carozo
(< lat v carudĭu < grκάρυον ‘noz’)
-
s
m
Parte interior que queda da espiga do millo logo de quitarlle os grans.
Ex: Bota algún carozo máis no lume para avivalo.
Sinónimos: cadolo, cadrozo, canoto, carocho, carolo. -
s
m
Corazón das froitas que non teñen carabuña.
Ex: Tiroulles o carozo da pera ás galiñas.
Sinónimos: cadolo, cadrozo, canoto, carolo. -
s
m
Corazón da pataca ou parte que queda dela despois de lle sacar os anacos con ollos para a sementeira.
Ex: Déronlles os carozos ás vacas.
Sinónimos: carón. -
s
m
Talo dunha hortaliza.
Ex: Leva toda a tarde na horta recollendo carozos.
Confrontacións: coeiro. -
s
m
Tea moi fina que envolve os grans da granada.
-
s
m
Furuncho no pescozo.
-
s
m
Substancia dura que se vai formando nos buratos das orellas por non se teren empregado os pendentes.
-
bicho carozo
[ANIMAL/ENTOM]
Denominación popular que reciben as larvas e as femias ápteras dos vagalumes que, por ser alongadas, cos segmentos abdominais moi marcados e de cor castaña amarelenta, semellan un pequeno carozo.
Frases feitas
-
A fume/lume de carozo. Con moita rapidez.