"car" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3676.

  • Termo do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘bispo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Castaña asada e sen pel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aftas de pequena dimensión que se producen na mucosa bucal das persoas, especialmente na lingua dos meniños.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Máscara empregada especialmente no Entroido.

    2. Piña do piñeiro manso. OBS: Tamén recibe este nome a piña do piñeiro bravo.

    3. Persoa que presenta mal aspecto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía fundada no ano 1992 en Narón, que se mantivo como afeccionada ata o ano 1995, no que se pasa ao campo profesional. Entre os seus espectáculos, caracterizados por ser de creación colectiva, destacan: O paxaro bobo? (1992), Limpos e cosidos (1992), Xoga, xogando (1993), A hora de Evaristo Freire (I Premio no Certame Teatro Xuventude 93); Os trasnos da biblioteca (1994); Sursum corda (1995); Chopi e Peco (1996); Cento voando (1997); Desjraciados (1998); Os Palleiros. Desjraciados (1999) e Oh! Que facer cando xa sei quen son? (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte interior que queda da espiga do millo logo de quitarlle os grans.

    2. Corazón das froitas que non teñen carabuña.

    3. Corazón da pataca ou parte que queda dela despois de lle sacar os anacos con ollos para a sementeira.

    4. Talo dunha hortaliza.

    5. Tea moi fina que envolve os grans da granada.

    6. Furuncho no pescozo.

    7. Substancia dura que se vai formando nos buratos das orellas por non se teren empregado os pendentes.

    8. Denominación popular que reciben as larvas e as femias ápteras dos vagalumes que, por ser alongadas, cos segmentos abdominais moi marcados e de cor castaña amarelenta, semellan un pequeno carozo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Preparación culinaria elaborada con rebandas moi finas de carne de vacún cru e servidas frías cunha salsa feita con aceite de oliva, zume de limón, sal, pementa e, en orixe, trufas brancas do Piemonte, habitualmente substituídas por champiñóns fileteados, acompañada de láminas moi delgadas de queixo parmesano. Ideada por Giuseppe Cipriani, propietario do Harry´s Bar de Venecia, foi bautizada co nome do pintor renacentista veneciano. Este termo aplícase tamén a este tipo de preparación efectuada sobre outras materias primas como diversas carnes, peixes (salmón e atún) e mesmo cogomelos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. A súa pintura caracterízase por un espírito narrativo panorámico, influencia de Gentile Bellini, e un sentido da cor tomado de Antonello da Messina. Achegou un novo concepto da composición que subordina a ambientación arquitectónica, tratada de acordo coas leis da perspectiva e coa cor adecuada, á unidade do conxunto. Entre 1490 e 1495 realizou unha serie de dez pinturas sobre a historia de santa Úrsula. Entre 1501 e 1502 decorou a sala dos Pregadi e en 1507 as dos Maggiore Consiglio do Palazzo Ducale, desaparecidas no incendio de 1577. Entre 1502 e 1507 pintou as nove teas sobre as vidas de san Xurxo, san Xerome e san Trifón, e a serie sobre a vida de María para a Scuola degli Albanesi. En 1510 realizou o retablo A Presentación no Templo da Accademia de Venecia e en 1511 comezou a serie de cinco historias para a Scuola di San Stefano, das que só se conservan catro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar poboado de carpazas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que forma parte do carpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Intoxicación etílica momentánea.

    2. Fame intensa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente aos Cárpatos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • [rom: Carpat; eslovaco, polaco e ucraíno: Karpaty] Serra de dobramento alpino situada ao SL de Europa central que describe un arco duns 1.300 km de lonxitude desde Bratislava (Eslovaquia) ata Orsova (Romanía). Aínda que contemporánea dos Pireneos, foi menos modelada polas glaciacións cuaternarias. Formada por grandes vertentes e concas interiores, o seu relevo está recuberto na maior parte por un frondoso bosque, excepto pequenas zonas de pastos de altura. A orixinalidade da súa vexetación débese á flora, rica en especies orientais, ao feito de que a acción humana foi relativamente feble sobre os bosques e ás diferencias de piso basal nas diferentes partes do arco carpático. Esta serra forma o enlace entre os Alpes e os Balcáns e está constituída polas seguintes unidades: os Cárpatos Negros e Brancos; os Beskides occidentais, entre Polonia e Moravia; o Arva Magura; o Alto e Baixo Tatra (2.043 m), ao S da Eslovaquia central; os Beskides do L, na zona onde conflúen as fronteiras de Polonia,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. carqueixa.

    2. queiroa.

    3. esteva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Bande baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. carqueixa.

    2. queiroa.

    3. esteva.

    VER O DETALLE DO TERMO