"ARE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1669.

  • PERSOEIRO

    Compositor. Foi profesor de música en Salamanca e pasou máis tarde a Boloña, onde publicou a súa obra teórica Musica practica (1482), en que atacaba o sistema de Guido d’Arezzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso franciscano. Ingresou na orde en Santiago de Compostela en 1899 e colaborou en diversas publicacións. Escribiu, entre outros, Vibraciones: Renglones cortos (1915), Novena y compendiosa vida del glorioso mártir gallego San Francisco Blanco (1915) e Carnet del Terciario Franciscano (1921).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e dramaturgo. Durante a Segunda República frecuentou o parladoiro do Café Español de Santiago de Compostela e a compañía de Santiago Montero Díaz, Luís Manteiga, Luís Seoane ou Carlos Maside. En 1934 participou na dirección das Misións Pedagóxicas en Galicia. De ideoloxía anarquista, escribiu a obra de teatro Suceso en los arrabales (1933) en Ediciones Resol, alentada por Arturo Cuadrado e imprentadas en Nós. Coñecido nos círculos de vangarda composteláns, foi perseguido polos franquistas tras o golpe militar e condenado a morte, pena logo conmutada pola de sete anos de prisión grazas á intervención de S. Montero Díaz.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pór menos densa unha cousa.

    2. Facerse menos frecuente unha cousa.

    3. Ser ou facerse anormal unha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Diminución da presión do gas contido nun recipiente por extracción dunha parte deste gas.

    2. Diminución do peso e resistencia dun órgano a causa da atrofia por reabsorción con conservación do volume.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é ou ten aspecto menos denso ou compacto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de rarear.

    2. Eliminación de individuos para regular unha poboación cinexética que se realiza fóra da tempada de caza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de raro.

    2. Cousa rara.

    3. Acto característico dunha persoa de carácter extravagante.

    4. Insuficiencia da cantidade que existe dun ben con relación á cantidade de demanda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Licenciado en Dereito pola Universidad Complutense de Madrid (1971), realizou un máster en Bussines Administratiton pola UC Berkeley (California, 1974) e é doutor en Economía pola Universidad Complutense (2003). Foi secretario xeral adxunto de AP (1984-1986), secretario (1982-1984) e voceiro do grupo parlamentario popular (1989-1996) e vicesecretario xeral do PP (1996-2004). Deputado por AP (1982-1989) e polo PP (1989-2004), foi vicepresidente segundo do goberno (1996-2003), ministro de Economía e Facenda (1996-2000), ministro de Economía (2000-2004) e vicepresidente primeiro do goberno (2003-2004). En 2004 foi elixido director-xerente do Fondo Monetario Internacional (FMI).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Valadouro baixo a advocación de san Xiao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei visigodo (586-601), fillo e sucesor de Leovixildo. O seu pai asociouno ao trono co seu irmán santo Hermenxildo de Sevilla en 573, coa misión de gobernar as rexións do N a carón dos francos. Combateu contra os francos en Septimania (585?-586) e recuperou Carcassonne. En 587 converteuse ao catolicismo e convocou os bispos para que abxurasen do arianismo. Tivo que reprimir dúas revoltas arianas, en Septimania e en Lusitania en 588.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei visigodo (621), fillo e sucesor de Sisebuto. O seu pai asociouno ao trono. Morreu poco despois de converterse en rei e sucedeuno Suintila.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Curantes (A Estrada). Trátase dun conxunto de varias edificacións situadas ao redor dun patio central. O edificio principal ten planta rectangular con planta baixa e un andar en que se abre un amplo balcón. No tellado localízase unha figura de pedra dun busto dun home nu coas mans sobre a cabeza, onde se sitúa unha cruz coñecida como A Nugalla de Recarei, e que lle dá nome á casa. Conta con cheminea e cortes, e cunha capela de planta rectangular nun dos ángulos do conxunto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Rodeiro 10. 3.1943) Filósofo. Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidad de Salamanca (1967), foi presidente do Ateneo de Pontevedra e fundador e presidente de Honra da Aula Castelao de Filosofía de Pontevedra. Alentou e dirixiu un grupo de filósofos en Lugo para realizar unha filosofía en galego e para Galicia, que reflectiu en Introdución á Filosofía (1979) e Historia da Filosofía (1980). Tamén escribiu X.V. Viqueira: teoría e praxe (1992) e Xosé Neira Vilas: narrador, poeta, xornalista, historiador da nosa emigración (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Microbiólogo. Doutor en Farmacia, foi catedrático de Microbioloxía na Universidade de Santiago de Compostela e xefe da sección de Microbioloxía do CSIC en Santiago. Realizou numerosos estudos sobre inmunoloxía, bacterioloxía clínica e bioquímica de antibióticos. Ten publicados multitude de artigos científicos e foi membro emérito da American Society Microbiology, membro da Society General Microbiology, do American Institute Biological Sciences e da Sociedad Española de Quimioterapia; académico da Real Academia Galega de Ciencias e da Real Academia de Medicina y Cirugía de Galicia; e correspondente da Real Academia Nacional de Medicina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico checo. Naturalizado inglés, foi un dos fundadores do free cinema, corrente baixo a que dirixiu Saturday Night and Sunday Morning (1960) e Isadora (1968). Posteriormente dirixiu The Gambler (1974), The French Lieutenant’s Woman (1981), Sweet Dreams (1985) e Everybody Wins (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Madrid a partir de 1944. Editada polo CSIC, incluíu investigacións dialectolóxicas, etnográficas e antropolóxicas, atendendo á diversidade lingüística da Península. Incluíu numerosos artigos asinados por expertos sobre literatura popular, folclore e tradicións. O seu primeiro director foi Vicente García de Diego, que foi subtituído por Xulio Caro Baroja a partir de 1988. A partir de 1989 publicou só estudos de antropoloxía e etnografía e, a partir de 1994, trocou a súa periodicidade de trimestral en semestral. En 1996 tomou o relevo na dirección Concha Casado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor e escritor. Catedrático de Literatura Española na Universidade de Santiago de Compostela, especializouse na literatura do Século de Ouro e contemporánea, centrando os seus estudos nas obras de Francisco de Quevedo, Luis Martín-Santos e Miguel Delibes. Desde 1996 dirixe un equipo de investigación da USC, en que colaboran 22 quevedistas, para publicar unha nova edición das Obras Completas en prosa de Francisco de Quevedo, con criterios ecdóticos modernos. Dos seus estudos destacan La originalidad novelística de Delibes (1975), Construción y sentido de “Tiempo de silencio” (1977), a edición crítica de Virtud militante contra las cuatro pestes del mundo, inuidia, ingratitud, soberbia, avarizia (1985), Quevedo y la poesía moral española (1995), Francisco de Quevedo. Poesía moral (Polimnia) (1999), “Tiempo de silencio”, edición crítica y anotada (2000), e as novelas Imitación compuesta (1996) e El escándalo de Julia (2005).

    VER O DETALLE DO TERMO