mérito e os dereitos dun.
-
2 Dar a cada un o que lle corresponde.
-
Facer xustiza 1 Aplicar as leis.