"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

    1. Calidade ou maneira de ser considerada como propia de alguén ou dalgunha cousa.

    2. Obxecto característico que acompaña normalmente a descrición ou a representación de certos personaxes ou de certas ideas personificadas, ben porque mantén con estes unha certa relación ou ben porque representa a súa actividade ou as súas propiedades.

      1. Adxectivo atributivo.

      2. Adxectivo, substantivo ou calquera palabra con función nominal que se engade a outro substantivo ou oración substantivada cualificándoos ou determinándoos mediante un verbo copulativo. Son copulativos os verbos ser e estar, amais doutros moitos verbos que poden desempeñar unha función copulativa. Xa que logo, o atributo é o que se predica do suxeito e adoito forma parte do predicado nominal e se encontra nas proposicións atributivas ou copulativas. Así, por exemplo, na oración “A cadeira está rota” o atributo é o adxetivo “rota”; en “O río baixa revolto” éo “revolto”, e, en “A auga está morna”, o atributo é “morna”. Na terminoloxía francesa é, moitas veces, sinónimo de predicado nominal.

      3. atributo do complemento/ predicado do complemento

        Nome ou adxetivo que funciona como predicado dun complemento verbal. Así, na oración “Nomearon a Adriano emperador”, o atributo sería “emperador”.

    3. Característica mínima de definición e clasificación artefacto. Non é susceptible de subdivisións, e inclúe cando menos dous estados (presente/ausente), actuando como variable independente no seo dun sistema de artefactos específicos. Os atributos adoito estudiados inclúen, polo xeral, aspectos relativos á materia prima da peza, morfoloxía, decoración e mesmo atribución a unha cultura, un estilo artístico, unha cronoloxía, etc.

      1. Calidade ou carácter da substancia na que, sen pertencer á esencia do suxeito, se fundamenta.

      2. O que se afirma ou nega dun suxeito; neste sentido, confúndese co predicado.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de atrincheirar ou de atrincheirarse.

      1. Estrutura de trincheiras para a defensa dunha posición militar.

      2. Toda obra defensiva, permanente ou de campaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten atrición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada da palabra danesa atten que significa ‘dezaoito’. Esta, seguida dunha unidade, equivale a multiplicala polo factor 10-18.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cantidade de calorías fisioloxicamente dispoñibles a partir dun gramo nos principios inmediatos dos alimentos, tendo en conta as perdas na dixestión e a excreción. Estes factores, que corresponden a 4 para os hidratos de carbono e as proteínas, e a 9 para as graxas, permiten calcular o poder calórico dun alimento a partir da súa composición, xa que non hai máis que multiplicar a proporción de cada principio inmediato polo seu factor correspondente, e en caso de que leve alcohol, engadirlle 7 calorías máis por gramo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que realiza unha auditoría.

      1. Asesor, relator, próximo a certos tribunais superiores.

      2. Xurista que exerce funcións públicas de asesor próximo aos tribunais integrados por xuíces non togados.

      3. Instrutor dunha causa eclesiástica nomeado polo bispo, ben como cargo estable, ben para unha causa determinada.

      4. Oficial do corpo xurídico militar que ten que emitir xuízos en todos os casos de interpretación ou aplicación das leis, propoñendo a resolución que corresponda en todos os procesos xudiciais que se instrúen no exército.

      5. auditor da Rota /

        Membro do Tribunal da Rota Romana ou do Tribunal da Rota da Nunciatura.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cargo de auditor.

    2. Despacho do auditor.

    3. Exame da situación económica dunha sociedade feita por auditores, co fin de dar a coñecer o estado patrimonial ou financeiro, e polo que se pode detectar se unha empresa está en situación de suspensión de pagos ou quebra, ou se hai algunha irregularidade, fraude ou delito económico nos libros de comercio.

    4. Disciplina que ten como obxectivo analizar as condicións dunha instalación informática para realizar un ditame sobre diversos aspectos desta.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Conxunto de asistentes a un determinado acto ou espectáculo.

      2. Público que ocupa unha sala onde se fai unha audición.

    1. Local especialmente acondicionado para facer audicións, congresos ou calquera outrotipo de espectáculos ou actos.

    2. Local destinado á sonorización de películas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Palacio de Música, Teatro e Congresos da cidade de Santiago de Compostela, inaugurado o 20 de outubro de 1989 cun concerto da Orquestra Nacional de España baixo a dirección de Odón Alonso e cunha exposición antolóxica de Laxeiro. O convenio para a súa construción asinárono o 15 de xuño de 1988 o ministro de Cultura, o Presidente da Xunta de Galicia e o alcalde de Santiago. O proxecto técnico redactárono os arquitectos Julio Cano Lasso e Diego Cano Pintos. Dende os seus comezos, exerce as funcións de xerencia do Auditorio Xosé Denis Hombre. O contorno do edificio inscríbese nun espazo exterior á cidade histórica e combina o urbano co paisaxismo natural, contrastando o granito, as galerías acristaladas e o cobre. Consta dunha sala de exposicións no nivel inferior; unha sala para música e teatro cunha capacidade de 1.032 prazas aproximadamente, destinada ás representacións teatrais, ópera, concertos e ballets; unha sala cunhas 600 butacas e un escenario máis reducido, axeitada para concertos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conde de Auersperg. Escritor austríaco e político liberal, máis coñecido polo pseudónimo de Anastasius Grün. É autor de poemas satíricos contra Metternich como os do seu libro Spaziergänge eines wiener Poeten (Paseos dun poeta vienés, 1831).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é semellante á auga, ou que ten excesiva auga. Aplícase especialmente ás froitas con moito zume.

    2. Aplícase ao terreo que rezuma auga.

    3. Dise do tempo húmido ou chuvioso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que contén augardente.

    2. Que semella ou ten as propiedades da augardente.

    3. Voz áspera e ronca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno de autoionización que consiste na expulsión dun electrón pertencente a unha capa electrónica dun átomo, cando a enerxía liberada nunha transición de electróns entre capas é absorbida por este electrón, sendo suficiente para vencer a súa enerxía de enlace. Descubriuno Pierre Auger ao observar restos de electróns cando irradiaba emulsións fotográficas con raios X. Posteriormente se comprobou que non se produce só a consecuencia dun efecto fotoeléctrico con raios X, senón tamén despois dunha conversión interna ou dun proceso de ruptura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. Profesor de Física na Universidade da Sorbona desde 1936, coñécese sobre todo pola descuberta, en 1925, do efecto Auger. Realizou tamén unha serie de estudios sobre a física dos positróns e as radiacións cósmicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Primeiro Emperador romano (27 a C-14 d C). Adoptado polo seu tío Caio Xulio César como fillo no ano 44 a C, tomou o nome de Octavio. Trala morte de César organizou, con Marco Antonio e Lépido, a recuperación do partido cesariano. Obtivo a axuda do Senado, movido por Cicerón, que se opoñía a Antonio. No ano 43 a C constituíu o segundo triunvirato con Marco Antonio e Lépido; a súa primeira acción foi eliminar a oposición anticesariana por medio de proscricións e presentando batalla a Casio e a Bruto, aos cales venceu e matou en Filipo no ano 42 a C. Alcanzada a paz, os triunviros repartíronse o territorio romano, Octavio recibiu as provincias de Sicilia e de Hispania, e tralo acordo de Brindisi do ano 40 a C selado polo matrimonio da súa irmá con Antonio, todo o Occidente -agás África-. Mentres Antonio estaba en Oriente, Octavio construíu unha flota para aniquilar a Sexto Pompeio, fillo de Pompeio o Grande, que dominaba o mar. No ano 36 a C obtivo a vitoria definitiva e ao mesmo...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que inspira reverencia e admiración pola súa grandeza, excelencia, dignidade ou supremacía.

    2. Na Roma da Antigüidade, cualificativo titular de orixe relixiosa tomado do vocabulario dos augures que significa ‘sublime’, ‘excepcional’. Foi outorgado polo Senado a Caio Xulio César Octaviano -coñecido dende entón como Octavio Augusto- no ano 27 a C, co que se destacaba o carácter divino da institución imperial. Como alcume dos césares foi empregado posteriormente na titulación de todos os emperadores romanos, perdendo o seu significado primeiro. Os gregos traduciron o título por sebastós, forma que se documenta nas inscricións do imperio oriental. Foi empregado en épocas posteriores polos emperadores romano-xermánicos.

    3. Personaxe cómico do circo que viste ridiculizando a moda masculina, co rostro engurrado e o nariz vermello.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Elector de Saxonia (1553-1586). Protestante, coa súa actitude contribuíu poderosamente á Paz de Augsburgo (1555) e a establecer a fórmula de concordia entre os protestantes en 1580.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Elector de Saxonia e Rei de Polonia (1697-1733). Obtivo a coroa polaca despois de converterse ao Catolicismo. Todos os seus intentos de establecer unha gran monarquía absoluta, as ininterrompidas guerras e as invasións puxeron de manifesto a decadencia política e cultural de Polonia. Aliado de Pedro o Grande, foi destronado por Carlos XII pero recuperou o trono trala batalla de Poltava (1709).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Elector de Saxonia e Rei de Polonia (1733-1763). Fillo de Augusto II de Polonia. Obtivo a coroa na loita contra Estanislao Leszczýnski, sogro de Luís XV. Deixou o goberno nas mans do Primeiro Ministro Brühl; a súa pasividade fixo que o Reino se reducise a unha provincia rusa.

    VER O DETALLE DO TERMO