"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Escritor norteamericano. Exerceu a avogacía e creou o personaxe de Perry Mason. Publicou tamén baixo os pseudónimos de A. A. Fair e Carleton Kendrake.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. En 1888 trasladouse coa súa familia a Barcelona, onde asistiu ao obradoiro de Eusebi Arnau e á escola de Llotja e frecuentou Els Quatre Gats, onde se relacionou con I. Nonell e Picasso, entre outros. En 1903 trasladouse a París cunha bolsa de viaxe, alí coñeceu a Max Jacob e interesouse pola escultura de Rodin. Dende entón a súa vida transcorreu entre Barcelona e París ata que se instalou definitivamente na capital francesa en 1923. Asimilou as formulacións estéticas do cubismo e comezou a experimentar cos metais. En 1907 creou a súa primeira escultura en metal, Pequeña máscara con mechón. En París realizou unha obra baseada na busca da síntese formal da figura en planos xeométricos e na valoración dos ocos e macizos. Das súas obras cómpre destacar Maternidad (1922), Bañista (1924), Máscara de arlequín (1924), Aguadoras (1925), Autorretrato (1927), Greta Garbo con mechón (1930) e El profeta (1933). En Zaragoza...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MACIZO

    Macizo montañoso do SL de Italia, entre o Tavoliere di Puglia e a costa adriática, chamado esporón de Italia. Os terreos son calcarios, con frecuentes formas cársticas. Os cumes máis altos son o Monte Calvo (1.056 m) e o Monte Nero (1.011 m). A actividade máis estendida é a agrícola: viñas, oliveiras, froiteiras e horta nos lugares máis regados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Moraña baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pedrafita situada en Moraña, nun descampado dun pequeno bosque, que presenta dificultades á hora de ser interpretada como resto prehistórico debido á ausencia de restos arqueolóxicos na zona onde se asenta. Cunhas dimensións de 1,90 m de altura, 0,44 m de ancho e un grosor de 0,25 m, presenta na súa superficie granítica varios gravados e máis dunha vintena de coviñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Moraña. Da primitiva construción románica só conserva o muro S e a ábsida, pois a nave sufriu moitas transformacións. A ábsida únese á nave cun cóbado a xeito de contraforte. Consta dun tramo recto e doutro semicircular dividido en cinco panos por catro columnas entregadas erixidas sobre un podio. No pano central consérvase un rosetón con chambrana de cinco fileiras de tacos, arquivolta lobulada, lóbulos en arco de ferradura e celosía perforada. Nos panos contiguos hai ventás semicirculares con celosías perforadas. O arco triunfal é de medio punto apoiado en columnas entregadas con capiteis vexetais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, que corresponde á voz ‘cantar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colar fino e curto que queda cinguido ao pescozo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de San Cibrao das Viñas baixo a advocación de santa Comba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xigante, pai de Pantagruel, na novela homónima de Rabelais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Italia que forma o límite entre as rexións do Lacio e da Campania (158 km). Constituíuse pola confluencia dos ríos Liri e Rapido. Desemboca no mar Tirreno, ao S do golfo de Gaeta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Combate que tivo lugar á beira do río Garigliano (Italia) o 28 de decembro de 1503 entre o exército aragonés, comandado polo Gran Capitán, e o exército francés. Esta vitoria dos exércitos de Fernando II de Aragón, xunto coa vitoria na Batalla de Cerignola (1503) e a toma de Gaeta (1504), proporcionoulle á coroa aragonesa o control definitivo sobre o Reino de Nápoles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘galego (lingua)’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Texas, EE UU, ao NL da aglomeración de Dallas (180.650 h [1990]). É un centro industrial con industria electrónica, química e de instrumentos de precisión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Frances Gumm.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista, avogado e político. Dirixiu en 1895 o Boletín de la Liga para la Defensa de la Higiene e foi un dos fundadores de El Tea, editado en Ponteareas entre 1908 e 1936. Establecido en Vigo, onde rexentaba unha imprenta, presidiu o Ateneo da cidade e foi elixido alcalde. Gobernou entre decembro de 1931 e decembro de 1932, e conseguiu que o exército lle cedese definitivamente ao concello o monte do Castro. Foi apartado da corporación en 1934, pola súa adhesión aos sucesos revolucionarios de Asturias, e reposto no cargo en febreiro de 1936, trala vitoria do Frente Popular. Membro da Liga de Defensores de Vigo, apoiou o Directorio Antiforal de Teis nas súas reivindicacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ferida feita cun garrancho.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte saínte e aguzada dunha rama cortada ou do tronco dunha árbore.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor e ceramista. Foi autor de Experimentación de las pastas cerámicas para una práctica artística (1995). Realizou numerosas exposicións dentro e fóra de España e participou, entre outras colectivas, nas mostras Keramik Europas, na Feria Internacional de Múnic e no Foro Atlántico de Arte Contemporánea. Membro da Academia Internacional de Cerámica, recibiu entre outros premios a Medalla de Ouro no 46º Concurso de Cerámica da Faenza (1992) e o Premio Escultura Pública Paseo Abandoibarra de Bilbao (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO