Garra Castellanzuelo, Armando
Garra Castellanzuelo, Armando
Xornalista, avogado e político. Dirixiu en 1895 o Boletín de la Liga para la Defensa de la Higiene e foi un dos fundadores de El Tea, editado en Ponteareas entre 1908 e 1936. Establecido en Vigo, onde rexentaba unha imprenta, presidiu o Ateneo da cidade e foi elixido alcalde. Gobernou entre decembro de 1931 e decembro de 1932, e conseguiu que o exército lle cedese definitivamente ao concello o monte do Castro. Foi apartado da corporación en 1934, pola súa adhesión aos sucesos revolucionarios de Asturias, e reposto no cargo en febreiro de 1936, trala vitoria do Frente Popular. Membro da Liga de Defensores de Vigo, apoiou o Directorio Antiforal de Teis nas súas reivindicacións.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Ponteareas -
Deceso