cadolo

cadolo
  1. s m

    Talo ou eixe principal das plantas, especialmente da col e do toxo.

    Ex: Non vin o enxerto e leveille o cadolo coa gadaña.

    Sinónimos: canoto. Confrontacións: coeiro.
  2. s m

    Eixe leñoso da mazaroca do millo.

    Sinónimos: carozo.
  3. s m

    Canoto do pelo do porco que permanece despois de chamuscar a súa pel.

    Ex: No lacón aínda había varios cadolos.

  4. s m

    Pao empregado para avivar o lume, especialmente a vara de toxo limpa de espiñas e de pólas.

    Ex: Trae o cadolo que hai onda a lareira para remexer estas brasas.

  5. s m

    Terrón compacto e duro.

    Ex: Se non regas con máis frecuencia vanse formar moitos cadolos.

    Sinónimos: cadabullo, cadullo.

Palabras veciñas

Cadoalla | cadoira | cadoiro | cadolo | cadora | Cadore | Cadorna, Luigi