Auger, efecto

Auger, efecto
[FÍS]

Fenómeno de autoionización que consiste na expulsión dun electrón pertencente a unha capa electrónica dun átomo, cando a enerxía liberada nunha transición de electróns entre capas é absorbida por este electrón, sendo suficiente para vencer a súa enerxía de enlace. Descubriuno Pierre Auger ao observar restos de electróns cando irradiaba emulsións fotográficas con raios X. Posteriormente se comprobou que non se produce só a consecuencia dun efecto fotoeléctrico con raios X, senón tamén despois dunha conversión interna ou dun proceso de ruptura.